Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 30 de novembro de 1994, o Plan especial de rexeneración do corredor natural do río Lagares (15/405), redactado por Gonzalo López Márquez por encargo municipal como plano especial non previsto polo PXOU; sométese a información pública polo prazo de un mes con anuncios no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello.
O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.
O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.
Vigo, 15 de febreiro de 1995.
Carlos A. González Príncipe
Alcalde

