Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 70/1994).

Para os efectos previstos nos decretos 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Ecotecnia, s. coop., con enderezo na r/ Demóstenes, 6, 08028 Barcelona, para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública das instalacións que seguen:

Proxecto básico para a instalación dun parque eólico de 15 MW en Malpica, consistente en:

-Instalación de 75 aeroxeradores de 200 kW/u de potencia, montados sobre torres metálicas tubulares, de 28 m de altura, con rotor de 3 pas de 11 m de lonxitude por pa, emprazados en dous campos:

O 1º no monte de Santo Adrián, onde se instalarán 20 aeroxeradores, dentro do polígono definido polos vértices que teñen as seguintes coordenadas:

V (43º 20' 10''.2 N, 8º 50' 15''.1 W)

V (43º 20' 07''. 6 N, 8º 50' 10''.2 W).

V (43º 19' 43''. 2 N, 8º 50' 21''.4 W)

V (43º 19' 55''.1 N, 8º 50' 32''.5 W).

V (43º 20' 07''. 6 N, 8º 50' 04''.9 W)

V (43º 20' 14''.7 N, 8º 49' 47''.9 W).

V (43º 19' 49''.6 N, 8º 49' 52''.9 W)

V (43º 39' 37''.7 N, 8º 50' 09''.4 W).

O 2º na zona de Nariga, no sitio de Picos de Navas, onde se instalarán 55 aeroxeradores dentro do polígo

definido polos vértices que teñen as seguintes coordenadas:

V (43º 19' 14''.1 N, 8º 54' 25''.4 W).

V (43º 19' 14''.9 N, 8º 52' 59''.1 W).

V (43º 18' 27''.6 N, 8º 52' 15''.7 W).

V (43º 17' 37''.3 N, 8º 53' 10''.7 W).

V (43º 18' 03''.3 N, 8º 53' 29''.4 W).

V (43º 18' 35''.3 N, 8º 54' 27''.6 W).

V (43º 18' 56''.7 N, 8º 54' 35''.6 W).

dentro do municipio de Malpica.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións, ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 19 de xaneiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña