Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 1995 Páx. 2.480

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscricion no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa).

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo de Financiera Maderera, S.A. (Finsa), que tivo entrada nesta delegación provincial o 27-2-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, da parte social polo comité de empresa, de conformidade co disposto no xa citado corpo legal, art. 90. 2 e 3, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2.412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, obrante nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.)

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de marzo de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Acta de acordo da comisión paritaria do convenio

colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A.

(Finsa) para o ano 1995.

Sendo as 12.30 horas do día 20 de xaneiro de 1995, nos locais de Financiera Maderera, S.A., en Santiago de Compostela, reúnense as persoas relacionadas a seguir integrantes da comisión paritaria do convenio de empresa de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para os seus centros de traballo de Pontecesures e Santiago de Compostela, co obxecto de alcanzar un acordo sobre regularización dos conceptos económicos do ano 1995, de acordo co establecido no convenio da empresa que, con vixencia ata o 31 de decembro, foi subscrito por ámbalas dúas partes o 28-10-1994.

Parte social:

Por UXT:

1. Álvaro Gabino Lois Fernández, DNI nº 33.239.000

2. Manuel García Pereira, DNI nº 33.227.507

Por CC.OO.:

7. Serafín Baceta Cascallar, DNI nº 33.221.843

8. Antonio Botana Iglesias, DNI 33.235.150

Pola parte empresarial:

1. Manuel Hombre Lago, DNI nº 33.207.402

2. Ángel Ramos García, DNI nº 13.674.362

3. Eladio Nogueiras González, DNI nº 34.902.733

4. Ramón Vázquez Lista, DNI nº 32.753.769

Tralas consideracións que se cuidaron oportunas formuladas por cada unha das partes, a comisión paritaria do convenio, adopta, por unanimidade, os seguintes acordos:

Primeiro. Establecido polo Instituto Nacional de Estatística o índice de prezos ó consumo (IPC) acumulado do ano 1994, en 4,3 puntos, e téndose pactado un incremento salarial en convenio do 4,5% para o dito ano, produciuse un incremento real en tódolos conceptos retributivos de 0,2 puntos.

Segundo. O incremento do 4,5% para o ano 1994, estableceuse tomando como refrente unha inflación estimada da mesma porcentaxe, garantindo, en todo caso, un incremento igual ó IPC real do dito ano.

Como queira que o IPC acumulado de decembro foi do 4,3% produciuse un incremento de 0,2 puntos sobre a estimación prevista, tomándose, en función do acordado, como incremento a conta do aumento correspondente a 1995.

De acordo co establecido no apartado nº 2 do artigo 45 do convenio, e unha vez que o Goberno fixou o seu obxectivo de inflación no 3,5% procede aplicar un incremento salarial para o ano 1995 do 4,3%, o que supón alcanzar un incremento económico de un punto sobre o IPC previsto.

Todo isto sen prexuízo das regularizacións que a final do ano 1995 se establecen no citado artigo 45, coa finalidade de obter un aumento de 1 punto sobre o IPC real acumulado dos dous anos de vixencia do convenio colectivo.

Terceiro. O presente acordo de regularización de conceptos económicos inicia os seus efectos o primeiro de xaneiro de 1995, para o persoal que nesa data integrase o cadro de persoal da empresa.

Cuarto. As contías dos salarios, valor das horas extraordinarias e plus de locomoción, son os recollidos nos tres anexos que se xuntan á presente acta, unha vez aplicado o incremento do 4,3% correspondente ó ano 1995, agás no plus de locomoción, que mantén a súa contía aplicándose o incremento correspondente ó plus de xornada.

Igual incremento aplicaráselle ós complementos «ad persona».», de conformidade co disposto no artigo 47.

Quinto. A bolsa de vacacións prevista no artigo 12 do convenio fíxase en 15.697 pesetas.

A antigüidade prevista no artigo 18 do convenio establécese en 3.624 pesetas mensuais.

O plus de xornada recollido no artigo 19, por mes efectivamente traballado ascende ás seguintes contías:

Plus de tres quendas: 11.211 pesetas.

Plus de catro quendas: 25.570 pesetas.

Plus de dúas quendas e xornada partida: 8.862 pesetas.

No plus de xornada inclúense os incrementos que corresponden ó plus de locomoción que mantén a contía do ano 1994.

En concepto de quebranto de moeda, os pagadores percibirán a cantidade mensual de 3.884 pesetas.

A mellora social prevista no artigo 24 do convenio fíxase en 425 pesetas.

A compensación de transporte establecida no artigo 26, para o persoal de Cesures, establécese en 2.096 pesetas.

Sexto. Como queira que non se alcanzou ata a data un acordo sobre os capitais fixos segundo tramos de idade, que substitúan a actual fórmula de aseguramento da póliza complementaria de invalidez total establecida no artigo 42, acórdase prorroga-la vixencia desta para o ano 1995.

Sétimo. Delegar en Manuel Hombre Lago para que presente esta acta e os seus anexos na Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, co fin de que esta lle dea o trámite oportuno, incluída a súa remisión ó SMAC e a publicación no Boletín Oficial da provincia.

E en proba de conformidade, ratificando en tódolos seus extremos a presente acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicados.