Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita (Expediente 4.223 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966 do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), Rúa Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Finalidade: subministrar enerxía eléctrica ó edificio Promociones y Alojamientos del Cantábrico, S.A., r/ Recarey, s/n, Ribadeo.

Orixe da liña: C.T. Parador en apoio metálico da liña aérea de M.T.

Final: C.T. a instalar.

Situación do transformador: no local edificio r/ Recarey, s/n, Ribadeo.

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV., con cable de 1x95 mm Al, designación UNE DHV 15/25 kV., de 830 metros de lonxitude. Centro transformación de 1x630 kVA. 20.000±5%, 398-230 V.

Orzamento: 5.609.445 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións estimen oportunas, nesta delegación provincial, Rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 2 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo