Visto o expediente incoado na Sección de Industria desta delegación provincial por petición de Barras
Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2.617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2.619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2.634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria,
Esta delegación provincial resolveu autorizar a Begasa a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes: liña de media tensión, 20 kV, cunha lonxitude de 829 metros, apoios de formigón e torres metálicas, conductor LA-30, orixe na L.M.T. de Cancelas e final no C.T. Graña. Centro de transformación 50 kVA en Graña, 20-10 kV, 380/220 V, ±5%, torre metálica. Redes de baixa tensión, apoios de formigón, conductores RZ-95-50-25 para mellora da subministración en San Andrés de Logares, concello da Fonsagrada.
Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e o seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.
Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro.
Lugo, 1 de decembro de 1994.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo