Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 24/1994).

Para os efectos previstos nos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Hidroeléctrica del Zarzo, S.A. co enderezo na R/ Mancebo, 6, Pontedeume (A Coruña), para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública das instalacións que seguen:

-L.M.T. aérea, a 15/20 kV., de 30 m de lonxitude, que parte da L.M.T. ó C.T. Louseira e final no C.T. que se vai construír no lugar de Piñeiro de 50 kVA, a 15/20 kV, B.2. Concello de Monfero.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 10 de outubro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña