Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 1995 Páx. 3.610

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 1995 pola que se convoca unha xornada de estudio sobre simplificación administrativa.

Dentro das actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1995 figura a realización dunha xornada de estudio sobre simplificación administrativa.

1. Obxecto.

O día 20 de xuño de 1995 terá lugar no salón de actos da Delegación da Consellería da Presidencia e Administración Pública na Coruña unha xornada de estudio sobre simplificación administrativa.

O obxectivo desta xornada é coñece-lo significado da simplificación administrativa no ámbito das administracións públicas entroncando co proceso de reforma e modernización, coñecendo á vez as experiencias en cada unha das tres administracións territoriais (local, autonómica e estatal).

2. Destinatarios.

Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas, fundamentalmente dos grupos A e B, implicado no proceso de racionalización e interesados en xeral.

3. Desenvolvemento e duración.

A xornada abrirase o martes, día 20 de xuño, ás 10.15 horas, e rematará ás 18.30 horas da tarde dese mesmo día.

4. Inscrición.

-Prazo: remata o xoves, día 15 de xuño de 1995.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral, da EGAP (Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15703 Santiago de Compostela). Teléfono 57 08 00. Telefax número 57 15 40.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas libres, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

A partir do 15 de xuño, os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando por teléfono en días laborables, de 11.30 a 14.45 horas, ó seguinte número: (981) 57 08 00 (extensión 229), ou ben consultando a lista de admitidos que se expoñerá no taboleiro de anuncios da EGAP 24 horas despois do remate do prazo de presentación de solicitudes.

5. Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate desta xornada a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a ela, e expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública