Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 119/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Hidroeléctrica de Laracha, S.L., co enderezo na r/ Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Liñas eléctricas aéreas de baixa tensión 220 e 380 V, sobre apoios de formigón e conductores LC-28, LC-56 e RZ 95, 50 e 25 nos lugares de Portodoso 2.735 m de lonxitude, de Cernadas 300 m, de Xestal e Batalo 463 m, e Teixoeira 1.015 m. Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 3 de febreiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña