Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 1995 Páx. 3.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa da obra de clave OH-OUR-95.01 e dúas máis.

1. Obras.

-Saneamento en Tarreirigo, Esgos.

Clave: OH-OUR-95.01.

Orzamento total: 10.000.000 de ptas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza provisional: 200.000 ptas.

-Complementario nº 2 do abastecemento de auga ós núcleos das Barxas e O Viso (Ourense). Rede de sumidoiros.

Clave: OH-OUR-95.10.

Orzamento total: 11.377.691 ptas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza provisional: 227.554 ptas.

-Abastecemento a Arnoia e outros, fase 4.

Clave: OH-OUR-95.11.

Orzamento total: 6.200.000 ptas.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Fianza provisional: 124.0.00 ptas.

2. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, rúa Sáenz Díez nº 1, Ourense.

3. Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada nos apartados onde se describen as obras, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

4. Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

6. Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás dez horas do sexto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións, nas oficinas da Delegación Provincial de Ourense, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

7. Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Ourense, 8 de maio de 1995.

Amador Vázquez Vázquez

Delegado provincial de Ourense