O Decreto 191/1985, do 1 de agosto, determinou os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos: A Pontenova (Lugo), Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambia e Xunqueira de Espadanedo (Ourense).
O traballo de campo e a documentación utilizados pola Comisión de Toponimia ó longo destes anos aportaron datos que aconsellaron á comisión, na súa sesión plenaria do vintenove de marzo de mil novecentos noventa e cinco, revisa-lo dictame referido a unha parroquia do concello de Vilar de Barrio, publicada no Decreto 191/1985, do 1 de agosto (DOG do 27 de setembro de 1985).
Por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de abril de mil noventos noventa e cinco,
DISPOÑO:
Artigo único.-Modifícase o Decreto 191/1985, do 1 de agosto, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias que se relacionan, no sentido seguinte:
No concello de Vilar de Barrio, onde dicía: Alberguería (Santa María), debe dicir: Alberguería, A (Santa María).
Disposición adicional
Do establecido no presente decreto e do seu anexo darase conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.
Disposición derradeira
Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte de abril de mil novecentos noventa e cinco.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública