Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.723

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 31 de maio de 1995, das consellerías da Presidencia e Administación Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifican as relacións de postos de traballo das consellerías de Economía e Facenda (Instituto Galego de Estatística), de Educación e Ordenación Universitaria e de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

A modificación das estructuras orgánicas do Instituto Galego de Estatística, da Consellería de Economía e Facenda, efectuada polo Decreto 391/1994, do 14 de outubro (DOG nº 3, do 4 de xaneiro de 1995 e nº 20, do 30 de xaneiro de 1995), da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria polo Decreto 232/1994, do 14 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo de 1994 e nº 162, do 23 de agosto de 1994) e da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura polo Decreto 310/1994, do 14 de outubro (DOG nº 206, do 25 de outubro de 1994) fai necesario modificar parcialmente as relacións de postos de traballo das citadas consellerías co fin de adaptalas ás novas estructuras orgánicas.

En consecuencia, por proposta das consellerías de Economía e Facenda, de Educación e Ordenación Universitaria e de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Negociación de Funcionarios e a comisión de Persoal,

DISPOÑEMOS:

Artigo único.-Modifica-las relacións de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia nos termos que se sinalan nos anexos I, II e III da presente orde.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 1995.

Dositeo RodríguezJosé Antonio Orza

RodríguezFernández

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Economía

e Administración Públicae Facenda