Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.596

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Citroën Hispania, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Citröen Hispania, S.A., situada na provincia de Pontevedra que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-3-1995, subscrito en representación

da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social pola delegación da sección sindical de Sindicato Independiente de Trabajadores de Citröen en Pontevedra (SITC) o 20-3-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, trinta de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

CONVENIO COLECTIVO 1995

TÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS.

Artigo 1º.-Partes contratantes.

O presente convenio colectivo foi negociado e subscrito pola empresa Citroën Hispania, S.A. e o Sindicato Independiente de Trabajadores de Citroën en Pontevedra (SITC), recoñecéndose como interlocutores válidos para os efectos do artigo 87.1º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, co ámbito territorial e persoal que máis abaixo se indica.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, o ámbito territorial do convenio e o dos centros de traballo da empresa Citroën Hispania, S.A., existentes na actualidade na provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a totalidade do persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa coas excepcións que a normativa vixente prevé.

Con respecto ó persoal con contrato de duración determinada, seralle de aplicación o presente convenio colectivo, agás naqueles aspectos del que colisionen coa temporalidade dos ditos contratos.

Artigo 4º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, sen prexuízo do cal as condicións económicas aplicaranse a partir do 1 de xaneiro de 1995, a excepción daqueles aspectos do articulado que conteñen vixencias concretas.

Terá unha vixencia de un ano, expirando o 31 de decembro de 1995 ou, se é o caso, naquelas datas nas que así se indique expresamente.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

Este convenio prorrogarase pola tácita de ano en ano, de non mediar denuncia expresa por escrito dunha parte perante a outra, con tres meses de antelación ó seu vencemento.

Artigo 6º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles ata onde alcancen cos aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro, sempre que en cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 7º.-Comisión paritaria do convenio.

En cumprrimento do disposto no artigo 85.2º e) da Lei 8/1980, do 10 de marzo, a partir da entrada en vigor deste convenio, crearase unha comisión paritaria para a interpretación do convenido, integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa, e catro vocais e catro suplentes, membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa.

As reunións desta comisión celebraranse cada tres meses, agás apreciación de urxencia dalgunha das representacións. Entre a solicitude de reunión e a súa celebración mediará un prazo de 48 horas como mínimo.

Consideraranse como acordos da comisión aqueles que fosen aprobados por maioría dentro das dúas partes; as discrepancias serán reflectidas na acta. No caso de non haber acordo, farase que reflicta as diferencias. En ámbolos dous casos, o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección, resolverá o que considere procedente no prazo de oito días e noficarállelo a aqueles, por se deciden acudir coa súa reclamación ante a instancia competente.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

TÍTULO II. PERSOAL.

Artigo 8º.-Cadros de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de marzo de cada ano un rexistro do persoal ó servicio dela, ordenado polo seu número e facendo consta-los

seguintes datos: nome e número do traballador, data de antigüidade na empresa, categoría laboral e a súa antigüidade nela, e servicio no que traballa. Así mesmo, cando algún traballador motivadamente o requira, expediráselle un documento expresando a profesión ou oficio e funcións que desempeñou durante a súa permanencia na empresa.

Unha copia deste rexistro seralles entregada ós representantes legais dos traballadores xunto cun anexo no que figurará un resumo do número de compoñentes de cada categoría.

Estes datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores o 1 de xaneiro de cada ano de publicación do rexistro.

Respecto ás bases de cotización á Seguridade Social, observarase o disposto na normativa legal vixente.

Artigo 9º.-Persoal de novo ingreso (período de proba).

A) Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, debendo quedar no seu poder unha copia del.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso, serán os seguintes:

Técnicos titulados: 6 meses

Técnicos non titulados: 2 meses

Administrativos: 1 mes

Subalternos: 1 mes

Aprendices e profesionais de oficio: 1 mes

Peóns e especialistas: 2 semanas

As contratacións baixo a modalidade de «contrato en prácticas» terán un período de proba mínimo de dous meses.

B) Citroën Hispania, S.A. entregaralle á representación legal dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que deban celebrarse por escrito, a excepción dos contratos de relación laboral especial de alta dirección sobre os que se establece o deber de notificación á representación legal dos traballadores.

Co fin de comproba-la adecuación do contido do contrato á legalidade vixente, esta copia básica conterá tódolos datos do contrato a excepción do número do documento nacional de identidade, o domicilio, o estado civil e calquera outro que, de acordo coa Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, puidese afecta-la intimidade persoal.

A copia básica entregaráselles nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato, ós representantes legais dos traballadores, os que a asinarán para efectos de acreditar que se produciu a entrega. Posteriormente, a dita copia básica enviaráselle á Oficina de Emprego.

Nos contratos suxeitos á obriga de rexistro no INEM a copia básica remitirase, xunto co contrato, á Oficina de Emprego. Nos restantes supostos remitirase exclusivamente a copia básica.

Citroën Hispania, S.A. noficaralles ós representantes legais dos traballadores as prórrogas dos contratos de traballo dos que a súa copia básica foi entregada, así como as denuncias correspondentes a eles, no prazo dos dez días seguintes a que teña lugar.

Os representantes legais dos traballadores deberán recibir, polo menos trimestralmente, información acerca das previsións da empresa sobre celebración de novos contratos, indicando o número destes e das modalidades e tipos de contratos que serán utilizados, así como dos supostos de subcontratación.

Os representantes legais dos traballadores observarán sixilo profesional e non poderán utiliza-la dita documentación para fins distintos dos que motivaron o seu coñecemento.

Citroën Hispania, S.A., con ocasión da extinción do contrato, ó comunicarlles ós traballadores a denuncia ou, se é o caso, o preaviso da súa extinción, deberá xuntar unha proposta do documento de liquidación das cantidades que se deben.

O traballador poderá solicita-la presencia dun representante legal dos traballadores no momento de proceder á sinatura do recibo do finiquito, facéndose constar nel o feito da súa sinatura en presencia dun representante legal dos traballadores, ou ben que o traballador non fixo uso desta posibilidade. Se a empresa impedise a presencia do representante no momento da sinatura, o traballador poderá facelo constar no propio recibo, para os efectos oportunos.

Calquera modificación que puidese experimenta-la Lei 2/1991, suporía a conseguinte adaptación do texto do presente apartado en idéntico sentido.

Artigo 10º.-Categorías.

O persoal de Citroën Hispania, S.A. estará encadrado nas categorías profesionais que determina a Ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e de conformidade coas definicións que figuran nos seus anexos. Á parte das diferentes categorías existentes na actualidade na empresa, esta poderá crear outras que supoñan unha adaptación ás súas propias características.

Artigo 11º.-Postos especiais do persoal horario.

Aínda dentro dunha determinada categoría existen postos de traballo de diferente valor que son retribuídos de maneira distinta, mediante a prima de cualificación de posto. Nos casos especiais en que aínda non é tecnicamente posible a medición do traballo e a aplicación dun incentivo directo, cunha prima de cualificación de posto, como son os regradores especialistas e os xefes de equipo especialistas, a empresa manterá as primas fixas de cualificación de posto actualmente establecidas e que de acordo coas posibilidades dos servicios técnicos irán sendo substituídas polos sistemas de incentivos.

En calquera caso e para un mesmo posto e un mesmo rendemento, a retribución que no seu día resulte destes incentivos non deberá ser inferior á que globalmente se veña percibindo coas primas fixas de cualificación de posto.

Artigo 12º.-Xefes de equipo especialistas.

Dentro dos postos especiais citados no artigo anterior, defínese este como o do traballador que, coa categoría de especialista, asume o control de traballo, dun grupo de especialistas ou peóns, baixo as ordes dun superior xerárquico, debendo estar en condicións de efectua-los traballos manuais por suplencia do persoal ó seu cargo, ou cando as circunstancias o requiran.

Neste caso, cando un traballador desempeña tales funcións durante un período de un ano consecutivo ou durante tres alternos, se logo cesa na súa función, manteráselle, con carácter de mínima, a prima de cualificación establecida para o dito posto, ata que polo seu ascenso a superior categoría quede superada.

Artigo 13º.-Traslados.

A) Traslados interiores.

A empresa poderá efectua-los traslados interiores que sexan necesarios por razóns organizativas de traballo, se ben procurará, dentro do posible, atende-las peticións de traslado a outros postos de traballo que sexan solicitados polo persoal do cadro.

Cando por razóns organizativas sexa necesario trasladar persoal dalgúns talleres a liñas de montaxe, terminación, pintura, fosfatación e embutición (grandes e pequenas prensas), farase por orde de antigüidade na empresa entre o persoal daqueles talleres, empezando polos de menor antigüidade. Se o traballador, ó que pola súa antigüidade lle corresponde ser trasladado, estivo xa nalgún destes talleres por un período mínimo de dous anos, ou ten limitacións determinadas polo Servicio Médico da empresa que lle impidan o traballo nos ditos talleres, o traslado efectuarase na persoa que o siga en antigüidade. Quedan á marxe desta norma os especialistas cualificados e profesionais.

Os traballadores especialistas que ocupen postos de traballo tóxicos, de liña de montaxe de vehículos ou de grandes prensas, serán trasladados, por petición propia, a outros postos que non presenten estas características e reemprazados por persoal de novo ingreso, sempre que se produza contratación exterior, de acordo coas seguintes normas:

1. Levar máis de tres anos nun dos ditos postos.

2. A orde de preferencia para o traslado será:

a) Postos tóxicos

b) Liña de montaxe de vehículos ou grandes prensas

3. Dentro de cada grupo daráselle preferencia á maior antigüidade no posto.

Por razóns organizativas, o número máximo de traslados por este último motivo quedará limitado a vinte cambios mensuais, dos que catro serán de postos tóxicos, e, dezaseis dos restantes postos.

En tódolos traslados a que fai referencia o presente apartado A), teranse en conta as aptitudes que sexan necesarias para o bo desempeño do posto.

B) Traslados a outros centros de traballo.

Haberá que aterse á normativa legal vixente, excepto que a empresa non fará uso do dereito de sanciona-las faltas moi graves co traslado forzoso a distinto centro de traballo que supoña cambio de domicilio.

C) Traslados especiais

O 31 de decembro de 1995 ningún especialista pintor de cabinas de revestimentos terá máis de 5 anos de antigüidade no posto. Todos aqueles pintores de cabinas de revestimentos que pola expresada circunstancia fosen trasladados a outros postos, transcorridos polos menos tres anos, poderían ser novamente destinados a aquela actividades por un período non superior a dous anos. O indicado anteriormente non rexerá para aqueles traballadores que voluntariamente acepten a permanencia nos ditos postos.

Durante 1995 efectuarase a substitución de polo menos o 20% dos traballadores do taller de aplicación de insonorizante (I.S.S.), non contabilizándose para tal porcentaxe o cadro de traballadores con permanencia voluntaria en tales postos.

Así mesmo, no taller de aplicación de tecty1 e durante 1995 manterase o criterio de substitución daqueles traballadores a unha permanencia efectiva no posto que supere os dezaoito meses.

Artigo 14º.-Ascensos.

A) Ascenso automático a categoría superior.

Para as categorías que se indican a seguir, os traballadores ascenderán automaticamente cando leven nelas os seguintes períodos de tempo:

-Auxiliar de organización a técnico de organización de segunda, un ano.

-Calcador ou auxiliar delineante a delineante de segunda, un ano.

-Auxiliar administrativo a oficial de segunda administrativo, un ano.

-Auxiliar de laboratorio a analista de segunda, un ano.

-Dependente auxiliar a dependente, un ano.

B) Existindo vacantes por baixas de persoal no cadro de persoal.

A empresa convocará concursos que permitan clasifica-lo persoal para cubrir por ascenso o 100% das vacantes producidas por baixas de persoal, agás que a vacante sexa amortizada ou poida ser cuberta por un traballador excedente de igual categoría.

C) Existindo vacantes por aumento do cadro de persoal.

As vacantes que se produzan por este motivo, cubriranse nun 50% por concurso e nun 50% por libre designación da empresa. Se non puidesen ser cubertas as vacantes por este sistema de promoción

interna, a empresa recorrerá á contratación.

D) Xunta de Control de Cualificación.

Para os concursos previstos nas letras B) e C) constituirase unha Xunta de Control composta por:

-1 representante do Servicio de Formación.

-1 membro do comité de empresa da mesma especialidade e categoría, se existise; de non ser así, da especialidade e categoría máis similar.

-1 membro do comité de empresa da categoría superior ou similar no caso de non existir aquel.

-1 representante do servicio onde se produza a vacante.

As probas dos concursos serán teórico-prácticas e consistirán nun exame das aptitudes profesionais.

No caso de igual puntuación, daráselle prioridade á maior antigüidade do traballador na súa categoría.

Para cada concurso a empresa confeccionará un programa e un baremo de puntuación, oída a Xunta de Control de Cualificación. O programa permitiralles prepararse ós traballadores, ben asistindo ós cursos internos, se os houber, ben por preparación libre. A convocatoria para realiza-las probas farase pública, polo menos, cunha antelación de 30 días.

Poderán presentarse ós concursos para cubrir prazas nos grupos obreiro, administrativo e técnico, nas súas diversas categorías, os traballadores que teñan unha antigüidade mínima de doce meses na categoría inferior correspondente ós postos que se van cubrir dentro do grupo profesional respectivo.

Unha vez cualificadas as probas profesionais polo Servicio de Formación, someteranse á Xunta de Control de Cualificación para a súa verificación. Dentro da Xunta de Control, o Servicio de Formación ostentará o voto de calidade.

No caso de que ningún candidato fose considerado apto nos concursos convocados, corresponderalle á empresa cubri-la dita vacante.

E) Exceptúanse do réxime de ascensos especificado nos apartados B) e C) na súa totalidade, os ascensos a xefes de 1ª e 2ª a administrativos e de organización e, en xeral, os ascensos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas e os postos de confianza da empresa, así como o ascenso de peón a especialista.

F) Para os efectos establecidos nos apartados B) e C), o cadro de persoal que hai que considerar será o existente en profesionais, técnicos ou administrativos, no momento de producirse vacantes por variación de cadro de persoal.

TÍTULO III.RÉXIME DE TRABALLO.

Artigo 15º.-Xornada laboral.

Establécese que a xornada será a mesma en horas efectivas de traballo en cómputo anual para todo o persoal.

O número de horas efectivas de traballo en cómputo anual será de mil setecentas cincuenta e dúas horas,

non entrando no cálculo deste cómputo ningún tipo de descanso (mesmo os retribuídos).

O persoal a quendas disporá dun día de permiso ou a parte proporcional correspondente se traballase neste réxime por período inferior a un ano, retribuído segundo o artigo 17, que desfrutará individualmente na data que desexe se as necesidades do servicio o permiten.

Non obstante o anterior, a empresa, en función das súas necesidades organizativas ou productivas, terá a facultade de establece-lo desfrute colectivo do dito día con ocasión da confección do calendario laboral de cada ano.

Para efectos de xornada máxima legal semanal realizarase o cálculo correspondente tomando en consideración o cómputo anual. Ámbolos contratantes acordan que a xornada pactada, o calendario laboral e horarios vixentes son aplicación da Lei 4/1983.

Cando o persoal a quendas traballe unha xornada durante a cal non lle corresponda traballar ó de quenda central, nos servicios e talleres destes últimos estableceranse, a criterio dos correspondentes responsables, reténs de asistencia segundo as necesidades que eles aprecien. Ós afectados por estes reténs compensaráselle-las horas traballadas coas do día da semana que elixan, de acordo coas necesidades do servicio.

Artigo 16º.-Vacacións.

O período de vacacións será de trinta días naturais.

Artigo 17º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración polo tempo e os motivos que máis abaixo se indican. A remuneración á que aquí se fai referencia consistirá en salario convenio e antigüidade, engadíndose para o persoal horario a prima de producción correspondente ós días ou horas de licencia coincidentes con xornadas laborais.

Casamento: 15 días naturais.

Nacemento de fillo: 3 días laborais, que se poderán desfrutar dentro dos sete días seguintes ó nacemento. No caso de necesidade de desprazamento será 4 días.

Falecemento:

-De pais, fillos e cónxuxe do traballador: 5 días naturais.

-De avós, netos e irmáns do traballador: 3 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 3 días naturais.

-De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 3 días naturais.

-De tíos (irmáns dos pais do traballador ou do seu cónxuxe): 1 día natural.

Se existe necesidade de desprazamento nestes catro últimos casos, corresponderá un día natural máis.

Enfermidade grave:

-De pais, fillos, cónxuxe do traballador: ata 3 días naturais (valorando circunstancias en cada caso). En caso de necesidade de desprazamento, corresponderá un día máis.

-De avós, netos e irmáns do traballador: 2 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

-De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 2 días naturais.

Se existe necesidade de desprazamento nestes tres últimos casos, corresponderán dous días naturais máis.

Casamento: de pais, fillos, irmáns e netos: 1 día natural.

Traslado de domicilio habitual: 1 día natural.

Cumprimento de deber público, polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal con posterior xustificación.

Artigo 18º.-Excedencias.

As excedencias concederanse de acordo co establecido na Ordenanza laboral siderometalúrxica e no Estatuto dos traballadores.

A empresa admitirá o excedente nun prazo de quince días a partir da data na que expire a súa excedencia, sempre que o solicitase dentro do prazo regulamentario e que se encontre en condicións de aptitude para o seu traballo habitual.

Ó serlle concedida a excedencia daráselle ó traballador un certificado do Servicio Médico da empresa no que consten as súas condicións de aptitude ou limitacións para o traballo, sempre que aquel o solicite.

Se un traballador, transcorrido como mínimo o 75% do tempo de excedencia concedido, solicitase o seu reingreso, admitirase a súa solicitude para a primeira vacante que exista na súa categoría.

O comité de empresa poderá reclamar que se lle dea coñecemento dos rexeitamentos que se producisen na solicitude de reingreso dos excedentes.

Artigo 19º.-Xubilación.

Co fin de propicia-la consolidación da empresa e os seus postos de traballo, así como a eventual posibilidade de creación de novos empregos, establécese a xubilación obrigatoria á idade de 65 anos, tendo en conta que os traballadores da empresa, en xeral, alcanzan a esa idade as condicións para causar dereito á pensión de xubilación co 100% da base reguladora.

En consecuencia, cumpridos os 65 anos, o traballador causará baixa no cadro de persoal da empresa, agás que non reúna o tempo mínimo de carencia para causar dereito á pensión de xubilación, neste caso poderá continuar traballando polo tempo indispensable para iso.

TÍTULO IV. RÉXIME DE RETRIBUCIÓNS.

A) Tempos e rendementos.

Artigo 20º.-Tempos.

Os tempos serán determinados polos procedementos de cronometraxe e valoración empregados ata a data polos servicios técnicos da empresa, podendo ser estimados, provisionais e definitivos. Ó poñerse en marcha unha nova operación ou unha modificación de posto e ata que sexa posible realiza-la primeira cronometraxe, aplicaranse tempos estimados, que serán obtidos por apreciación.

Consideraranse como tempos provisionais os obtidos na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado, que se producirá inmediatamente que os servicios técnicos consideren dunha garantía mínima a estabilización do método e a práctica do operador.

Consideraranse tempos definitivos os asignados a cada traballo na segunda cronometraxe, que se realizará en canto as condicións mecánicas e operatorias se encontren totalmente estabilizadas, non debendo normalmente producirse despois de seis meses da primeira cronometraxe para os postos individuais, nin de doce para as liñas e traballos colectivos.

Artigo 21º.-Revisión dos tempos.

Os tempos definitivos non poderán ser modificados excepto nos casos seguintes:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operatorio, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise do posto.

d) Por erros de cálculo comprobables nas gammas e follas de análise.

e) Nos postos considerados como de tempos variables por circunstancias alleas a eles, como retoque de chapa por transporte, recuperación de pezas porosas, etc., os tempos serán revisados periódica e sistematicamente sen alcanzar nunca a consideración de definitivos.

Nos casos de discrepancia individual haberá que aterse ó que se establece no artigo 10 da Ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica.

Artigo 22º.-Aplicación dos tempos.

A empresa adoptará o sistema de prima individual en tódolos casos nos que sexa tecnicamente posible e mentres a organización de traballo non aconselle o contrario.

Cando un traballador deba pasar dun posto productivo a outro productivo non parecido, facilitaráselle que no novo posto consiga o seu kb habitual mediante as «compensacións de aprendizaxe».

Se traballa a prima individual, a compensación de aprendizaxe consistirá en aboarlle o primeiro mes

ó valor do kb obtido nas últimas tres semanas, sen excede-lo kb medio obtido nos dous últimos meses no posto anterior.

Esta compensación, que terá unha duración máxima de un mes, deixará de facerse se o traballador non mellora diariamente o seu kb. Se o cambio se produciu despois dos dez primeiros días laborables do mes ou dura menos de unha semana, impedíndolle chegar a un kb razoable, pagaráselle todo o mes o kb proporcional que resultaría de seguir, en todo el, o mesmo progreso observado nos días de aprendizaxe.

Se traballa en grupos colectivos, cobrará o kb que obteña o grupo e para que o dito kb non baixe con motivo da falta de práctica do novo traballador, emitiránselle a este «solicitudes de crédito de aprendizaxe» diarias, en función das horas doutros traballadores productivos que haxa que empregar para complementa-lo posto do novo traballador.

Estas «solicitudes» seranlle aboadas, así mesmo, ó kb medio que obteña o grupo ata un máximo de vinte horas para cambio de posto dentro dun mesmo grupo ou cando xa traballase no dito grupo, e, ata un máximo de corenta horas, nos demais casos.

Proporcionaráselle a todo traballador, se o solicita, o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-la súa prima, e nas liñas, o das operacións asignadas ó dito traballador, especificado por operacións, así como o programa de producción por modelos.

Artigo 23º.-Rendementos.

Establécese que o rendemento mínimo será o chamado kb= 0,75, equivalente a 45 minutos hora, para efectos do disposto no Decreto do 17 de agosto de 1973, de ordenación do salario e Orde do 22 de novembro de 1973, así como para os efectos disciplinarios oportunos.

Establécese como rendemento normal ou habitual do traballador, para efectos do preceptuado no artigo 54.2º, apartado e) do Estatuto dos traballadores, o que este viñese obtendo en precedentes períodos de tempo, podéndose considerar como período para determina-lo dito rendemento normal un mínimo de un mes e un máximo de un ano. Cando non existe medio de comparación propio dun posto de traballo, considerarase como rendemento normal o que obtivesen outros traballadores no mesmo posto ou similar.

O período de tempo para determinar que existe continuidade no baixo rendemento a que se refire o dito artigo 54.2º, apartado e) do Estatuto dos traballadores, será diferente segundo se trate dun traballador ou ben afecte a un grupo de traballadores, máxime se como consecuencia disto se derivase escándalo ou se producise indisciplina ou incitación a outros traballadores a secundar tal actitude.

No que se refire a traballadores que ocupan postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario para considerar continuidade suficiente no baixo rendemento, que este se producise no período de un mes despois de ser apercibido.

Artigo 24º.-Comisión paritaria de tempos.

Constitúese unha comisión paritaria de tempos integrada por un representante de cada sindicato con presencia no comité de empresa, que deberá reuni-la calidade de integrante de tal órgano ou delegado sindical, e outros tantos representantes da empresa, uns e outros cos seus respectivos suplentes.

As discrepancias que ó respecto xurdan deberán ser sometidas necesariamente ó estudio da comisión. Esta reunirase unha vez ó mes e, excepcionalmente, cando por maioría se aprecie a urxencia dun problema. As horas de tales reunións non serán computables dentro das do crédito sindical.

Ós compoñentes da dita comisión impartiránselles, se se xulga preciso, sesións formativas de introducción no sistema de cronometraxe.

ANEXO Ó APARTADO A

TEMPOS E RENDEMENTOS

1. A velocidade das liñas de montaxe non se variará dentro dun mesmo reparto.

2. En canto á información sobre os repartos (operacións que se van realizar e tempo delas), que poderá ser escrita ou verbal, e como ampliación ó indicado ó respecto no artigo 22-Aplicación dos tempos, facilitarase:

* Número de vehículos previstos para producir por xornada dentro de cada período.

* Composición por modelos, prevista en cada liña.

* En canto ás opcións importantes, sexan estas pola súa cantidade ou polo tempo de realización, dado que afectan un número reducido de traballadores, informarase verbalmente delas ós afectados.

3. Así mesmo, e con independencia de seren oídos, os representantes dos traballadores en tódolos casos que consideren que existe unha non correcta aplicación de tempos e rendementos, estes temas deberán ser tratados pola comisión paritaria de tempos.

4. En xeral, nos aspectos de información sobre cambios de reparto ou cambios de programación substanciais, afondarase no sentido de que exista unha maior comunicación e información nos talleres afectados.

B) Condicións económicas.

Artigo 25º.-Retribución do persoal horario.

Componse de salario convenio, prima de producción (nos casos establecidos) e prima de cualificación de posto (nos casos establecidos).

As táboas contidas nos artigos 26 e do 29 ó 33 deste mesmo texto, increméntanse nun 3,5% sobre os valores existentes ó 31-12-1994.

Artigo 26º.-Salario convenio.

O salario convenio que con carácter de mínimo lle corresponde a cada categoría, é o seguinte:

Aprendices:

301,51 ptas./hora.

2.412,08 ptas/día.

Peóns:

411,30 ptas./hora.

3.290,40 ptas./día.

Especialistas:

432,20 ptas./hora.

3.457,60 ptas./día.

Especialistas cualificados:

442,46 ptas./hora.

3.539,68 ptas./día.

Oficiais 3ª de oficio:

507,38 ptas./hora.

4.059,04 ptas./día.

Oficiais 2ª de oficio:

532,37 ptas./hora.

4.258,96 ptas./día.

Oficiais lª de oficio:

556,53 ptas./hora.

4.452,24 ptas./día.

Artigo 27º.-Homoxeneización das horas de pagamento dos conceptos fixos do persoal horario.

Co fin de homoxeneiza-lo número de horas sobre as que se aplican os conceptos salariais fixos (salario convenio e antigüidade), o total de horas/ano, polas que se aboan estes conceptos, distribúese uniformemente entre as 14 pagas anuais actuais.

En consecuencia, as horas a ter en conta para a homoxeneización no aboamento dos conceptos fixos en 1995, son:

Horas ordinarias ano: 2.680

Vacacións: 240

Pagas extras: 480

Total: 3.400

Media por paga: 242,86

As «diferencias de horas» ordinarias de conceptos fixos para aplicar en cada paga axustaranse á táboa seguinte:

Artigo 28º.-Primas de producción.

As primas de producción devengaranse e aplicaranse segundo o establecido no artigo 34º deste texto.

A información e o cálculo de rendemento (tiras de kb) realizarase mensualmente.

Artigo 29º.-Primas de producción directa.

O minuto producido terá un valor de 4,5205 ptas. ata 54 minutos/hora (kb = 0,90) e de 4,9130 ptas. para os minutos/hora que excedan de 54 ou, o que é o mesmo, aplicaranse as fórmulas seguintes:

-Ata kb 0,90 prima = 271,23 x kb ptas./hora

Desde kb 0,91 prima = (294,78 x kb) - 21,20 pts./hora.

Artigo 30º.-Primas de producción indirecta.

Pagaranse de acordo co coeficiente de rendemento obtido e mediante a aplicación da fórmula seguinte:

Prima en ptas./hora=(203,05 x Coef.) + 77,82.

Artigo 31º.-Primas de cualificación de posto de peóns e especialistas.

Devénganse sobre os tempos establecidos no artigo 34º e a partir, como é habitual, do rendemento kb=0,75, cos valores seguintes:

-10,0711 ptas./minuto producido.

-20,1242 ptas./minuto producido.

-30,2479 ptas./minuto producido.

-40,4777 ptas./minuto producido.

-50,6724 ptas./minuto producido.

-60,9357 ptas./minuto producido.

-71,1644 ptas./minuto producido.

-81,4255 ptas./minuto producido.

-91,6885 ptas./minuto producido.

A prima fixa de cualificación de posto establécese en:

-Para regradores especialistas87,18 ptas/hora.

-Para xefes de equipo especialistas 115,80 ptas./hora.

Artigo 32º.-Primas de postos non cronometrados.

A prima fixa para os postos non cronometrados, establécese nos seguintes valores:

-Aprendices174,48 ptas./hora.

-Peóns175,38 ptas./hora.

-Especialistas193,64 ptas./hora.

-Oficiais de 3ª216,10 ptas./hora.

-Oficiais de 2ª224,26 ptas./hora.

-Oficiais de 1ª230,88 ptas./hora.

Artigo 33º.-Prima de período de descanso.

O período de descanso (bocadillo) de persoal horario a quendas, retribuirase segundo a seguinte fórmula:

P = 271,23 x 0,60 = 162,74 ptas./hora

Artigo 34º.-Aplicación das primas de producción en persoal horario.

Aplicaranse sobre:

a) Tempos efectivos de traballo, co valor correspondente ó rendemento realizado individual ou colectivamente.

b) Tempos improductivos, ó valor mínimo garantido (kb=0,60).

c) Vacacións, 30 días ou a súa proporción.

d) Pagas extraordinarias de xullo e Nadal, 25 días ou a súa proporción.

e) Horas de licencias retribuídas, conforme o artigo 17º.

Para os apartados c), d) e e) aplicarase o valor medio das primas de producción obtidas nos tres últimos meses traballados.

Artigo 35º.-Homoxeneización das horas de pagamento das primas de producción.

Co fin de homoxeneiza-lo número de horas sobre as que se aplican as primas de producción, o total de horas/ano polas que se aboan as ditas primas, distribúese uniformemente entre as 14 pagas anuais actuais.

Para que a homoxeneización sexa uniforme tanto para o traballo a quendas como para que a quenda central, as horas correspondentes ó descanso por bocadillo, propio do persoal a quendas, non se toman en consideración para efectos do seu cómputo, como «diferencias de horas», aboándose segundo o artigo 33º.

En consecuencia, as horas a ter en conta para a homoxeneización no aboamento das primas de producción en 1995, son:

Artigo 36º.-Prima de puntualidade e asistencia.

É un complemento destinado a premia-la asiduidade e puntualidade ó traballo de todo o persoal.

A) Persoal horario.

Aplicarase sobre as horas ordinarias segundo a práctica habitual, fixándose o seu valor en 814 ptas./hora para tódalas categorías.

B) Persoal mensual.

Fíxase o seu valor en 11.800 ptas./ano para tódalas categorías.

As condicións xerais de aplicación da prima de puntualidade e asistencia son as seguintes:

-Considérase para estes efectos como tempo de traballo o así definido no Estatuto dos traballadores.

-Computarase e devengarase por meses naturais, con exclusión de pagas extras e vacacións.

-Cada falta de puntualidade ou asistencia ó traballo, considerada inxustificada, determinará a perda dun 25% da prima do mes correspondente.

-As ausencias ou faltas de puntualidade por IT (incapacidade temporal) ou permisos regulamentarios non supoñerán ningunha deducción.

Artigo 3º.-Prima de presencia.

Con obxecto de premia-la presencia continuada no traballo, establécese a prima de presencia para tódolos traballadores da empresa, con suxeición ós seguintes criterios:

1. A prima devengarase por meses naturais completos de alta no cadro de persoal.

2. O traballador que non tivese ausencia ó traballo durante o mes, percibirá unha prima de 3.278 ptas. por cada unha das doce mensualidades ordinarias que será aboada na nómina correspondente.

O persoal horario terá un complemento de 900 ptas./mes.

Non terán a consideración de ausencias para os efectos desta prima:

-As vacacións oficiais.

-Os permisos regulamentarios retribuídos.

-Os descansos derivados de recuperación voluntaria.

3. Para os traballadores a tempo parcial, a prima mensual calcúlase rateándoa conforme a xornada de traballo pactada.

Artigo 38º.-Prima por réxime de traballo a quendas.

Establécese un complemento salarial de posto de traballo aplicable ó persoal en réxime de traballo de quendas rotativas de mañá e tarde.

Devéngase sobre as horas efectivas de traballo e sobre o número de horas media de pagas extraordinarias regulamentarias e vacacións. O seu valor fixase en 5,31 ptas./hora, o que significa 11.888 ptas./ano en 1995.

Artigo 39º.-Traballos tóxicos, penosos ou perigosos.

Seguiranse os criterios da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica en canto á determinación dos postos de traballo que teñen dereito á bonificación por penosidade, toxicidade ou perigosidade, pero fixando a contía de 16,17 ptas./hora para todo o persoal afectado por este concepto.

Artigo 40º.-Antigüidade.

Mantense o criterio de trienios para todo o persoal que as normas regulamentadas recoñecen o dereito a percibi-la antigüidade e aboarase segundo os seguintes tipos:

-Persoal horario: 6,72 ptas./hora por trienio = 53,76 ptas./día

-Persoal mensual: 22.848 ptas./ano por trienio

O tope máximo que se considerará por este concepto será o de nove trienios.

O complemento por antigüidade devengarase a partir do 1 de xaneiro do ano no que se cumpra cada trienio se a data de vencemento é anterior ó 30 de xuño, e a partir do 1 de xullo do ano respectivo nos casos nos que o vencemento teña lugar no seu segundo semestre.

Artigo 41º.-Horas extraordinarias.

Cando as circunstancias técnicas e productivas así o esixan, a empresa poderá establece-la realización de horas extraordinarias estructurais ata os límites legais (80 horas por traballador e ano).

A posible realización deste tipo de horas extraordinarias estructurais será voluntaria e terá carácter xeral.

A empresa deberá comunicarlles ós traballadores afectados a necesidade de traballar en horas extraordinadas cunha antelación suficiente, e cando menos deberá efectuarse 24 horas antes do día no que se deban realizar, agás naqueles casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, neste caso considerarase obrigatoria a prestación.

O valor da hora extraordinaria será de 0,83 ptas. por cada 1.000 ptas. do salario anual nos conceptos: salario convenio, antigüidade e prima de producción, se é o caso, que individualmente correspondan.

Artigo 42º.-Gratificacións extraordinarias.

As pagas extraordinarias de xullo e Nadal serán aboadas a razón de unha mensualidade equivalente a 30 días cada unha delas, de conformidade co establecido nos artigos 27, 34 e 35, se é o caso.

A empresa aboarálle-las ditas pagas extraordinarias completas a tódolos traballadores que estivesen en situación de IT (incapacidade temporal) no semestre anterior, mentres subsista a obriga de lle cotizar á Seguridade Social, tomando como prima base a media dos tres últimos meses traballados.

Artigo 43º. Retribución do persoal mensual e táboa de retribucións mínimas.

A) Os soldos do persoal mensual serán incrementados nun 3,5% sobre os existentes ó 31-12-1994.

B) A táboa de retribucións mínimas para o persoal mensual, non obstante, increméntase nun 4%, quedando coas contías seguintes por categorías:

Grupo subalterno

Cabo de gardas2,518.383 ptas./ano.

Dependente principal2.312.301 ptas./ano.

Cociñeiro principal2.312.301 ptas./ano.

Vixilante2.157.742 ptas./ano.

Cociñeiro2.157.742 ptas./ano.

Almaceneiro2.071.871 ptas./ano.

Chofer2.071.871 ptas./ano.

Dependente2.071.871 ptas./ano.

Cociñeiro auxiliar1.968.831 ptas./ano.

Ordenanza1.968.831 ptas./ano.

Telefonista1.968.831 ptas./ano.

Dependente auxiliar1.934.486 ptas./ano.

Grupo administrativo

Xefe administrativo de 1ª3.136.767 ptas./ano.

Xefe administrativo de 2ª2.793.159 ptas./ano.

Oficial administrativo de 1ª2.518.383 ptas./ano.

Oficial administrativo de 2ª2.140.568 ptas./ano.

Auxiliar administrativo1.968.831 ptas./ano.

Grupo técnico

-Técnicos de taller:

Xefe de taller3.136.767 ptas./ano.

Mestre de taller2.896.199 ptas./ano.

Contramestre2.793.159 ptas./ano.

Encargado2.518.383 ptas./ano.

-Técnicos de oficina:

Delineante proxectista2.793.159 ptas./ano.

Delineante de 1ª2.518.383 ptas./ano.

Delineante de 2ª2.312.301 ptas./ano.

Auxiliar delineante2.106.218 ptas./ano.

Reproductor e arquiveiro de planos 1.968.831 ptas./ano.

-Técnicos de organización:

Xefe de organización de 1ª3.136.767 ptas./ano.

Xefe de organización de 2ª2.896.199 ptas./ano.

Técnico de organización de 1ª2.621.425 ptas./ano.

Técnico de organización de 2ª2.380.999 ptas./ano.

Auxiliar de organización2.157.742 ptas./ano.

-Técnico de laboratorio:

Xefe de laboratorio de 1ª3.136.767 ptas./ano.

Xefe de laboratorio de 2ª 2.793.159 ptas./ano.

Analista de 1ª2.518.383 Ptas./ano.

Analista de 2ª2.312.301 ptas./ano.

Auxiliar de laboratorio2.106.218 ptas./ano.

-Técnicos titulados:

Enxeñeiro2.955.937 ptas./ano.

Licenciado2.955.937 ptas./ano.

Axudante enxeñeiro2.955.937 ptas./ano.

Perito-enxeñeiro técnico2.482.974 ptas./ano.

Diplomado2.482.974 ptas./ano.

Graduado social2.482.974 ptas./ano.

Axudante técnico sanitario2.482.974 ptas./ano.

Asistente social2.482.974 ptas./ano.

Artigo 44º.-Revisión salarial.

Se a 31 de decembro de 1995 o IPC do dito ano superase o 3,5%, unha vez constatada de maneira que faga fe tal circunstancia polo Instituto Nacional de Estatística, procederase a unha revisión salarial consistente na elevación dos niveis salariais individuais existentes ó 31-12-1994, con efectos a partir do mes en que o IPC superase o dito 3,5% e a súa contía será o exceso entre o IPC real do conxunto de 1995 e o citado 35%. Os correspondentes novos niveis servirían de base para e negociación de salarios de 1996.

Artigo 45º.-Pagamento de nóminas e recibo de salarios.

A liquidación das nóminas de todo o persoal realizarase a finais do mes seguinte ó que correspondan, cubrindo a mensualidade de retraso cunha entrega diferida, por tempo indefinido, equivalente a unha mensualidade neta teórica, calculada cos valores e horarios do convenio colectivo vixente.

Como consecuencia do acordado no convenio colectivo para 1993 relativo ó cambio de pagamento quincenal a mensual no persoal horario, para aqueles traballadores que ingresasen con anterioridade ó mes de maio de 1993 a entrega diferida por tempo indefinido terá un valor equivalente a mes e medio.

Así mesmo, establécese como recibo individual de salarios o modelo actualmente vixente.

TÍTULO V. Previsión e política social

Artigo 46º.-Formación.

O desenvolvemento permanente da competencia e profesionalidade do conxunto do persoal, como elemento clave para afrontar adecuadamente o reto que supón a necesaria mellora continua da nosa competitividade, é un obxectivo fundamental dentro da estratexia xeral da empresa establecida no proxecto de empresa 2000.

O Plan de Formación 1995 responde ás necesidades de formación derivadas do obxectivo xeral descrito anteriormente e prevé unha programación da orde de 200.000 horas, abranguendo as diferentes áreas de formación:

-Automatismo e novas tecnoloxías.

-Organización e métodos.

-Calidade.

-Informática e microinformática.

-Management.

-Tecnoloxía do automóbil.

-Formación específica, de procesos productivos.

-Etc.

Este plan supón un custo superior ós 450 millóns de pesetas.

A selección para a asistencia ós diferentes cursos obedecerá a criterios obxectivos en función das finalidades sinaladas anteriormente.

Polo menos trimestralmente, a empresa facilitará información á comisión de seguimento sobre tódolos aspectos do Plan de Formación e a súa avaliación de resultados. A dita comisión de seguimento do Plan de Formación estará constituída por un representante de cada sindicato con presencia no comité de empresa e outros tantos representantes da empresa.

A comisión establecerá o seu propio calendario de reunións.

Todas aquelas accións do Plan de Formación susceptibles de seren subvencionadas e que cumpran os requisitos esixidos pola lexislación vixente en cada momento, serán obxecto dun proxecto formativo do que o comité de empresa será informado oportunamente.

Artigo 47º.-Bolsas de estudio.

A empresa concederá anualmente bolsas de estudio por un importe de 4.555.000 pesetas.

-30 de 25.000 ptas. para carreiras superiores.

-20 de 15.000 ptas. para carreiras medias.

-100 de 10.000 ptas. para estudios de formación profesional de 1º e 2º grao.

-490 de 5.000 ptas. para estudios de EXB, BUP e COU.

-11 de 5.000 ptas. para outros estudios.

Atenderanse, en primeiro lugar, as solicitudes para estudios propios do persoal, e, no caso de quedar bolsas de estudio sen conceder, estas serán aplicadas ós fillos dos traballadores.

Para percibi-lo importe das bolsas de estudio será imprescindible presenta-lo resgardo de matrícula e factura dos libros e material de ensino para os estudios indicados.

Durante 1995 crearase unha comisión paritaria para a concesión das bolsas de estudio. A dita comisión estará integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa, e catro vocais titulares e catro suplentes membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Artigo 48º.-Seguro de viaxes.

A empresa manterá os seguros de accidentes que actualmente ten establecidos para o persoal que, por necesidades do servicio, teña que desprazarse a unha localidade distinta da súa residencia habitual.

Artigo 49º.-Seguro de vida.

A empresa manterá o seguro colectivo de vida que ó seu cargo ten actualmente establecido para todo o persoal do cadro de persoal.

O capital asegurado será equivalente ó salario anual; entendendo por tal, se é o caso, o salario convenio, prima de producción e antigüidade, tomando como referencia o nivel salarial do 1 de xaneiro de cada ano.

Este seguro garante os riscos alternativos seguintes:

-Morte natural: aboamento do capital asegurado.

-Morte por accidente: aboamento de dúas veces o capital asegurado.

-Gran invalidez: aboamento do capital asegurado.

-Incapacidade permanente absoluta: aboamento do capital asegurado.

-Incapacidade permanente total: aboamento do capital asegurado, adquiríndose o dereito no momento de causar baixa no cadro de persoal da empresa e do recoñecemento legal de tal situación.

A cobertura deste seguro alcanza a totalidade do cadro de persoal fixo da empresa en situación de activo, entendendo tamén como tal a situación legal de I.T. (incapacidade temporal), ata o máximo previsto no artigo 131 bis.2 da Lei xeral da Seguridade Social segundo redacción dada pola Lei 42/1994, do 30 de decembro. Para isto, é imprescindible que os afectados, no mes de xaneiro de cada ano, informen e xustifiquen ante a empresa as súas circunstancias. Nestes casos, os capitais asegurados manterán o nivel que tiñan no momento de remata-la obrigatoriedade de cotización da empresa á Seguridade Social.

Artigo 50º.-Mutualidade de previsión social.

A aportación da empresa á mutualidade Citroën Vigo de Previsión Social, durante a vixencia do presente convenio, fíxase no 49% das cotas para cubri-los fins actuais regulamentarios establecidos nos estatutos e regulamento de prestacións aprobados o 28 de abril de 1992.

Artigo 51º.-Vivendas.

Citroën Hispania, S.A., para 1995, destinará a cantidade de cinco millóns de pesetas recuperados do fondo creado en 1981, máis outros cinco millóns de pesetas en concepto de aportación excepcional en 1995, como dotación para préstamos destinados á construcción, adquisición ou reparación de vivenda propia que se utilice ou se vaia utilizar como domicilio familiar.

As características principais destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo: 500.000 ptas.

-Prazo de devolución: 10 anos.

-Xuro: 4,5%.

A concesión dos préstamos farase en función da antigüidade na empresa, da situación familiar e dos recursos económicos dos solicitantes.

Durante 1995 crearase unha comisión paritaria para a concesión dos préstamos. A dita comisión estará integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa, e catro vocais titulares e catro suplentes membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Artigo 52º.-Financiamento de vehículos.

Establécese para 1995 un sistema de venda de vehículos fabricados por Citroën e comercializados pola súa rede, as súas condicións xerais son as seguintes:

-Prezo do vehículo: tomando en consideración os descontos fixados para os traballadores de Citroën Hispania, S.A., segundo o modelo.

-Entrada: unha cantidade igual ó importe do imposto de matriculación; no caso de reducción ou supresión deste imposto, como mínimo o 10% do prezo do vehículo ó traballador.

-Financiamento: a un máximo de seis anos (72 pagamentos de igual contía).

-Xuro: 8%

-Forma de pagamento: mediante desconto na nómina (mensualidades).

-Formalización do financiamento: formalizarase en todo caso a través dos departamentos correspondentes da empresa e a entidade financeira.

Modalidades de financiamento:

A) Un único crédito, con amortización (principal máis xuros) entre un e seis anos, a elección do traballador, en períodos de anos completos, a razón de doce pagamentos por ano.

B) Igual cá modalidade anterior en canto ó prazo, pero establecéndose dous créditos:

1. Un, con amortización do seu principal máis xuros, en cada un dos pagamentos do prazo elixido.

2. Outro, equivalente ó valor residual do vehículo segundo o baremo, con amortización única do seu principal xunto ó último pagamento do prazo elixido e aboamento en cada pagamento dos seus xuros.

Este sistema é aplicable así mesmo a vehículos de ocasión segundo modalidade de financiamento A), pero a un prazo máximo de 5 anos (60 pagamentos).

Este artigo, segundo o prevido no parágrafo 2 do artigo 4º deste texto, ten unha vixencia máxima de un ano desde a data da sinatura do presente convenio colectivo, é dicir, ata o 20 de marzo de 1996.

Artigo 53º.-Anticipos para compras no economato.

Para realizar compras no economato concederánselles anticipos ós traballadores da empresa que o soliciten, que se descontarán na forma habitual.

As contías dos ditos anticipos serán:

-Familia numerosa: 59.500 ptas.

-Demais traballadores: 49.000 ptas.

Este artigo, segundo o prevido no parágrafo 2 do artigo 4º deste texto, ten unha vixencia máxima, de un ano desde a data da sinatura do presente convenio colectivo, é dicir, ata o 20 de marzo de 1996.

Artigo 54º.-Seguridade e hixiene no traballo.

Mantense, como principio de xestión da seguridade na fábrica, a integración da prevención de accidentes en cada sector. Con este fin cada un deles, coa colaboración do Servicio de Seguridade, elaborará o seu propio Plan de Seguridade.

O Comité de Seguridade e Hixiene no Traballo, constituído segundo o Decreto 432/1971, será o encargado de velar polo cumprimento da Ordenanza de seguridade e hixiene no traballo e demais lexislación nesta materia.

O comité entenderá daqueles problemas referentes á protección da saúde e seguridade dos traballadores, como son:

-Examina-la frecuencia dos accidentes e enfermidades profesionais, para poder detecta-los postos nos que se producen e as condicións que os crean, así como coñce-las investigacións realizadas polos técnicos da empresa ó respecto.

-Investiga-las causas dos accidentes e das enfermidades profesionais producidas na empresa, co obxecto de evitar uns e outras, e, nos casos graves e especiais, practica-las informacións correspondentes.

-Solicitar, a través do Servicio de Seguridade, do persoal directivo e mandos intermedios da empresa, que prohiban ou paralicen, se é o caso, os traballos nos que se advirta perigo inminente de accidentes ou doutros sinistros profesionais, cando non sexa posible o emprego dos medios, adecuados para evitalos.

-Así mesmo, poderá solicitar información sobre procesos, materiais e condicións ambientais relacionados con aqueles postos específicos o estudio dos cales necesiten realizar.

O Comité de Seguridade e Hixiene, ademais das reunións mensuais ordinarias, poderá realizar reunións extraordinarias nos seguintes casos:

-Por libre iniciativa do presidente.

-Por petición fundada de tres ou máis dos seus compoñentes.

Especificamente e para 1995 establécese o seguinte:

-Cada catro meses o Comité de Seguridade e Hixiene reunirase co director da factoría para analiza-la situación e evolución do centro en materia de seguridade e hixiene.

Estas reunións celebraranse, agás forza maior, nos meses de febreiro, xuño e outubro.

-Continuarase potenciando a área de hixiene industrial completándoa co establecemento dos controles precisos sobre productos industriais tendentes á súa homologación coas normas comunitarias.

-O Comité de Seguridade e Hixiene dispoñerá dun crédito aberto de 15.000.000 de pesetas, para atende-las demandas que requiran investimento unha vez valoradas e aceptadas. No prazo de 15 días serán asignados os recursos precisos. Para pequenas melloras de ata 250.000 pesetas existe un procedemento que permite a rápida execución destas.

-Potenciaranse as accións xerais de información e sensibilización do persoal en materia de seguridade e hixiene e prevención de riscos, mediante apoios gráficos (sinais, carteis, etc.) escritos (manuais, normas, catálogos, Cithispa 2000, etc.) e audiovisuais.

-Facúltanse os vocais do Comité de Seguridade e Hixiene para establecer «boletíns de avarías de seguridade» que serán cursados co visto e prace do Servicio de Seguridade.

-O Comité de Seguridade e Hixiene manterá reunións mensuais coa xerarquía dos talleres nos que se considere necesario.

-Cada servicio e sector de producción elaborará o seu propio plan anual de seguridade, os cales serán a base do Plan de Seguridade Xeral da Planta. Periodicamente, o Servicio de Seguridade analizará con cada un deles o seu grao de realización.

-Entregaráselle ó Comité de Seguridade e Hixiene a memoria de actividades anuais nesta materia.

-En tódolos talleres da fábrica expoñerase información relativa á súa evolución en materia de seguridade e mantemento.

-Potenciaranse os mecanismos necesarios para previ-los posibles riscos na posta en servicio de novas instalacións importantes.

-Dentro do capítulo de formación, impartiranse sesións formativas de seguridade a tódolos carristas. Así mesmo, elaborarase un plan de formación para tódolos mandos, co fin de potencia-los seus coñecementos en materia de seguridade e hixiene e prevención de riscos laborais.

TÍTULO VI.-ACCIÓN SINDICAL

Artigo 55º.-Utilización do crédito de horas polos membros do comité de empresa e delegados sindicais fóra da súa xornada de traballo.

A petición faráselle á xerarquía directa, quen cubrirá un documento de desprazamento para membro do comité ou delegado sindical e poñerao a disposición do interesado na portería.

Se por circunstancias excepcionais de difícil previsión tivese necesidade de entrar na factoría fóra da súa xornada de traballo, e, consecuentemente, non puidese telo previsto con anterioridade, poderá solicitar na portería o desprazamento correspondente, que será cuberto polo persoal de vixilancia, tendo que entregar copia deste á saída, unha vez rematada a súa xestión.

As convocatorias por iniciativa da dirección non se imputan sobre o crédito das 40 horas.

Artigo 56º.-Procedemento de resolución de conflictos.

A representación dos traballadores e a empresa obríganse a someter á comisión constituída para o efecto todas aquelas diverxencias que poidan ser obxecto de formulación de conflicto colectivo. As ditas diverxencias, debidamente documentadas, serán obxecto de estudio da comisión durante as reunións que ámbalas partes xulguen precisas co fin de ter un exhaustivo coñecemento do tema. No caso de desacordo, queda salvagardada a tutela xudicial efectiva.

A dita comisión estará constituída por un membro de cada unha das seccións sindicais con presencia no comité de empresa, que deberá reunir necesariamente a condición de membro de tal órgano ou delegado sindical, e outros tantos membros da empresa.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Regulación subsidiaria.

No non previsto no presente convenio e demais normativa de índole xeral, as partes contratantes expresamente conveñen en que o texto da Ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, do 29 de xuño de 1970, aplicarase a título de dereito dispositivo mentres que as ditas materias non estean reguladas por normativa expresa.

Segunda.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral, no exercicio das atribucións que lle son propias, invalidase algúns dos pactos do convenio, quedaría este sen efecto, debendo ser reconsiderado de novo na súa totalidade, para o que se deben reuni-las partes contratantes.

O presente convenio colectivo para o ano 1995 foi asinado en Vigo o día 20 de marzo de 1995, pola representación da empresa e o Sindicato Independiente de Trabajadores de Citröen en Pontevedra (SITC).

-Pola empresa:

Eloy Álvarez Pérez.

Manuel Brea Vila.

Roberto Caamaño Cabanes.

José M. Fernández Barbeitos.

José J. González Estévez.

José Piñón Ríos.

Miguel A. Puime Rey.

-Por STIC:

Juan Cantos Oliva.

José M. Carballo Cabezas.

Roberto Fernández Barros.

Sergio López Pérez.

Mª Elena Quintas Piñeiro.

José M. Romero Caneda.

Antonio Villar Costas.