Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 1995 Páx. 2.476

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 6 de marzo de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Deiro nº 9.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei /1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Deiro nº 9.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 10, Cambados «A».

Data da concesión: 29-2-1964 (BOE nº 77).

Data do remate da última prórroga: 20-3-2004.

Anterior concesionario: Juan García Suárez.

Novo titular concesión: Julián Víctor García Mouriño.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como abrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 6 de marzo de 1995.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Amancio Landín Jaráiz

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)