Para os efectos previstos nos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Hidroeléctrica del Zarzo, S.A. co enderezo na R/ Mancebo, 6, Pontedeume (A Coruña), para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública das instalacións que seguen:
-L.M.T. aérea a 15/20 kV, denominada Crego-Aguabar Tramo I de 1.977 m, de lonxitude, en conductor de Aluminio tipo LA-110, que parte do C.T. Crego e remata no apoio nº 12 da dita liña. Termos municipais de Vilarmaior e Miño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.
A Coruña, 6 de outubro de 1994.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña

