Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.595

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se fan públicas as listas de solicitantes admitidos e excluídos para a concesión de bolsas de especialización de técnicos especialistas en formación profesional de segundo grao.

Rematado o prazo para a presentación de solicitudes de bolsas de especialización de técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao, convocadas por orde da Consellería de Pesca, Maris

queo e Acuicultura do 24 de xaneiro de 1995 (DOG do 20 de marzo), e revisadas tódalas solicitudes recibidas procede, de conformidade coa base quinta.4 da citada convocatoria, publica-las listas de solicitantes admitidos e excluídos.

En consecuencia, esta dirección resolve:

Primeiro. Facer pública a relación de solicitantes admitidos e excluídos para a concesión de bolsas de especialización de técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao. As devanditas listas estarán expostas nos taboleiros da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e nas súas delegacións territoriais e delegacións comarcais.

Segundo. Contra esta resolución poderase formular reclamación, para emendar erros e faltas de documentación, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A reclamación presentarase no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da devandita lei.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1995.

Ana Mª Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira

e Investigación