Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 1995 Páx. 2.473

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3.912 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. subt. e C.T. edificio Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Martínez Pasarón, Ribadeo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Begasa a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 370 metros, cable 1x95 mm Al, Eprotenax 15/25 kV. Centro de transformación de 1x400 kVA, 20.000±5%, 398-230 V en Ribadeo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 24 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo