Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.438

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente 3.911. A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4, en solicitude de autorización para instalar un C.T. no edificio Galicia en Burela, concello de Cervo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Begasa a instalación de liña de media tensión subterránea 20 kV, cable 1x95 mm Al 15/25 kV Eprotenax. Centro de transformación 1x400 kVA 20.000±5%, 398/230 V.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 31 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo