Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 1995 Páx. 3.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con admisión previa, das obras abastecemento e saneamento en Armariz, Salgueiros e Vilariño do Río (concello de Xunqueira de Ambía-Ourense) e outra máis.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de poxa con admisión previa:

Obxecto: contratación da execución das obras que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para a mesma. O orzamento, prazo de execución das obras e clasificación dos contratistas serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme ó modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 12 de xuño de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 16 de xuño de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1. Abastecemento e saneamento en Armariz, Salgueiros e Vilariño do Río (concello de Xunqueira de Ambía-Ourense). X-3134 (nº 240).

Orzamento: 28.916.829 ptas.

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: categoría C, grupo E, subgrupo 1.

2. Abastecemento e saneamento en varios núcleos do concello de Quintela de Leirado-Ourense. X-3233 (nº 241).

Orzamento: 24.448.702 ptas.

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: categoría C, grupo E, subgrupo 1.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1995.

Orde (13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral técnico da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes