Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 1995 Páx. 2.476

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 8 de marzo de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Hermanos Cacabelos III.

Visto o expediente incoado por Mª José Cacabelos Prieto, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Hermanos Cacabelos III, outorgado pola orde ministerial do 19-6-1978 (BOE nº 189), situada na cuadrícula nº 9, do polígono «A» do Grove, rematando a concesión o 9-8-1998, e da que era titular Roberto Cacabelos Casal.

Tendo en canta o informado polo Servicio Xurídico e de Planificación e de conformidade co sinalado no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e considerando que ó expediente figuran

unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de derradeiras vontades, a declaración de herdeiros ab intestato, a relación de bens debidamente liquidada de impostos e o caderno particional da herdanza, esta consellería accede ó solicitado e declara titular da concesión administrativa e da batea de que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento, a favor de Mª José Cacabelos Prieto.

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior, así como queda obrigado a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 8 de marzo de 1995.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Amancio Landín Jaráiz

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)