Dolores de los Ríos Andérez, xuíza de Primera Instancia e Instrucción de Arzúa, fai saber:
Que no procedemento de autos civís de interdicto de reter e recobrar número 123/1990, que se segue neste xulgado, en execución de sentencia que é firme, por instancia de Alfonso López Cabanas, representado polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, contra Manuel Balado Pardo e María Manteiga Balado, acordouse sacar a poxa pública na sala de audiencias deste xulgado, o vindeiro día 16 de xuño ás 10 horas e por primeira vez e, se e o caso, por segunda, o día 14 de xullo ás 10 horas; e, por terceira, o día 15 de setembro ás 10 horas, todas elas do ano 1995, o predio que se describirá ó final, coas seguintes condicións:
Primeira.-Servirá de tipo para a primeira poxa o de sete millóns seiscentas setenta e catro mil pesetas
(7.674.000 ptas.); para a segunda o 75% daquel tipo; e para a terceira será sen suxeición a tipo. Non se admitirán ofertas nos remates que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.
Segunda.-Os licitadores deberán consignar previamente na mesa do xulgado ou establecemento que se destine para ó efecto (Banco Bilbao Vizcaya, conta 151000043012390) unha cantidade que non sexa inferior ó 20% do tipo de cada poxa para a primeira e segunda, e na terceira en que non serán inferiores ó 20% da segunda. As ofertas poderanse facer desde a publicación deste anuncio depositando ó mesmo tempo as cantidades indicadas.
Terceira.-Faise saber que o dito inmoble se acha inscrito no Rexistro da Propiedade.
Cuarta.-Os autos e a certificación rexistral do dito predio están de manifesto na secretaría deste xulgado.
Quinta.-A descrición do predio que se poxa é a seguinte:
«Concello de Boimorto. Parroquia de Santa María de Buazo. Predio rústico, terreo dedicado a labradío que linda norte: con Marcelino López Mosquera (predio 128); sur: Marcelino López Mosquera (predio 120) e camiño; leste: Marcelino López Mosquera (predio 120) e zona excluída (Froxa); oeste: con Manuel Felpete Balado (predio 118) e José Alfonso López Cabanas (predio 129). Ten unha extensión de unha hectárea, vintesete áreas, e noventa centiáreas».
Dado en Arzúa o sete de marzo de mil novecentos noventa e cinco.
A xuíza
Rubricado
A secretaria
Rubricado
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN
DE SANTIAGO DE COMPOSTELA