Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 1995 Páx. 3.772

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (58/1995).

Pola presente cédula, que expido en méritos do acordado nos autos de xuízo de faltas 58/1995, sobre lesións por agresión, cítase a José Manuel Castillo Sánchez, en concreto de denunciado, co fin de que o día 24 de maio de 1995, ás 11.15 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, rúa Algalia de Abaixo, nº 24-1º, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas, debendo verificalo acompañado de cantos medios de proba intente valerse, prevíndoo de que, no caso de non comparecer, recaerán sobre del os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a José Manuel Castillo Sánchez, cos apercibimentos acordados, libro a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia en Santiago de Compostela o vintesete de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA