Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.440

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 27 de marzo de 1995 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios prestados polo persoal funcionario e laboral do complexo hospitalario da Deputación Provincial de Pontevedra, con motivo da folga convocada para o día 31 de marzo, desde as 0 ás 24 horas.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño de 1988), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde, e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga que afecta o perscal funcionario e laboral dependente do complexo hospitalario da Deputación Provincial de Pontevedra, para o día 31 de marzo, ó longo de toda a xornada laboral e para tódalas quendas de traballo, sen que poidera ser oído o comité de folga, como dispón o artigo 3º do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, por incomparecencia daquela a pesar de ser citado en legal forma, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º.-A convocatoria de folga, para o día 31 de marzo, ó longo de toda a xornada, que afecta ó persoal funcionario e laboral do complexo hospitalario da Deputación Provincial de Pontevedra, enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos que se establecen no anexo desta orde.

Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios do complexo hospitalario, para evitar que se produzan graves prexuízos ós usuarios, tendo en conta, fundamentalmente, que a folga ten incidencia ó longo de toda a xornada laboral e para tódalas quendas de traballo.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito de folga, coa atención ós usuarios do complexo hospitalario, que, baixo ningún concepto, poden que

dar desasistidos polas características do servicio dispensado.

E por iso, mantense unha porcentaxe de servicios mínimos, arredor do 50% do cedro de persoal do complexo, co fin de garanti-la asistencia imprescindible ós pacientes hospitalizados, así como a atención urxente ós usuarios, que non poidan aprazarse sen consecuencias negativas ou incluso con desenlace fatal para a saúde.

Entrando nunha análise pormenorizada dos servicios mínimos fixados, pódese sinala-lo seguinte:

A atención sanitaria urxente e a totalidade das quendas de noite, mantéñense na súa dotación ordinaria, sen reducción ningunha, como en tódalas xornadas de traballo, incluídas as correspondentes a domingos ou festivos, ó tratarse de cobertura mínima e irreducible xa de por si.

Nos servicios sanitarios da unidade de cuidados intensivos, quirófanos e esterilización, banco de sangue e análises clínicas os mínimos fixados son os imprescindibles para presta-la atención ineludible ós usuarios, reducindo, dentro do posible, a actividade en evidente correspondencia co dereito de folga.

En concreto, mantéñense en funcionamento tres quirófanos (cirurxía, traumatoloxía e urxencias) dos oito que funcionan habitualmente, sendo necesario para tal efecto, o persoal de quirófanos, esterilización, banco de sangue e outros servicios auxiliares que garanta o correcto funcionamento para asistir á demanda de carácter urxente e á que non admite demora.

En canto ás consultas externas e á unidade de hemodiálise, mantéñense as consultas programadas para esta data, por non poder darse traslado a outra posterior pola imposibilidade absoluta do calendario establecido para elas e pola necesidade de mante-la continuidade do tratamento aplicado. O mesmo ocorre coas sesións de hemodiálise que, loxicamente, polo seu carácter, non poden admitir posposición sen risco manifesto para a vida dos afectados.

No que respecta ós servicios de apoio de carácter sanitario, débese sinalar que o mantemento do complexo hospitalario esixe unha atención constante e dilixente para repara-las anomalías que se produzan, requirindo o persoal cualificado mínimo para tal efecto. Os servicios de aprovisionamento necesitan un mantemento mínimo da súa actividade para garanti-la provisión e distribución das subministracións necesarias. O servicio de hostelería e cociña necesita do persoal indispensable para a preparación e distribución das dietas en condicións adecuadas ós pacientes. O servicio de admisión e atención ó paciente, como controlador do acceso dos pacientes ó hospital, require unha atención adecuada, para evita-las dilacións que en moitos casos poderían implicar consecuencias lamentables ós usuarios. No servicio de documentación clínica, os mínimos fixados derívanse da ineludible necesidade de recepcionar e facilitar sen demora as historias clínicas dos pacientes para a determinación de

diagnósticos, execución de intervencións, elaboración de informes de alta e demais que sexan imprescindibles. O per

soal de limpeza que se fixa, considérase fundamental para mante-las condicións hixiénicas mínimas para evitar posibles infeccións ou outras anomalías graves que poideran derivarse. Finalmente fíxase un número moi reducido de persoal administrativo para asumi-las actividades necesarias na realización das funcións de secretaría, recepción de documentos, rexistros de persoal e cobertura de datos.

Artigo 2º.-A designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios será feita pola dirección do complexo hospitalario, procedéndose á súa publicación nos taboleiros de anuncios do centro de traballo.

Artigo 3º.-Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo de 1947).

Artigo 4º.-O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora de folga recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco verbo da tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º.-Sen prexuízo do que establecen os artigos deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais