Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 30/1994).

Para os efectos previstos nos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., co enderezo na r/ Mancebo, 6, Pontedeume (A Coruña), para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública das instalacións que seguen:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e con conductor LA-56, de 944 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Bouza-Santa Xuliana e remate en Sevil.

-Centro de transformación aéreo, de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Sevil, con saída en baixa tensión en conductor R.Z. de 25 m de lonxitude. Monfero.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 10 de outubro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña