Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita (Expediente 4.221 A.T).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), Rúa Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Situación: San Xoán de Pena-Lugo.

Finalidade: mellora da subministración eléctrica do lugar de San Xoán de Pena, no concello de Lugo.

Características principais: liña de media tensión a 20 kV., de 230 metros de lonxitude, con conductor LA-56 de 55 mm de sección, torres metálicas tipo C segundo RU-6704-A. Centro transformación de 1,60 kVA, 20 kV/380-220 V, instalado en torre metálica ó final da liña de media tensión no lugar de San Xoán de Pena. Rede de baixa tensión, con conductores RZ/25-50-95, con apoios de formigón ou grampados en fachadas.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 11.561.787 pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, r/ Pascual Veiga, 12-14, e formulárense ó mesmo tempo as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 1 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo