Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.588

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 128/1995, do 20 de abril, polo que se modifica parcialmente o Decreto 232/1985, do 31 de outubro, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias que se relacionan.

O Decreto 232/1985, do 31 de outubro, determinou os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos: Baltar, Bande, Barbadás, Os Blancos, Cal

vos de Randín, Castrelo do Val, Coles, Cualedro, Chandrexa de Queixa e Entrimo (Ourense).

O traballo de campo e a documentación utilizados pola Comisión de Toponimia ó longo destes anos aportaron datos que aconsellaron á comisión, na súa sesión plenaria do vintenove de marzo de mil novecentos noventa e cinco, revisa-lo dictame referido a unha parroquia do concello de Calvos de Randín, publicadas no Decreto 232/1985, do 31 de outubro (DOG do 14 de novembro de 1985).

Por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de abril de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o Decreto 232/1985, do 31 de outubro, polo que se determinan os nomes oficiais das parroquias que se relacionan, no sentido seguinte:

No concello de Calvos de Randín, onde dicía: Rubiás dos Mistos (Santiago), debe dicir: Rubiás dos Mixtos (Santiago).

Disposición adicional

Do establecido no presente decreto e do seu anexo darase conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública