Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COLES

ANUNCIO sobre normas subsidiarias.

Aprobada inicialmente polo Pleno en sesión de 7-3-95 a modificación das normas subsidiarias de Coles, proposta pola CPU no tocante ós solos aptos para urbanizar SAU.05 e SAU.06, exponse ó público por prazo de un mes contado a partir da publicación do presente edicto no DOG co fin de que se poidan formular reclamacións contra a modificación sinalada.

Coles, 7 de marzo de 1995.

Eladio Pérez Moure

Alcalde