Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 1995 Páx. 2.473

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3.826 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, en solicitude de autorización para

instalar reelectrificación da Fonsagrada-Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Begasa a instalación de liña de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 360 metros. Centro de transformación de 400 kVA, 20.000-10.000, 380/220/127 V±5%. Enlaces coa rede de baixa tensión, con conductores RZ-95.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 27 de outubro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo