Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 1995 Páx. 3.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO.

A Comisión Provincial de Urbanismo de Ourense, en sesión celebrada o día 16 de marzo de 1995, por subrogación nas competencias do Concello de Ourense, acordou aprobar inicialmente o proxecto

de compensación e o proxecto de urbanización da zona 6-B, do SU-10, do POU de Ourense a instancias de José Gómez Quintas.

Conforme o disposto nos artigos 33 é seguintes da Lei 11/1985, de adaptación da do solo a Galicia; 117, 121, 157 e 165 do texto refundido da vixente Lei do solo e demais concordantes do Regulamento de xestión urbanística; sométense os expedientes referenciados a información pública no Servicio Provincial de Urbanismo de Ourense, sito na Avda. da Habana nº 1-2º, durante o prazo de un mes contado o día seguinte ó da derradeira publicación de este anuncio no BOP e no da Comunidad Autónoma así como nun dos diarios de maior circulación dos da provincia, onde poderán ser examinados e presenta-las alegacións procedentes.

Ourense, 20 de marzo de 1995.

P.D. (Acordo da Comisión Provincial de Urbanismo 27-1-1987)

José Jesús Cudeiro Mazaira

Xefe provincial de Urbanismo e Arquitectura