Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 1995 Páx. 2.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de poxa para a adxudicación de obra.

1.-Obxecto, do contrato. Execución da obra de proxecto de urbanización da U.A. nº 45.

2.-Tipo de licitación. O tipo de licitación igual ó orzamento de contrata que figura no proxecto, ascende á cantidade de 66.946.251 ptas., IVE incluído, realizándose a mellora mediante baixa respecto a este.

3.-Fianzas. Para tomar parte na poxa deberá depositarse fianza provisional na Depositaría Municipal equivalente ó 2% do orzamento de licitación.

A garantía definitiva será equivalente ó 4% do orzamento de licitación.

4.-Financiamento das obras. As obrigacións económicas que se deriven do cumprimento deste contrato para a Administración, atenderanse con cargo á aplicación orzamentaria 432.601.

5.-Capacidade para contratar. Poderán participar por si o por medio de representantes legais, as persoas naturais o xurídicas, españolas ou estranxeiras, que tendo plena capacidade para obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias que enumera o artigo 9 da Lei de contratos do Estado, e lexislación concordante.

6.-Clasificación do contratista. 1. Para contrata-la execución da obra será requisito indispensable que o contratista teña a seguinte clasificación:

Grupo A, subgrupo 2, categoría B

Grupo C, subgrupos 2, 4 e 6, categoría B.

Grupo E, subgrupo 1, categoría C.

Grupo G, subgrupo 4, categoría C.

Grupo I, subgrupos 1 e 6, categoría C.

Grupo K, subgrupo 6, categoría B.

2.-Poderá tamén contratarse con agrupacións de empresas que se constitúan temporalmente para o efecto, na forma sinalada no artigo 10 da Lei de contratos do Estado e 26 e 27 do seu regulamento.

7.-Proposicións e documentación complementaria.

1.-As proposicións para poder tomar parte na licitación, presentaranse nas oficinas municipais ata as catorce horas, dentro do prazo de 20 días hábiles contado desde o seguinte ó da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia, Diario Oficial de Galicia, ou Boletín Oficial del Estado.

2.-As proposicións presentaranse en dous sobres pechados A) e B) que poderán estar lacrados, asinados polo licitador ou seu representante, nos que figurará ademais do nome e apelidos ou razón social do mesmo, o seguinte lema: sobre A) «Proposición para tomar parte na poxa pública da obra: «Proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 45».

MODELO DE PROPOSICIÓN

Don/a... veciño/a de..., enderezo..., teléfono... de profesión... provisto de DNI nº... no seu propio nome/e en representación de... con DNI nº... ou CIF nº..., enderezo en... teléfono..., que acredito con escritura de apoderamento debidamente verificada a súa suficiencia e que acompaño), comprométome a realiza-las obras de.... no prezo de..., (en letra e en número) IVE incluído, que supón unha baixa de... de acordo co proxecto técnico e prego de condicións económico administrativas aprobado pola Corporación e que acepto integramente. Lugar, data e sinatura.

3.-Os licitadores presentarán xunto co modelo de proposición e en sobre á parte, no que figurará ademais do nome e apelidos ou razón social do licitador ou o seu representante, o seguinte lema: sobre B): documentación; «proposición para tomar parte na poxa pública da obra de proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 45, os documentos acreditativos da personalidade e capacidade que se indican no prego.

4.-Coa documentación reseñada anteriormente, acompañarase por separado e fóra do devandito sobre, o documento que acredite a constitución da fianza provisional na Caixa da Corporación.

8.-Apertura de proposicións e adxudicación provisional: terá lugar na Casa do Concello, ás doce horas, do seguinte día hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, agás se coincide en día sábado, tendo lugar, neste caso, a apertura o seguinte día hábil, á mesma hora indicada.

A mesa procederá en acto público á apertura das proposicións admitidas acordando a adxudicación provisional do contrato ó mellor licitador que reúna as condicións esixidas no presente prego. En caso de empate haberá que aterse ó disposto no artigo 105 do Regulamento de contratos do Estado.

Dentro do prazo de vinte días seguintes á data da adxudicación provisional, a Corporación resolverá sobre a adxudicación definitiva.

9.-Formalización do contrato. O contrato que se deriva da presente licitación, formalizarase en documento administrativo na data que sinale a Administración contratante, de acordo coa lexislación vixente.

10.-Gastos. Serán de conta do adxudicatario tódolos gastos que se deriven da licitación.

11.-Consulta de documentos. O proxecto da obra e o prego de condicións poderán ser consultados polos interesados nas oficinas municipais durante o prazo previsto para a presentación de propostas.

Culleredo, 23 de febreiro de 1995.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde