Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1995 pola que se anuncia un concurso de ideas para a redacción dun proxecto de construcción dun equipamento de vivendas na denominada unidade de expropiación nº III do PERI zona vella de Vigo.

Obxecto: o presente concurso ten como obxecto selecciona-la proposta que sirva de base ó correspondente proxecto de construcción dun edificio de equipamento para vivendas sociais destinadas á poboación moza, na denominada unidade de expropiación nº III do PERI zona vella de Vigo.

Concursantes: poderán tomar parte neste concurso tódolos arquitectos que se atopen colexiados no momento da súa inscrición no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Os concursantes poderán participar sós ou en equipos.

Os concursantes non se atoparán incursos en ningún dos supostos previstos na Lei 53/1984, do 26 de decembro, sobre incompatibilidades do persoal ó servicio da Administración pública. Tampouco poderán estar incursos en ningún dos supostos de incompatibilidade en relación coas administracións públicas, previstos no artigo 9 da Lei de contratos do Estado e no 23 do seu regulamento.

Bases: as bases do concurso poderán ser retiradas na Xefatura da Área Provincial do IGVS, en Pontevedra, nos servicios centrais do IGVS en Santiago de Compostela e no concello de Vigo.

Inscrición: o prazo de inscrición dos concursantes rematará ás 14 horas dos quince días hábiles seguintes á data de publicación do anuncio no DOG.

A solicitude de inscrición formalizarase en escrito dirixido ó director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e deberá xuntarse a seguinte documentación:

Resgardo de ter efectuado o ingreso de 5.000 ptas., en concepto de custo da documentación administrativa; e documentación acreditativa da personalidade do concursante e do colexio oficial ó que pertence, así como domicilio para os efectos de notificacións.

Lista de admitidos: o IGVS publicará, no prazo de 7 días hábiles contados desde a data en que remate o período de inscrición, no taboleiro de anuncios, a lista de presentados en tempo e forma. Dela daráselle conta ó Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

A tódolos concursantes admitidos remitiráselle-la documentación necesaria para o desenvolvemento dos traballos.

Premios: o presente concurso estará dotado cos seguintes premios.

Primeiro premio: 1.000.000 de pesetas, e o encargo do proxecto básico e de execución e de dirección de obra da edificación.

Segundo premio: 500.000 ptas.

Terceiro premio: 300.000 ptas.

O importe dos premios farase efectivo con cargo á aplicación 06.50.331A.607.00 do vixente orzamento de gastos.

Prazo: o prazo de entrega dos traballos rematará ás 14 horas do día 30 de xuño de 1995.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1995.

José Antonio Gil Sotres

Director xeral do Instituto Galego da

Vivenda e Solo