Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita (Expediente 4.226 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966 do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), Rúa Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.

Finalidade: subministración de enerxía eléctrica ó edificio Manuel Rodríguez Martínez, na Rúa Avda. de Asturias (Ribadeo).

Orixe da liña: L.M.T. contigua, que abastece os centros de transformación C.T. Gaiba e C.T. Recarei.

Final: C.T. a instalar.

Situación do transformador: en baixo edificio.

Características: liña de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 266 metros, con conductores D.H.V. 15/25 kV de 1x95 mm de Al, desde C.T. Avda. de Asturias ata o C.T. Gaiba. Liña media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 245 metros, con conductores D.H.V. 15/25 kV, de 1x95 mm Al, desde C.T. Avda. de Asturias ata o C.T. Recarei. Centro transformación de 630 kVA, 20.000±5%, 380-230 V.

Orzamento: 5.450.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións estimen oportunas, nesta delegación provincial, Rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.

Lugo, 12 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo