Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 7/1995).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Hidroeléctrica de Laracha, S.L., co enderezo na r/ Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

Centro de transformación, en caseta prefabricada, de 160 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV en r/ 2ª travesía de Santa Lucía. Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación Provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña