Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do día 14 de febreiro de 1995 o estudio de detalle en Ramón Nieto nº 266, sométese a exposición pública polo prazo de quince días hábiles mediante inserción de anuncios en DOG, BOP, prensa e taboleiro da Casa do Concello.
O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte o do derradeiro anuncio.
O devandito acordo determina como área afectada pola suspensión de licencia de parcelación, edificación e demolición, a abranguida polo ámbito do estudio de detalle, coa seguinte delimitación:
Norte: rúa Ramón Nieto.
Sur: propiedades rúa Cambeses.
Leste: nº 68-70 rúa Ramón Nieto.
Oeste: nº 252 rúa Ramón Nieto.
A documentación atópase na Oficina municipal de Información para exame e alegacións.
Vigo, 2 de marzo de 1995.
Carlos A. González Príncipe
Alcalde

