Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 1995 Páx. 2.470

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de marzo de 1995 pola que se fai pública a relación de profesores especialistas en lingua galega conforme as ordes de validación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Pola Orde do 26 de novembro de 1993 (DOG do 23-12-1993), artigo 2º, outórgaselle-lo título de profesor especialista en lingua galega ós licenciados en filoloxía e ós diplomados en EXB polas escolas universitarias de formación do profesorado de EXB, que posúan os certificados do ciclo elemental e do ciclo superior de galego das escolas oficiais de idiomas.

Por outra banda, a Orde do 6 de abril de 1983 (DOG do 23-4-1983), que establece o procedemento para a concesión da validación dos cursos de iniciación, perfeccionamento e especialidade realizados para profesores de preescolar e educación básica, establece no seu artigo primeiro que se lle outorgará o título de prófesor especialista en galego ós profesores de EXB que teñan, como mínimo, aprobadas tres asignaturas de galega dunha licenciatura de filoloxía.

Tendo os aspirantes que se relacionan no anexo I superados tódolos requisitos que se establecen no primeiro parágrafo, e os que se relacionan no anexo II os establecidos no segundo parágrafo, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procede a autoriza-la expedición dos diplomas correspondentes.

En virtude do exposto,

DISPOÑO:

Artigo único

Declarar que os profesores que se relacionan nos anexos I e II desta orde teñen dereito á concesión do diploma de profesores especialistas en lingua galega, debendo esta consellería expedirlle-los correspondentes documentos, para os efectos legais oportunos.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las instruccións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Sr. Director Xeral de Política Linguística

Sr. Director Xeral de Ordenación Educativa e Centros

Sres. Delegados Provinciais da Consellería de

Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO l

Alfeirán Rodríguez, María Agripina

Alonso Docampo, María del Carmen

Arias Castro, Ana María

Bello Dopazo, María Dolores

Braña Montoto, María José

Catoira Longueira, Dolores

Conde González, José Manuel

Durán Calvo, Aurora Carmen

Fernández Álvarez, María del Carmen

Ferreiro Salgado, María del Carmen

Fresco García, Marta Concepción

Gallego Borrajo, Pilar

García Sanjurjo, Montserrat

Garrote Yáñez, Antonia

Gayoso Sánchez, María José

González Alonso, Rosaura

Lillo Redonet, Fernando

López Lozano, María Ángeles

López Veiga, Alfonso

Lorenzo Prado, José

Loureiro Fernández, Carlos

Maceira Lamas, Francisco

Montes Lamartín, Pilar

Natividad Álvarez, Montserrat

Názara Gómez, Luis

Penela Oubiña, María del Carmen

Pérez Domínguez, Rosa

Pita Carretero, César

Pumar Vidal, María Pilar

Quiroga López, María Dora

Redondo Ferrín, Mª Elena

Ripalda González, José Luis

Rodríguez Lamas, Ángela

Rodríguez López, Dolores

Seoane Ventín, María Sol

Seoane Villaverde, María Victoria

Taboada González, Eva

Tombo Moar, María Teresa

Troitiño Salgado, María Isabel Dolores

Vázquez Maceiras, Ángeles

Villarino Cid, Dolores Emma

ANEXO II

García Lorenzo, Juan Benito

Navarro García, María José