Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 1995 Páx. 2.475

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 27 de febreiro de 1995 pola que se establecen certas reduccións nos prezos privados pola prestación de determinados servicios no Centro Galego de Artes da Imaxe.

O artigo 6º, capítulo 1º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que os prezos privados serán fixados pola consellería correspondente atendendo ás condicións e circunstancias do mercado no que operen.

A Consellería de Cultura, a través do Centro Galego de Artes da Imaxe, vén desenvolvendo distintas actividades prestando unha serie de servicios a profesionais e ó público en xeral, destacando a realización de programación da exhibición das artes da imaxe na sala de proxección nos locais do devandito centro e onde é de destaca-la asistencia de público novo e estudiante, polo que se fai preciso regula-la percepción de prezos privados.

Por todo isto.

DISPOÑO:

Artigo 1º

Terán dereito a unha reducción do 50% no prezo da entrada os titulares do carné xove e equiparables, carné de estudiante e os correspondentes internacionais.

Esta reducción non será de aplicación ó importe dos abonos para dez sesións.

Artigo 2º

Para efectos do disposto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, o código dos ingresos fixados na presente orde será o 362200.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 1995.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

Sr. Director Xeral de Cultura