Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.588

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 126/1995, do 20 de abril, polo que se modifica parcialmente o Decreto 195/1984, do 27 de decembro, polo que se determinan os nomes oficiais dos concellos de Galicia que se relacionan.

Nos anos 1984 e 1985 varios decretos determinaron os nomes oficiais dos concellos de Galicia.

O traballo de campo e a documentación utilizados pola Comisión de Toponimia ó longo destes anos aportaron datos que aconsellaron á comisión, na súa sesión plenaria do vintenove de marzo de mil novecentos noventa e cinco, revisa-lo dictame referido a algúns dos concellos, publicados no Decreto 195/1984, do 27 de decembro (DOG do 5 de febreiro de 1985).

Por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de abril de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o Decreto 195/1984, do 27 de decembro, polo que se determinan os nomes oficiais dos concellos de Galicia que se relacionan, no sentido seguinte:

PROVINCIA DA CORUÑA.

Onde dicía: «Somozas», debe dicir: «Somozas, As».

PROVINCIA DE OURENSE.

Onde dicía: «Arnoia; Carballeda; Pereiro de Aguiar; Río», debe dicir: «Arnoia, A; Carballeda de Valdeorras; Pereiro de Aguiar, O; San Xoán de Río».

PROVINCIA DE PONTEVEDRA.

Onde dicía: «Fornelos», debe dicir: «Fornelos de Montes».

Disposición adicional

Do establecido no presente decreto e do seu anexo darase conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira.

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública