Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 1995 Páx. 3.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con admisión previa, da obra de camiños da zona de concentración parcelaria de Bazar (Castro de Rei-Lugo), X-3322/LU-580 e tres máis.

A Delegación Provincial de Lugo decidiu licitar, polo sistema de poxa con admisión previa, as seguintes obras:

1. Denominación da obra: camiños da zona de concentración parcelaria de Bazar (Castro de Rei-Lugo), X-3322/LU-580.

Orzamento de licitación: 194.330.610 ptas.

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Clasificación: categoría d, grupo G, subgrupo 6.

2. Denominación da obra: camiños da zona de concentración parcelaria de Conforto (A Pontenova-Lugo), X-3386/LU-581.

Orzamento de licitación: 260.152.565 ptas.

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Clasificación: categoría e, grupo G, subgrupo 6.

3. Denominación da obra: camiños da zona de concentración parcelaria de Xundán (A Pontenova-Lugo), X-3388/LU-582.

Orzamento de licitación: 263.320.274 ptas.

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Clasificación: categoría e, grupo A e B, subgrupo A-2 e B-1.

4. Denominación da obra: camiños da zona de concentración parcelaria de Arbol (Vilalba-Lugo), X-3400/LU-583.

Orzamento de licitación: 245.589.816 ptas.

Prazo de execución: vinte (20) meses.

Clasificación: categoría e, grupo A e B, subgrupo A-2, B-1 e B-2.

Exposición dos proxectos e pregos: os proxectos así como os pregos de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días, e horas hábiles de oficina, nos servicios de Contratación e de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación, sita en Ronda da Muralla nº 197 en Lugo.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Modelo de proposicións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro da Delegación Provincial de Lugo, ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do vixésimo día hábil, que non cadre en sábado, seguinte ó da publicación desta resolución.

A apertura de proposicións terá lugar ás 12 horas do noveno día hábil, que non cadre en sábado, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións e levarase a cabo na sala de xuntas da Delegación Provincial de Lugo, sita en Ronda da Muralla nº 197.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 20 de abril de 1995.

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo