Vistos os expedientes incoados pola empresa Hidroeléctrica de Laracha, S.L., co enderezo na r/ Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9-1º (Est. 6), 15005
A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:
Liña aérea a 15/20 kV, de 781 m de lonxitude, en conductor LA-30, que parte da L.M.T. a CC.TT Riba e Baiuca e remata no C.T. que se vai construír no lugar de Arganal, de 25 kVA, a 15.000±2,5-5% / 398-230 voltios e rede de baixa tensión de 598 metros. Concello de Laracha.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 1 de febreiro de 1995.
Juan I. Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña

