Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 1995 Páx. 2.482

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 9 de xaneiro de 1995 pola que se establecen liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres naquelas profesións nas que se atopan subrepresentadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Decreto 52/1994, do 4 de marzo, polo que se establece o réxime xeral das axudas e subvencións da Consellería de Familia, Muller e Xuventude en materia de formación, promoción do emprego e fomento da economía social determina unha regulación unificada de tódalas convocatorias de axudas e subvencións en materia de formación ocupacional, promoción do emprego e economía social que realiza a citada consellería en canto á súa presentación, tramitación, valoración e resolución, e na súa disposición derradeira primeira, autorízase a conselleira de Familia, Muller e Xuventude para dicta-las normas necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta disposición.

A consolidación das actividades económicas existentes, sobre todo a aparición de actividades novidosas na súa concepción, vén a esixir un incremento na capacitación dos recursos humanos utilizados netas, accións formativas que demandan no momento actual unha mellor aportación de recursos co fin de adapta-los esquemas educativos á capacitación profesional que demanda a sociedade.

A innovación técnica e organizativa das actividades económicas, a incorporación masiva da muller ó mundo do traballo e a preocupación que leva consigo a plena integración comunitaria demandan plans adecuados á realidade actual, nos que a formación que se imparta se adapte ás necesidades existentes.

A formación para o emprego débese conformar como unha acción programática co fin de superar concepcións tradicionais de ofertas de emprego en profunda transformación.

O Fondo Social Europeo, a través do Marco Comunitario de Apoio, considera a formación como unha

das accións principais que hai que desenvolver, sinalando o colectivo das mulleres como un dos prioritarios.

Esta orde pretende concreta-los principios xerais contidos no antedito decreto, no relativo ás axudas dirixidas á formación ocupacional, coordinación de accións de formación ocupacional en actividades de orientación profesional e plans de desenvolvemento e a execución de accións e programas destinados a facilita-la inserción profesional das mulleres e a mellora-la súa cualificación profesional axustándose ó disposto na Lei 11/1992, do réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para 1994.

As ditas axudas financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.50.212 A.481.00 e 14.50.212 A.481.04, recollidas na Lei de presupostos da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995 e cos fondos reflectidos no marco comunitario de apoio da Comunidade Económica Europea, a través do Fondo Social Europeo.

De conformidade co establecido no art. 1.2º da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 2 de xuño de 1986, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, os expedientes de gasto imputables ó capítulo IV poderanse iniciar no período de prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de orzamentos definitivo para o citado exercicio, unha vez que este proxecto de orzamentos estea aprobado polo Consello da Xunta, cando os gastos se vaian materializar no mesmo exercicio. Así, o financiamento destas axudas realizarase con cargo ós créditos dos programas 14.50.212A.481.00 e 14.50.212A.481.04 que figuran no proxecto de Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1994.

Coa finalidade de potencia-la promoción da muller encóntrase adscrito á Consellería de Familia, Muller e Xuventude o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, polo que parece conveniente, dados os beneficiarios desta orde, delegar, en virtude do establecido no artigo 13 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a execución do programa ó que se retire a presente orde.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios para o fin para o que foron establecidos

DISPOÑO:

Artigo 1. OBXECTO

A presente orde ten por obxecto o establecemeto das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública dos plans de actuación, marco das axudas, as condicións e os requisitos para a realización do programa de formación ocupacional da Consellería de Familia, Muller e Xuventude a prol das mulleres naquelas profesións nas que se atopan subrepresentadas, mediante a execución das seguintes actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo:

a) Apoio ás actividades formativas realizadas por entidades públicas, asociacións, empresas ou grupos de empresas en favor das mulleres.

b) Coordinación de accións de formación ocupacional con actividades de orientación profesional e plans de desenvolvemento.

c) Execución de accións e programas destinados a facilita-la inserción profesional das mulleres e mellora-la súa cualificación profesional.

Artigo 2. XESTIÓN E EXECUCIÓN

1.-A xestión das accións previstas na presente orde correspóndelle á Consellería de Familia, Muller e Xuventude, a través do Servicio Galego de Promoción da igualdade do Home e da Muller.

Poderán colaborar na impartición das accións previstas no presente programa e, consecuentemente, solicita-la súa inclusión na programación:

a) As centrais sindicais e organizacións empresariais legalmente constituídas, ben por si mesmas ou conxuntamente.

b) As entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) As asociacións e outras entidades de carácter social, legalmente constituídas, que carezan de ánimo de lucro.

d) Os centros inscritos no censo de centros colaboradores de formación ocupacional da Comunidade Autónoma.

2.-As entidades sinaladas no parágrafo anterior e que obteñan a concesión de axudas para a impartición de accións previstas na presente orde non poderán subcontratar ou ceder a un terceiro a súa impartición.

Artigo 3. COLECTIVOS BENEFICIARIOS

As accións irán preferentemente dirixidas ás mulleres que se atopen inactivas e estean rexistradas como desempregadas nas oficinas do INEM e terán preferencia para participaren nas accións previstas na orde os colectivos seguintes:

Desempregadas maiores de 25 anos, en especial as que leven inscritas como paradas máis de un ano, e desempregadas menores de vintecinco anos.

Excepcionalmente, naqueles cursos en que as súas características así o esixan, como agrarios, medio rural ou outros, a condición de desempregada poderá acreditarse mediante vida laboral da desempregada na que non figure ningunha actividade en calquera dos réximes da Seguridade Social.

Artigo 4. SELECCIÓN DE ALUMNAS

Un.-Con carácter xeral, o número de alumnas participantes en cada curso estará comprendido entre 15 e 20, se ben non poderán percibir máis de 15 persoas a bolsa por desprazamento, non podendo iniciarse a acción formativa se non se reúne un mínimo de 12.

Dous.-A entidade que vai imparti-lo curso realizará unha convocatoria pública mediante modelo norma-

lizado, na que necesariamente se deberá facer constalo financiamento da acción por parte do Servicio Galego de Promoción da lgualdade do Home e da Muller, polo menos a través dun dos xornais de maior tirada da provincia, e efectuará a selección entre as que acudan a ela, tendo en conta que as alumnas seleccionadas deben ser, en todo caso, desempregadas inscritas nalgunha das oficinas de emprego do INEM con anterioridade á data de inicio do curso, levantando a correspondente acta que se lle deberá remitir ó Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, con 7 días de antelación ó comezo dos cursos.

Os anuncios, antes da súa publicación, deberán remitírselle ó Servicio de Cooperación, Estudios e Programas do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, para a comprobación do cumprimento dos requisitos establecidos no presente artigo. Sen o visto e prace dos xefes de servicio non poderá publicarse ningún anuncio.

Tres.-As alumnas deberanse incorporar ás clases na data de iniciación do curso. De non se incorporaren ou de se produciren baixas dentro do primeiro cuarto del, poderanse substituír por alumnas procedentes da convocatoria pública, sempre que teñan o nivel de acceso correspondente á fase do curso á que se incorporen. Neste caso a persoa responsable da súa impartición deberá comprobar, mediante as probas e/ou a xustificación documental pertinente, o nivel da alumna.

Catro.-Os cursos nos que, a pesar de que se intentase completa-lo número de alumnas, diminúa o número de participantes ata unha cantidade inferior ó 50% do número programado, poderán ser suspendidos polo Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. Neste caso a entidade terá dereito a unha indemnización que será proposta pola Comisión de Avaliación prevista no artigo 11 e será aprobada pola directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, calculada en función das circunstancias concorrentes en cada caso.

Cinco.-As alumnas que resulten seleccionadas para un curso non poderán asistir a outro simultáneamente nin causar baixa nun para acceder a outro.

Artigo 5. ESPECIALIDADES FORMATIVAS

1.-Os cursos serán de carácter presencial e a parte práctica do correspondente programa deberase realizar, cando a natureza da especialidade así o esixa, en aulas-taller axeitadas ou en empresas.

2.-Con carácter xeral as accións formativas deberán estar comprendidas no ficheiro de especialidades e terán un mínimo de 200 horas, non podendo ter unha duración superior a 900, agás aquelas accións que leven implícito un compromiso de contratación, caso no que poderá reducirse o número mínimo sinalado anteriormente.

Artigo 6. INICIO E REMATE

As accións formativas deberanse iniciar, necesariamente, no presente exercicio, e rematarán como data límite o 28 de febreiro de 1996; deberán estar

xustificados os castos inherentes a eles, mediante certificación do xefe do Servicio de Cooperación, Estudios e Programas do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, o 15 de marzo de 1996.

Artigo 7. AXUDAS

1.-As accións formativas impartidas ó abeiro da presente orde serán obxecto de subvención para compensa-los custos derivados da súa execución.

2.-As anteditas subvencións terán unha contía máxima por cada curso que será a resultante do número de horas del, número de alumnas e importe do seu módulo. Os módulos que se fixarán por resolución do director xeral de Formación e Emprego, asignaranse a cada curso segundo a súa clasificación en función do seu nivel formativo e do grao de dificultade da técnica ulilizada.

3.-Computaranse como alumnas que remataron o curso, aquelas que precisen abandonalo antes da súa finalización por ter atopado un emprego ou ocupación productiva, sempre que se acredite documentalmente tal extremo e o número de alumnas que o rematen non supere o do previsto para el.

4.-A percepción da subvención prevista no presente artigo, que financia o 100% dos custos xerados pola impartición da acción formativa será incompatible coa percepción de calquera outra axuda pública ou privada da mesma natureza.

Artigo 8. MÓDULOS SUBVENCIONABLES

1.-O módulo correspondente a cada curso constará de tres partes: «A» referida ós custos de profesorado, «B» referida ó resto dos custos aboables do curso e «C» referida ás bolsas e axudas ás alumnas. A cada unha destas partes fixaráselle un importe máximo, sendo a suma delas igual á do módulo completo.

2.-Poderanse considerar como custos aboables ou subvencionables correspondentes á parte «A» do módulo, os gastos desagregados seguintes:

a) Gastos de profesorado, comprendendo os soldos ou honorarios do persoal docente incluíndo os gastos de Seguridade Social.

b) Os gastos de preparación, seguimento e control do curso e, en xeral, das actividades de coordinación, sen que poida superarse, en ningún caso, o 10% da parte «A» do módulo.

c) Gastos de persoal directivo e administrativo estrictamente necesario, sen que poidan superar, en ningún caso, o 10% desta parte «A» do módulo.

3.-Poderanse considerar como custos aboables ou subvencionables correspondentes á parte «B» do módulo, os gastos desagregados seguintes:

a) Gastos de seguros de accidentes das alumnas, comprendendo o importe das pólizas ou primas correspondentes a tódalas alumnas asistentes, polos riscos que inclúan os do traxecto ó lugar de impartición das clases e prácticas e contraéndose estrictamente na súa duración ó período do curso e/ou das prácticas non laborais en empresas.

b) Gastos de medios e materiais didácticos como textos e materiais dun só uso pola alumna, e os materiais de traballo funxibles utilizados durante as actividades de formación.

c) Gastos de amortización de equipos e ferramentas de duración superior a un exercicio anual.

En ningún caso os gastos de amortización dos bens, que terán unha relación directa coa actividade docente da entidade ou da práctica da empresa, poderán supera-lo 25 por 100 da parte «B» do módulo.

O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller poderá esixi-la xustificación das avaliacións.

d) Gastos de enerxía eléctrica, de combustibles, así como de mantemento das instalacións e equipamentos formativos.

e) Gastos xerais, comprendendo aqueles gastos que, sen estaren incluídos nos parágrafos anteriores, se deban imputar ou teñan a súa orixe na actividade do curso: alugueiros e seguros, tanto de instalacións como de maquinaria; teléfonos e comunicacións; gastos de administración da entidade necesarios para a posta en funcionamento e permanencia dos cursos; e publicidade expresamente demandada para a execución dos cursos aprobados e programados.

Sobre as partes «A» e «B» do módulo efectivamente gastadas e xustificadas poderase calcular un 10% correspondente ós gastos de difícil xustificación. Este importe deberase imputar, en todo caso, á parte «A» do módulo.

4. A parte «C» do módulo estará constituída polas bolsas, cando se trate de desempregadas minusválidas, e as axudas de transporte, manutención e aloxamento ás alumnas, ás que terán dereito, de conformidade coas normas que en desenvolvemento da presente orde dicten a Dirección Xeral de Formación e Emprego e sempre que, a partir do comezo do curso correspondente, poidan acreditar, de modo suficiente, atoparse nos supostos de concesión e a duración deles sexa superior a catro horas diarias e vinte semanais.

Artigo 9. SOLICITUDES

1.-As entidades que cumprindo as condicións establecidas no art. 2 desexen colaborar na impartición das accións formativas previstas na presente orde deberán formaliza-la correspondente solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I á presente orde e subministrarase nas delegacións provinciais da Consellería, no Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller ou en calquera das oficinas administrativas de información ó cidadán, subscrita polo titular ou representante legal da entidade debidamente acreditado e deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Una ficha por cada un dos cursos solicitados no modelo normalizado (anexo II).

b) Memoria detallada xustificativa da acción no modelo normalizado que se publica como anexo III

á presente orde, na que se farán consta-los criterios a utilizar para a selección das alumnas.

c) Se é o caso, compromiso de contratación asumido pola entidade impartidora ou por aquela que vaia contratar alumnas formadas.

d) Declaración expresa subscrita polo titular ou polo representante legal da entidade de non percibir ningún tipo de axuda da mesma natureza concedida por calquera outra entidade pública ou privada.

e) Declaración pola que se expresa a submisión ás actuacións de comprobación do Servicio Galego de Promoción da igualdade do Home e da Muller.

f) No caso de ter impartido cursos incluídos na programación da consellería correspondentes ó exercicio de 1994, deberán xustifica-lo grao de inserción laboral acadado polos alumnos formados.

2.-As solicitudes presentaranse no Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller ou nas delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude que correspondan ó domicilio do solicitante ou por calquera das formas previstas no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Se as solicitudes fosen presentadas nas delegacións provinciais, estas remitiranas o día seguinte ó da súa recepción ó Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Artigo 10. PRAZ0

1. 0 prazo para a presentación das solicitudes será de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

2. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación achegada conteña erros ou sexa insuficiente, procederase da forma prevista no art. 10.2 do Decreto 52/94, do 4 de marzo.

Artigo 11. PROCEDEMENTO

1.-O procedemento que se seguirá na tramitación e instrucción dos expedientes será o establecido no art. 9 e seguinte do Decreto 52/1994, do 4 de marzo, coas concrecións que se establecen nos parágrafos seguintes.

2.-Unha vez realizados os trámites sinalados nos parágrafos 1º e 2º do art. 10 do antedito decreto, os expedientes remitiránselle á Comisión da Avaliación para o seu informe, proposta de resolución e posterior elevación ante o órgano competente para resolver.

3.-Para os electos do disposto no parágrafo anterior a Comisión de Avaliación estará composta pola secretaría xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, que a presidirá, e serán vocais o xefe de Servicio de Cooperación, Estudios e Programas e a xefa de Servicio de Xestión económica, que actuará coma secretaria.

4.-A Comisión de Avaliación á hora de barema-las solicitudes terá en conta, entre outros, os seguintes criterios:

a) Aqueles que promovan unha cualificación das mulleres naquelas profesións nas que se atopan subrepresentadas, nas que a súa participación sexa nula ou escasa.

b) A existencia de compromiso de contratación.

c) A impartición de accións formativas en exercicios anteriores cun grao de cumprimento, calidade de formación impartida e de colocación de alumnas satisfactoria a xuízo do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

d) A inclusión dunha fase de prácticas profesionais non laborais, adecuada ós coñecementos impartidos.

e) A inclusión de módudos de orientación e información profesional, contendo información sobre as posibilidades de emprego abertas para a formación recibida e orientación sobre as técnicas de busca de emprego, posibilidades de autoemprego e fórmulas de economía social.

f) A realización, acreditada, de actuacións previas tendentes a detecta-las necesidades de formación entre as empresas co fin de acada-la promoción ou inserción laboral das alumnas no mercado de traballo.

g) As accións que se leven a cabo en comarcas que teñan actuacións especiais en desenvolvemento do Plan de Comarcalización.

h) A realización de accións dirixidas ós colectivos máis desfavorecidos no emprego.

i) A poboación e o número de desempregados do territorio para o que se solicitan os cursos.

j) A existencia doutros recursos formativos na zona.

Artigo 12. RESOLUCIÓN

1.-A resolución dos expedientes de axudas, logo do informe da Comisión de Avaliación, de cubri-lo trámite de audiencia cando proceda, e fiscalizada a proposta pola respectiva intervención, corresponderalle á directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

2.-A resolución dos expediente deberase producir no prazo de catro meses contados a partir do día seguinte ó de remate do prazo para a presentación das solicitudes. Transcorrido o devandito prazo sen que recaese resolución expresa, esta entenderase desestimatoria.

3.-Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, e con carácter excepcional, poderanse efectuar resolucións complementarias fóra do prazo establecido cando non fose posible efectualas dentro del, cando existisen fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas.

Artigo 13. OBRIGAS

Ademais das abrigas establecidas no art. 14 do Decreto 52/1994 do 4 de marzo, e no art. 11 do R.d. 631/1993, do 3 de maio, os beneficiarios das axudas deberán:

a) Cando se trate de entidades con ánimo de lucro

acreditar, con independencia da súa contía e antes de proceder ó cobramento das subvencións, que están ó día nas súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Remitirlle, dentro dos 7 días anteriores ó comezo dos cursos, ó Servicio de Cooperación, Estudios e Programas do SEGAPIHON, o programa docente completo, estructurado por módulos, indicando o tempo en horas de cada un deles, así como os seus contidos teórico-prácticos. Deberán remitirse, así mesmo as datas de inicio dos cursos, de clausura e o horario así como o profesorado cando non coincida coas sinaladas na solicitude, así como o resultado da selección das alumnas.

Toda esta documentación será devolta polo SEGAPIHON co visto e prace do xefe de servicio de cooperación, estudios e programas e deberá expoñerse no taboleiro de anuncios do centro. Calquera modificación posterior destas circunstancias deberá ser autorizado previamente polo Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

c) Remitir, no prazo de 10 días a partir do inicio dos cursos, as fichas do Sistema Informático de Formación Ocupacional (SIFO) así como unha relación das alumnas que teñan dereito á bolsa ou ás axudas previstas no art. 8.4, así como da documentación xustificativa de se atoparen nos supostos de concesión.

d) Aboarlles ás alumnas que tivesen dereito a algunha das axudas previstas no artigo 8.4, así como ós profesores, a súa remuneración, o importe delas, aínda que non percibisen o 80 por 100 da axuda en concepto de anticipo.

e) Realizar un informe da situción laboral dos alumnos formados, unha vez transcurridos 6 meses e un ano desde a finalización do curso, co fin de coñece-la súa porcentaxe de colocación.

f) Someterse ás actuacións de supervisión e control que en calquera momento, poidan acorda-los órganos competentes do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, tanto no relativo ó desenvolvemento da acción formativa coma á súa xestión e tramitación administrativa e documental.

g) Contratar un seguro de accidentes dos alumnos polos riscos que inclúan os de traxecto ó lugar de impartición das clases prácticas e contraéndose estrictamente na súa duración ó período do curso ou das prácticas non laborais en empresas.

h) Realizar unha memoria descritiva dos cursos unha vez finalizados estas.

Artigo 14. PAGAMENTO

O aboamento da subvención tarase efectivo da forma seguinte:

a) Ata un 80% do total do orzamento de gastos, en concepto de anticipo, unha vez deducido, se procede, o importe correspondente ás bolsas e ás axudas por desprazamento e/ou manutención daquelas alumnas que non teñan dereito a ela, no momento

no que o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller reciba comunicación da entidade impartidora notificando o inicio das actividades, así como a documentación sinalada nas alíneas a) e c) do artigo anterior.

b) O resto, unha vez rematada a acción formativa e recibida a certificación, en modelo normalizado, do responsable da entidade por conceptos orzamentarios dos gastos realmente efectuados.

Disposicións adicionais

Primeira

A concesión das subvencións recollidas na presente orde estará supeditada á existencia de crédito orzamentario.

Segunda

Se por calquera causa, no momento no que a Comisión de Avaliación teña que examina-las solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído polo funcionario que para o efecto designe a directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, e, sempre que sexa posible, o nomeamento deberá recaer noutro funcionario do mesmo servicio có substituído.

Terceira

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude poderá financia-la elaboración do diagnóstico de necesidades e de plans de formación ocupacional e de reciclaxe profesional naqueles sectores productivos que coide oportuno, nos ámbitos local, comarcal e autonómico.

Disposicións derradeiras

Primeira

Autorízase a directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, no ámbito das súas competencias, para dicta-las resolucións e intruccións necesarias para o desenvolvemento e execución da presente disposición.

Segunda

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1995.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude