Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.430

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 6 de marzo de 1995 pola que se convoca e se regula o réxime de concesión de axudas a concellos e empresas privadas para mellora-la eficiencia enerxética, a infraestructura enerxética de Galicia e a formación tecnolóxica en materia de gas para 1995.

Un dos obxectivos da Consellería de Industria e Comercio no campo da política enerxética é acadar unha utilización máis racional da enerxía, non só reducindo o consumo, senón tamén mellorando a eficiencia enerxética.

Numerosas entidades locais están afectadas polas carencias existentes na actual infraestructura electrica e necesitan realizar fortes investimentos, en relación cos seus orzamentos, para dotar de subministración eléctrica axeitada ós servicios públicos existentes nos núcleos de poboación que, ó non ser de gran relevancia, tanto polo número de habitantes como polo seu desenvolvemento industrial, carecen dunha infraestructura eléctrica axeitada.

Un primeiro paso para acada-lo aforro e a diversificación é un estudio que analice a estructura do consumo enerxético, a súa distribución e as posibilidades de reducción, en función de melloras en equipos e procesos, así como a introducción de innovacións nas instalacións que aumenten o rendemento enerxético.

Por outra banda, as instalacións eléctricas municipais son en moitos casos susceptibles de modificacións para unha mellora na eficiencia enerxética que, de acordo co estado actual da técnica, permitan un sensible aforro no consumo de enerxía.

Igualmente, a mellora da calidade da electrificación no medio rural de Galicia é un obxectivo primordial, xa que tanto a calidade de vida das persoas como o desenvolvemento das industrias e das explotacións agropecuarias, dependen en boa medida dun bo servicio eléctrico, que hoxe en moitos lugares é deficiente.

As accións que se levan a cabo con este Plan de Mellora Eléctrica de Galicia (MEGA), tañen como fin crear unha infraestructura enerxética que permita regulariza-la tensión da subministración eléctrica, así como atende-las demandas de potencia actuais e futuras para acadar unha calidade de servcio acorda cos tempos actuais, de maneira que se posibilite un maior grao de desenvolvemento no medio rural.

A prevista chegada do gas natural a Galicia vai supor un importante desenvolvemento desta enerxía, igual que ocorreu no resto do territorio nacional, o que vai supoñer un aumento da demanda en instalacións de conducción e combustión de gas natural, o que permitirá aumenta-la actividade das actuais empresas de instalación de gas, calefacción e instalación de combustión, co conseguinte aumento do cadro de persoal e a creación de novas empresas atraídas por un sector en desenvolvemento, polo que, cómpre reconverte-las actuais empresas e traballadores do sector e formar novas empresas e traballadores, xa sexa de primeiro emprego ou traballadores provenientes doutros sectores en crise con

escasas posibilidades de recolocación nos seus sectores de orixe, pero que pola súa experiencia profesional, sexan capaces de similar rápida e eficazmente as técnicas de traballo deste novo sector en Galicia.

Como medio e instrumento para favorecelo, a Consellería de Industria e Comercio establece un sistema de axudas económicas para promove-la realización dos investimentos correspondentes, encamiñados a acada-los fins mencionados.

Na súa virtude, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

AUDITORÍAS ENERXÉTICAS

Artigo 1º

A Consellería de Industria e Comercio, con cargo á partida orzamentaria 08.02.631-B.760.00 «Iluminación pública e aforro enerxético», establece axudas a concellos para a realización de auditorías enerxéticas das súas instalacións.

As auditorias enerxéticas consistirán, ademais das revisións e actualización dos datos existentes, no estudio exhaustivo das posibilidades de mellora-la eficacia enerxética das instalacións, de acordo co seguinte plan:

a) Recompilación da informacion básica xeral, na que se recollerán as características de tódalas instalacións das que é titular o concello.

b) Informe técnico-económico no que se detallarán tanto os consumos instantáneos, perdas ou rendementos enerxéticos como as medidas que se deben aportar para mellora-las deficiencias enerxéticas, establecéndose un plan de aforro ordenado en función do período de amortización.

Artigo 2

A subvención poderá acadar ata o 75% do custo da auditoría.

Artigo 3

As auditorías serán realizadas por empresas que, segundo xuízo da Consellería de Industria e Comercio, ofrezan garantías e experiencia suficientes neste campo específico en Galicia e deberán ser asinadas por técnico competente.

Artigo 4º

As solicitudes axustaranse ó modelo que figura como anexo, cos requisitos sinalados no capítulo V desta orde, especificando que empresa realizará a auditoría enerxética, para a súa aceptación pola Consellería de Industria e Comercio.

Artigo 5º

O pagamento das subvencións efectuarase unha vez entregada, por triplicado exemplar, a auditoría coas facturas emitidas pola empresa auditora, apro

badas polo órgano competente do concello, na delegación provincial, e logo de informe favorable dos servicios técnicos correspondentes.

CAPÍTULO II

INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS MUNICIPAIS

E AFORRO ENERXÉTICO

Artigo 6º

A Consellería de Industria e Comercio, con cargo á partida orzamentaria 08.02.631-B.760.00, «Iluminación pública e aforro enerxético», establece axudas ós concellos que precisen realizar ou modificar infraestructuras eléctricas de servicios públicos ou realizar investimentos co obxecto de reduci-la incidencia do factor enerxético na súa estructura de custos.

Non se subvencionará en ningún caso a electrificación de urbanizacións e vivendas illadas dedicadas a segunda residencia.

Artigo 7º

A axuda poderá acadar ata o 50% do investimento total, modulando a porcentaxe en función do seu interese social e das dispoñibilidades orzamentarias da entidade local.

Artigo 8º

A solicitude, que se deberá acompañar dos documentos citados no capítulo V da presente orde, deberase axustar ó modelo que se xunta como anexo desta orde e nela tarase constar:

-Proxecto do investimento, con indicación do núcleo, lugar e concello.

-Para instalacións eléctricas, convenio subscrito coa empresa distribuidora da enerxía eléctrica.

-Para instalacións en aforro enerxético, auditoría enerxética realizada por unha empresa consultora establecida en Galicia con experiencia na materia.

Artigo 9º

Os criterios que servirán de base para lles dar prioridade ás peticións formuladas serán os seguintes:

-Núcleos de poboación de menos de dous mil habitantes, segundo o censo municipal.

-Interese social do servicio público, de acordo co descrito na memoria.

-Eficiencia enerxética da instalación, de acordo co recollido na auditoría.

-O grao de cumprimento da entidade local solicitante nas subvencións outorgadas pola Consellería de Industria e Comercio en exercicios anteriores.

-Para instalacións eléctricas, ter subscrito un convenio ou acordo coa empresa distribuidora de enerxía eléctrica, de forma tal que posibilite a utilización conxunta e indistinta dos postes, tanto para a iluminación rural municipal (iluminación pública) como para o paso das liñas de distribución de subministración eléctrica.

CAPÍTULO III

PLAN DE MELLORA ELÉCTRICA

DE GALICIA (MEGA)

Artigo l0º

Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.631-B.770.00 e 08.02.631-B.770.02, «Plan de mellora eléctrica de Galicia» establécense axudas para as instalacións de transporte, transformación e distribución de enerxía eléctrica no medio rural.

Artigo 11º

Poderán acollerse a estas axudas as empresas distribuidoras de enerxía eléctrica que subscriban coa Xunta de Galicia un acordo marco para o desenvolvemento do Plan de Mellora Eléctrica de Galicia (MEGA) e que presenten unha proposta de obras para 1995 das incluídas no citado plan ante as delegacións provinciais na forma e prazo establecido no capítulo V desta orde.

Tamén se poden acoller a estas axudas as empresas distribuidoras que non tendo subscrito o acordo coa Xunta de Galicia, presenten xunto coa solicitude de axudas un plan técnico de obras que deberá ser aprobado pola Consellería de Industria e Comercio.

A contía máxima das axudas será do 50% do investimento total.

Esta contía aplicarase sobre o orzamento resultante de aplica-los prezos aprobados pola Consellería de Industria e Comercio para 1995 ás unidades de obra de cada proxecto.

Artigo 12º

Unha vez rematado o período de solicitude e tendo en conta o Plan de Mellora Eléctrica de Galicia e por proposta efectuada polas empresas distribuidoras, a delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio, resolverá o que proceda e elaborará unha lista básica de obras por importe do orzamento dispoñible.

Artigo 13º

Para a elaboración destas listas daráselles prioridade ás obras que inclúan os seguintes aspectos, que serán descritos na memoria:

1.-Que dispoñan das correspondentes servidumes de paso co obxecto de axiliza-la execución das obras.

2.-Zonas de desenvolvemento industrial e/ou con instalacións agrarias.

3.-Que sexa complementaria doutras instalacións enerxéticas de prioridade municipal.

4.-Que cubra o maior número de habitantes en relación co investimento.

Artigo 14º

Os investimentos subvencionados que se van realizar durante 1995, serán comunicados pola Consellería de Industria e Comercio ás empresas eléctricas solicitantes, indicando a contía das axudas aprobadas, así como as condicións técnicas e administrativas para a realización das obras.

Artigo 15º

A realización das obras xustificaranse mediante certificación de obras, que será presentada na correspondente delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio, para a súa análise, comprobación e pagamento da subvención, tras certificación dos servicios da delegación provincial que corresponda.

CAPÍTULO IV

FORMACIÓN EN MATERIA DE GAS

Artigo 16º

Con cargo á partida orzamentaria 08.02.631-A.772.00, establécense axudas para a formación tecnolóxica en materia de gas.

Artigo 17º

Estas axudas van dirixidas a empresas e asociacións de empresas que realicen ou contraten actividades de formación tecnolóxica en materia de gas.

Artigo 18º

Serán subvencionables os seguintes investimentos:

1.-lnvestimentos e actuacións dirixidas a difundi-las técnicas e tecnoloxías en materia de gas canalizado, podendo incluír investimentos en equipamento e organización de cursos de formación ou actividades de fomento e difusión en relación co gas canalizado.

2.-O custo laboral dos traballadores en formación.

Artigo 19º

A contía da subvención poderá acada-lo 75% para o investimento recollido no apartado 1 do artigo anterior e ata o 70% cun máximo de 750.000 pesetas por contrato do apartado 2.

Artigo 20º

As solicitudes axustaranse ó modelo que figura como anexo, cos requisitos sinalados no capítulo V desta orde e deberán acompañarse dos seguintes documentos:

1.-Memoria explicativa da acción que se vai desenvolver.

2.-Orzamento desagregado do investimento que se vai realizar.

Artigo 21º

Terán prioridade para o outorgamento da subvención as solicitudes que se refiran ó apartado 2 do artigo 18, tendo en conta as condicións sociais dos traballadores contratados e o seu plan de formación.

Artigo 22º

Poderanse realizar pagamentos parciais da subvención de acordo co establecido na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e Lei 6/1994, do 29 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995.

A periodicidade dos pagamentos, a coordinación das actividades que se van desenvolver ou calquera

outra cuestión relativa a este programa de formación poderase regular, ben na resolución de outorgamento da subvención ou en convenios específicos que se subscribirán entre a Consellería de Industria e Comercio e os beneficiarios.

CAPÍTULO V

TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES

Artigo 23º

As solicitudes, dirixidas ó conselleiro de Industria e Comercio, presentaranse no rexistro xeral das delegacións provinciais, no dos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio ou a través dalgunha das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dentro dos 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 24º

As solicitudes axustaranse ó modelo que se xunta como anexo e deberanse presentar por triplicado exemplar, acompañadas dos documentos seguintes:

a) Acreditación da condición requirida para ser beneficiario da subvención.

b) Copia cotexada do DNI, CIF ou NIF segundo o caso.

c) Declaración de axudas solicitadas, obtidas ou que se prevé solicitar para o mesmo investimento en calquera outra institución, organismo ou Administración pública.

d) Memoria descritiva da actuación que se vai desenvolver, finalidade e prazo de execución.

e) Orzamentos de gastos.

f) Certificado expedido polo delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de inscrición no Rexistro Industrial e a súa actualización. Desta condición, quedan excluídos os concellos e as empresas de enxeñería.

g) Declaración expresa de non ter contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia e de estar ó día nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social. Deste requisito quedan exceptuados os concellos.

Artigo 25º

Se a solicitude de subvención non reúne os requisitos que sinala o artigo anterior e os esixidos para cada caso concreto por esta orde, o interesado será requirido para que, nun prazo de dez días emende a falta ou aporte os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixese, considerarase desistido da súa petición, que se arquivará sen máis trámites.

Examinada a documentación e logo de informe técnico que corresponda, o conselleiro de Industria e Comercio ou o delegado provincial, conforme o establecido no Decreto 88/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias para a concesión de axudas e subvencións nos delegados provinciais

ou territorial da Xunta de Galicia, dictará a resolución que proceda.

Unha vez concedida a subvención, esta deberá ser aceptada polo beneficiario no prazo de 15 días, coas condicións específicas que recolle esta orde e as que, sé é o caso, inclúan na resolución.

Artigo 26º

A non notificación da resolución no prazo de tres meses desde a presentación da correspondente solicitude determinará a súa desestimación presunta e quedará expedita a vía contencioso-administrativa.

Artigo 27º

Nun prazo de 3 meses a partir da notificación da subvención, o beneficiario deberá remitirlle á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio unha copia do proxecto de execución, cando este sexa necesario, asinado polo técnico competente e certificación da iniciación da obra. Se procede e se esta fora realizada por terceiros, a documentación que acredite que a obra se adxudicou e a acreditación do adxudicatario para realizala, salvo que a execución se verifique antes do prazo sinalado.

A non presentación desta documentación poderá supoñe-la anulación da subvención concedida, logo de audiencia do interesado.

Artigo 28º

Para o pagamento das axudas indicadas será indispensable a presentación, antes do 31 de outubro de 1995, ante a delegación provincial correspondente de tres exemplares da memoria da actividade realizada, xunto con xustificantes debidamente acreditados do investimento realizado.

Para o libramento e posterior aboamento da subvención, xuntarase a documentación que se sinala no apartado anterior, certificación da conta bancaria onde debe realizarse o pagamento, expedida pola propia entidade bancaria, así como os certificados acreditativos de estar ó día nas obrigas tributarias e sociais e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

A percepción da axuda terá lugar despois de que os servicios técnicos da Consellería de Industria e Comercio certifiquen que se levou a cabo a realización do investimento de acordo co proxecto presentado.

Os órganos competentes da Consellería de Industria e Comercio poderán solicita-las aclaracións ou informes que se consideren convenientes e, no caso de non seren remitidos polo beneficiario dentro do prazo que se lle sinale, considerarase que renuncia á subvención.

Artigo 29º

No caso de que o investimento ou a actividade realizada tivese un custo inferior ó inicialmente previsto, a subvención que se conceda verase diminuída nunha porcentaxe proporcional.

Cando por concurrencia de subvencións ou axudas o importe total subvencionado exceda do custo da actividade que vaia desenvolve-lo beneficiario ou da porcentaxe máxima establecida nesta orde, procederá ó reintegro do exceso percibido á Administración autonómica, sen prexuízo doutras responsabilidades que se puideran derivar.

Artigo 30º

No caso de que o beneficiario da subvención incumprise algunha das condicións e obrigas estipuladas, a Consellería de Industria e Comercio instruirá expediente sancionador conforme o previsto na citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Procederá o reintegro da axuda percibida e dos intereses de demora nos supostos previstos no apartado 5 do artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia. As cantidades a reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público e resultará de aplicación para o seu cobro o previsto nos artigos 19 a 23 da citada lei.

Artigo 31º

No caso de que o beneficiario renunciase ás axudas unha vez percibidas procederase conforme o artigo anterior.

Artigo 32º

Con independencia do establecido nesta orde, en todo caso haberá que aterse ó disposto na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, na Lei 6/1994, do 29 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995 e Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Industria para que dicte as disposicións oportunas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1995.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio