Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.438

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento das instalacións eléctricas que se citan (Expediente 3.805 A.T./3.887 A.T./3.895 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, 4, en solicitude de autorización de varios expedientes da zona de Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Begasa a instalación de expediente 3.805 A.T., L.M.T. e C.T. edificio Carlos Díaz na rúa de Sarria en Foz: liña de media tensión subterránea 20 kV, cunha lonxitude de 259 metros, conductor Al/15/25 kV, 1x95 mm Al, Eprotenax. Centro de transformación 2x400 kVA, 20.000± 5%, 398/230 V.

Expediente 3.887 A.T.: L.M.T. e C.T. edificio Ardei II na Avda. Ribeira de Foz: liña de media tensión subterránea 20 kV, cunha lonxitude de 426 metros cable 1x95 mm Al Eprotenax. Centro de transformación 1x400 kVA 20.000±5%, 398/230 V.

Expediente 3.895 A.T.: L.M.T. e C.T. edificio Arco da Vella no Valadouro: liña de media tensión subterránea 20kV, cunha lonxitude de 992 metros cable 1x95 mm Al. Centro de transformación 2 x 400 kVA 20.000±5%, 398/230 V.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 7 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo