Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.427

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 7 de marzo de 1995 pola que se nomea a comisión de valoración das actividades e proxectos que obteñan a declaración de interese para a promoción do Camiño de Santiago.

O Decreto 245/l994, do 23 de xuño, regula o procedemento para que determinadas actividades e proxectos obteñan a declaración de interese para a promoción do Camiño de Santiago.

No artigo 4 do referido decreto encoméndaselle a unha comisión que se creará para o efecto a valoración dos proxectos presentados.

Na súa virtude, e de acordo co establecido na disposición derradeira primeira, a cal faculta o conselleiro de Cultura para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e execución do devandito decreto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Créase a comisión de valoración das actividades e proxectos que obteñan a declaración de interese para a promoción do Camiño de Santiago.

Artigo 2º

A comisión estará integrada por un presidente, tres vocais e un secretario.

-O presidente será o secretario xeral da Consellería de Cultura.

-Serán vocais os directores xerais da Consellería de Cultura, é dicir, o director xeral de Cultura, o do Patrimonio Histórico e Documental e o de Promoción do Camiño de Santiago.

-Actuará como secretario un funcionario nomeado polo conselleiro.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Promoción do Camiño de Santiago para dicta-las disposicións que sexan precisas para o desenvolvemento e execución da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 1995.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

Sr. Director Xeral de Promoción do Camiño de Santiago