Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación que ten por características principais as seguintes:
Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), Rúa Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.
Situación: Uriz-Begonte.
Finalidade: mellora da subministración eléctrica.
Características principais: redes de baixa tensión con conductores RZ-95, RZ-50 e RZ-25, tensado sobre apoios de formigón ou grampados en fachada, que alimentará desde o C.T. existente en Gaboi a Santo André, e desde o C.T. existente en Uriz alimentará a Capaceira, Monte, Aldea, Charnegas e Santo Estevo.
Procedencia dos materiais: nacional.
Orzamento: 12.312.421 pesetas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, r/ Pascual Veiga, 12-14, e formulárense ó mesmo tempo as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Lugo, 13 de decembro de 1994.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

