Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.732

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1995 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e as entidades financeiras.

Dentro das liñas de actuación do IGAPE para 1995 de cara á pequena e mediana empresa e conforme as funcións atribuídas pola Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación deste instituto, subscríbese o convenio de apoio financeiro ás PEMES, ó amparo do Decreto 59/1994, do 25 de marzo, polo que se aproba o réxime de subsidiación ó tipo de xuro para o finan

ciamento das pequenas e medianas empresas, entre o IGAPE e as entidades financeiras e ó amparo do Decreto 305/1994, do 21 de outubro, polo que se modifica o anterior.

En virtude do exposto,

DISPOÑO:

ARTIGO ÚNICO.-Con obxecto de darlle unha adecuada difusión e de que sexa de xeral coñecemento, faise público o contido do dito convenio, que figura como anexo I, as entidades financeiras asinantes, que figuran como anexo II, as actividades subvencionables, como anexo III, así como os formularios e modelos de xestión, que figuran como anexo IV.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1995.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

CONVENIO DE APOIO FINANCEIRO ÁS

PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS ASINADO

Ó ABEIRO DO DECRETO 59/1994, DO 25 DE

MARZO, ENTRE O IGAPE E AS ENTIDADES

FINANCEIRAS

ANTECEDENTES

O presente convenio, asinado por unha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), José Antonio Orza Fernández, e por outra parte, por..., representado por... con poder suficiente, inscríbese dentro do marco da política de apoio á pequena e mediana empresa emprendida pola Xunta de Galicia, ó abeiro do Decreto 59/1994, do 25 de marzo.

Conscientes do importante papel que, para o relanzamento da actividade económica, desempeñan as PEMES, faise preciso desenvolver un conxunto de accións integradas tendentes ó reforzamento da súa actividade, da súa estructura financeira e de comercialización, coa finalidade de conseguir un crecemento sostido e equilibrado. Arbítranse, deste xeito, catro programas específicos de axuda:

1. Programa de investimentos.

2. Programa de créditos - anticipo de subvencións.

3. Programa de reestructuración de pasivos.

4. Programa de ampliación de capital.

Consistindo a axuda, en todos eles, na subsidiación ó tipo de xuro dos préstamos ou créditos que se concerten coas entidades financeiras acollidos ó presente convenio.

Para este fin ..., na súa condición de prestamista, comprométese a mobilizar en préstamos ás pequenas e medianas empresas, en calidade de beneficiarias do presente convenio, unha cantidade non inferior á ... millóns de pesetas. A devandita cantidade destinarase a financiar operacións acollidas tanto ó presente convenio como ó subscrito entre o IGAPE-ICO-entidades financeiras.

A cantidade comprometida poderase incrementar ou diminuír no mes de xullo, proporcionalmente ó grao de utilización efectivo da mesma, de acordo co tempo transcorrido do convenio. A diminución, segundo o anterior é unha facultade potestativa do IGAPE, os aumentos faranse de mutuo acordo.

Os citados préstamos é créditos poderán ser subsidiados polo IGAPE, con suxeición ás seguintes

CLÁUSULAS

CLÁUSULA 1ª. OBXECTO.

O presente convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre ... e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), coa finalidade de establecer liñas de financiamento subsidiado para pequenas e medianas empresas, someténdose as partes na totalidade ó establecido no mencionado Decreto 59/1994, do 25 de marzo, polo que se aproba o réxime de subsidiación ó tipo de xuro para o financiamento das pequenas e medianas empresas, ás normas específicas contidas no presente convenio e ás que con posterioridade se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

CLÁUSULA 2ª. ÁMBITO TERRITORIAL E

VIXENCIA.

O ámbito territorial de aplicación do presente convenio será o da Comunidade Autónoma de Galicia, debendo estar radicadas no devandito territorio as empresas ou centros beneficiarios. Non obstante o

anterior, a cada vez máis urxente internacionalización da empresa galega aconsella non seguir de forma ríxida o principio de radicación, por iso naqueles casos no que o IGAPE o xulgue de interese estratéxico para as empresas dun determinado sector, ou individualmente para un caso concreto, poderanse beneficiar aínda non estando radicadas en Galicia os:

-Investimentos, especialmente comerciais e de distribución.

-Reestructuración de pasivos e ampliacións de capital aínda que sexan consecuencia de financiamento ou toma de participacións en sociedades con actividade que se desenvolva fóra do territorio galega.

En ámbolos dous casos debe existir coa sociedade mercantil radicada en Galicia unha vinculación e complementariedade suficiente que xustifique a excepcionalidade.

O presente convenio entrará en vigor ó día seguinte da data da súa sinatura; e a súa vixencia, para a presentación de novas solicitudes de subsidiación, será ata o 31 de outubro de 1995.

CLÁUSULA 3ª. MODALIDADE E DESTINO DAS

AXUDAS

3.1.-Modalidade:

O tipo de axuda financeira elixida consiste na subsidiación dos tipos de xuro dos préstamos e créditos concertados en virtude do presente convenio no marco dos distintos programas creados ó abeiro do Decreto 59/1994, polo que se aproba o réxime de subsidiación ó tipo de xuro para o financiamento das PEMES.

3.2.-Destino:

Consideraranse subsidiables as operacións encadrables nos seguintes programas:

1.-Programa de investimentos.

2.-Programa de créditos -anticipo de subvencións.

3.-Programa de reestructuración de pasivos.

4.-Programa de ampliación de capital.

CLÁUSULA 4ª. BENEFICIARIOS E ACTIVIDADES

SUBVENCIONABLES.

4.1.-Beneficiarios:

Terán a consideración de beneficiarias aquelas empresas (PEMES) que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter como máximo 250 traballadores.

b) Que os seus recursos propios non sexan superiores a 500 millóns de pesetas.

c) Non te-lo seu capital participado en máis dun 25% por outra empresa, excepto nos casos nos que as cifras consolidadas non superen os requisitos establecidos nos apartados a e b.

Tamén poderán ser beneficiarias das ditas axudas ás empresas que, sen cumpriren os anteriores requisitos, presenten expedientes de solicitude comprendidos no marco do Decreto 59/1994, do 25 de marzo, e deste convenio, que se consideren de especial interese socioeconómico polo IGAPE.

Non poderán acollerse ó programa de investimentos deste convenio aquelas empresas que poidan

facelo a través do convenio IGAPE-ICO e en tanto estea vixente o mesmo e teña dotación orzamentaria.

4.2.-Actividades subvencionables:

As empresas beneficiarias deberán de pertencer á industria de extracción, de transformación ou turística e aquelas actividades de transporte, comercialización e servicios de apoio industrial que contribúan á mellora da súa estructura productiva e de distribución, debendo estar o sector de actividade da empresa beneficiaria comprendido dentro dos relacionados no anexo de actividades subvencionables.

Tamén serán considerados como subvencionables aqueles préstamos que financien proxectos de modernización, reestructuración, renovación e equipamento de barcos de pesca de ata 350 TRB, sempre que cumpran as condicións establecidas pola Unión Europea.

CLÁUSULA 5ª. CONDICIÓNS DOS

PROGRAMAS.

5.1.-Programa de investimentos:

Ten por obxecto a subsidiación dos tipos de xuro daquelas operacións de préstamo que financien proxectos de novo investimento, ampliación e renovación de equipos productivos adquiridos a terceiros, que repercutan directamente na capacidade de producción ou na productividade da empresa.

a) Os conceptos de investimento subvencionable serán os que se materialicen en:

-Inmobilizado material novo.

-Bens usados: unicamente en construccións e maquinaria, cando o total dos investimentos nestes conceptos non supere o 50% do total do investimento subvencionable dos proxectos en inmobilizado material. Ademais, o investimento en maquinaria usada non poderá supera-lo 25% do investimento total subvencionable deste concepto. Cando o investimento sexa en barcos de pesca que cumpran o especificado na cláusula 4.2, o límite sinalado para o investimento en bens usados poderá acadar ata o 95%.

-Inmobilizado inmaterial: unicamente en aplicacións informáticas e propiedade industrial, incluíndo os traballos de investigación e desenvolvemento (I + D), sempre que o investimento neste concepto non supere o 20% do total do investimento subvencionable do proxecto.

As limitacións ós conceptos de investimento establecidas para bens usados e para inmobilizado inmaterial son independentes, sendo polo tanto subvencionables aqueles proxectos nos que o investimento recaia en ámbolos dous conceptos, sempre que non superen por cada un deles os límites establecidos.

b) Materialización dos investimentos: os activos nos que se materialice o investimento deberanse manter durante á vixencia do préstamo.

5.2.-Programa de créditos-anticipo de subvencións:

A necesaria axilidade que debe presidi-la tramitación e cobro das subvencións para conseguir unha optimización na utilización dos recursos que a este concepto se destinan fai necesaria a concesión dun programa que permita o cobro anticipado da axuda, mediante a instrumentación dun crédito subsidiado que cubra o intervalo de tempo que media entre o cumprimento total efectivo das condicións esixidas na resolución aprobatoria e o libramento e aboamento dos correspondentes fondos polo órgano administrativo correspondente.

En consecuencia, este programa retírese ós créditos que se formalicen logo de endoso bancario da certificación polo importe pendente de recibir en concepto de subvención a fondo perdido, unha vez xustificado e certificado o cumprimento total das condicións establecidas na resolución de concesión dos beneficios e relativas a proxectos acollidos á Zona de Promoción Económica de Galicia (ZPE), Zona Industrializada en Declive de Ferrol (ZID), Zona de Urxente Reindustrialización de Vigo e Ferrol (ZUR), Gran Área de Expansión Industrial de Galicia (GAEIG), Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola (FEOGA) e aqueloutras axudas complementarias, procedentes doutras administracións públicas, para as actividades encadradas como subvencionables. Exceptúanse as da Comunidade Autónoma de Galicia, calquera que sexa a actividade e o órgano concedente.

Para a formalización do crédito-anticipo de subvencións será requisito o previo ou simultáneo endoso da certificación da subvención.

5.3.-Programa de reestructuración de pasivos:

Poderanse acoller a este programa aquelas sociedades (exclúense persoas físicas e sociedades civís) que, estando encadradas dentro das actividades consideradas como subvencionables na cláusula 4.2. do presente convenio, presenten un plan de viabilidade e de reestructuración do seu pasivo que comporte o restablecemento do equilibrio financeiro, e que se xulgue viable técnica, económica e financeiramente polo IGAPE. A aplicación do préstamo ou préstamos destinarase á cancelación ou modificación do pasivo financeiro de curto prazo a longo prazo, podéndose establecer na resolución de concesión as condicións particulares para cada caso concreto. Non se permitirá destina-lo préstamo á cancelación ou modificación de débedas da empresa con socios, accionistas e empresas do grupo, así como á cancelación daquelas pólizas ou contratos formalizados a partir do 1 de xaneiro de 1995, salvo que se correspondan con simples renovacións ou fosen contraídas a consecuencia dun proceso externo de

saneamento financeiro da empresa.

Para os efectos do establecido no parágrafo anterior entenderanse por pasivos financeiros a curto prazo, os seguintes:

-Pólizas de préstamo con vencemento non superior a un ano a partir da data dos estados financeiros aportados, ou no caso de pólizas con vencemento superior ó ano, o importe das amortizacións a realizar no prazo dun ano a partir da dita data.

-Pólizas de crédito con vencemento non superior a un ano a partir da data dos estados financeiros aportados, ou no caso de pólizas con vencemento superior ó ano, o importe das amortizacións a realizar no prazo dun ano a partir da dita data.

-Contratos de leasing con antigüidade mínima de 2 anos e con vencemento non superior a un ano a partir da data dos estados financeiros aportados.

Non poderán acollerse a este programa:

-As empresas que xa fosen totalmente reestructuradas (con préstamos subsidiados polo IGAPE) nos anos 1993 e 1994, e aquelas empresas nas que o

ratio fondos propios/pasivo alleo sexa igual ou inferior a 25/75 a non ser que restitúan esta relación a través dunha ampliación de capital acollida ou non ó programa de ampliación de capital.

-As empresas que se atopen legalmente incursas en suspensión de pagamentos ou quebra.

5.4.-Programa de ampliación de capital:

Poderán ser beneficiarios deste programa os socios accionistas ou partícipes de sociedades mercantís xa constituídas, ou os futuros socios ou partícipes que soliciten financiamento alleo con obxecto de obter fondos con destino exclusivo á toma de participación na ampliación de capital, con desembolso dunha soa vez do 100% do mesmo, no marco dun acordo de ampliación de capital adoptado pola xunta xeral da sociedade que comporte o restablecemento do seu equilibrio financeiro.

Os socios, accionistas ou partícipes ós que se refire o parágrafo anterior poderán ser tanto persoas físicas como xurídicas, sen necesidade de cumpri-los requisitos establecidos na cláusula 4ª deste convenio, pero en todo caso, as sociedades que amplíen o seu capital deberán axustarse ás condicións fixadas na dita cláusula para as empresas beneficiarias.

Así mesmo, a xuízo do IGAPE, poderanse subsidia-los préstamos solicitados por sociedades mercantís incluídas no ámbito deste convenio, destinados á toma de participacións no capital doutras sociedades radicadas ou non en Galicia, con proxectos ou actividades considerados estratéxicos.

As obrigas derivadas destes préstamos (garantías, xuros, amortizacións e calquera outra), serán por conta exclusiva do accionista, socio ou partícipe, sen que en ningún modo poidan repercutirse ou subrogarse na sociedade emisora da ampliación.

Non poderán subsidiarse as ampliacións de capital no caso de que a empresa emisora efectuara nos exercicios 1994 ou 1995 reducción de capital social, agás que esta reducción fora destinada a compensación de perdas.

CLÁUSULA 6ª. CARACTERÍSTICAS DAS

OPERACIÓNS DE PRÉSTAMO OU CRÉDITO.

6.1.-Importe dos préstamos ou créditos e porcentaxe de financiamento:

Segundo o programa ó que se acollan os beneficiarios das axudas, os importes dos préstamos ou créditos e as porcentaxes de subsidiación serán as seguintes:

6.1.1.-Programa de investimentos.

O importe do préstamo con dereito a subsidiación non poderá exceder do 70% do investimento subvencionable, excepto para aqueles préstamos que financien proxectos que consistan na reestructuración de barcos de pesca, incluídos na cláusula 4.2., ou naqueles casos nos que o préstamo teña por destino exclusivo o financiamento da adquisición de solo en polígonos industriais. Nestes casos o límite anterior poderá chegar ata o 95% do investimento subvencionable.

Cando o préstamo teña por destino exclusivo a adquisición de solo en polígonos industriais, será necesario que a dita adquisición estea vinculada a un proxecto investidor individualizado que cumpra o establecido nas cláusulas do presente convenio, debendo o beneficiario comprometerse documental

mente ante o IGAPE a que aquel sexa executado antes do prazo de dous anos. Noutro caso, salvo causa xustificada, incorrerase nos supostos de perda da subvención establecidos na cláusula 11ª do convenio. A subsidiación non se fará efectiva en tanto non se achegue a licencia definitiva de obra.

O total do investimento subvencionable determinarase excluíndo o IVE e outros impostas do custo de adquisición. Así mesmo, non terán a consideración de subvencionables os honorarios do proxecto, permisos de obra e outros gastos de natureza similar.

O importe mínimo do préstamo será de 5 millóns de pesetas, mentres que o investimento elixible non poderá ser inferior a 10 millóns de pesetas.

6.1.2.-Programa de créditos-anticipo de subvencións.

A contía do crédito con dereito a subsidiación poderá acada-la totalidade do importe da subvención pendente de percibir, unha vez que se certifique o cumprimento total das condicións esixidas na resolución de concesión.

6.1.3.-Programa de reestructuración de pasivos.

O volume do préstamo pon dereito a subsidiación poderá chegar a cubri-lo importe total necesario para o refinanciamento e restablecemento do equilibrio financeiro da sociedade. O dito importe o IGAPE, a partir da análise dos seus estados financeiros, do plan de viabilidade presentado e do plan de cancelación de pasivos. Os estados financeiros anteriores deberán selas contas anuais oficiais ó peche do exercicio. No caso de que sexan doutra data posterior deberán de presentarse auditados.

6.1.4.-Programa de ampliación de capital.

-O volume do préstamo con dereito a subsidiación poderá chegar a cubri-la parte da ampliación de capital acordada pola xunta xeral da sociedade necesaria para o restablecemento do equilibrio financeiro da mesma. O dito determinarao o IGAPE a partir da análise dos estados financeiros da sociedade emisora, establecéndose o límite máximo de ampliación subvencionable cando se acade a relación 55/45 entre fondos propios e pasivo alleo.

Os estados financeiros anteriores deberán se-las contas anuais oficiais ó peche do exercicio. No caso de que sexan doutra data posterior, deberán de presentarse auditados.

Para os efectos de determina-la contía global do capital a subsidiar e efectuar, se é o caso, a prorrata entre os solicitantes, estes comunicarán por escrito á sociedade dentro dos 15 días seguintes á data do acordo de ampliación de capital, excepto nos casos nos que o acordo sexa anterior á entrada en vigor deste convenio, a súa intención de acollerse a este programa así como a contía do préstamo que teñen previsto solicitar.

A sociedade remitirá ó IGAPE unha certificación da relación de socios ou partícipes actuais ou futuros que pretendan acollarse ó programa, a contía e a porcentaxe de capital a subscribir e o importe do préstamo a solicitar por cada un deles.

Naqueles casos nos que o número de solicitantes vaia ser numeroso, o IGAPE poderá acordar coa sociedade fórmulas de colaboración con obxecto de facilita-la tramitación conxunta dos expedientes.

Así mesmo, a xuízo do IGAPE, de acordo co disposto na cláusula 2ª, poderanse subsidia-los préstamos solicitados por sociedades mercantís incluídas

no ámbito deste convenio, destinados á toma de participacións no capital doutras sociedades radicadas ou non en Galicia, con proxectos ou actividades considerados estratéxicos. Nestes casos o límite de préstamo subsidiable determinarao o IGAPE en cada caso concreto.

6.2.-Prazos de amortización:

Segundo o programa ó que accedan os beneficiarios das axudas, os prazos de amortización das préstamos ou créditos concertados ó abeiro do presente convenio serán os seguintes:

6.2.1.-Programa de investimentos, reestructuración de pasivos e ampliación de capital.

O prazo máximo de amortización será de sete anos, incluído un ano, como máximo, de carencia. As amortizacións serán realizadas polo prestatario en cotas trimestrais iguais, con vencemento o último día do trimestre natural, debendo recolle-la póliza ou escritura o número de cotas e as datas en que se producirán a primeira e a derradeira.

O importe das cotas de amortización deberase redondear en miles de pesetas, acumulando na última a diferencia ata completa-lo total do principal a amortizar.

Con todo, á vontade do prestatario, o préstamo poderá ser amortizado de forma anticipada, total ou parcialmente. As amortizacións anticipadas que, se é o caso, realice voluntariamente o prestatario deberán aplicarse a reducir en igual contía as cotas de amortización restantes, sen que se produzan variacións no prazo de amortización do préstamo, ou alternativamente, poderán aplicarse en orde cronolóxica inversa ás datas de vencemento, debendo corresponder en contía a unha ou varias cotas completas.

A entidade financeira deberá comunicar puntualmente as ditas amortizacións anticipadas ó IGAPE, en calquera caso antes de presenta-la solicitude de cobro da liquidación trimestral da subvención.

6.2.2.-Programa de créditos-anticipo de subvencións.

O período máximo de vixencia do crédito subsidiado non poderá ser superior a dous anos e virá determinado polo tempo que medie entre a formalización do crédito mediante endoso e a data de cobro efectivo da subvención, procedendo nese momento a entidade financeira á cancelación do crédito. Con todo, para aquelas empresas que desexen acollarse a este programa e que con anterioridade á entrada en vigor deste convenio obtivesen créditos bancarios mediante endoso das certificacións, a data de inicio da subsidiación será a de adaptación da póliza ás condicións deste convenio. En todo caso terán que ter cumpridas tódalas condicións da resolución individual de concesión da subvención. Pola natureza da operación, só se permitirán, como máximo, dúas amortizacións anticipadas do crédito, sendo estas por unha contía mínima de 5 millóns de pesetas cada unha delas.

6.3.-Axuda financeira, tipos de xuro, comisións, intervención das SGR:

6.3.1.-Os puntos de xuro subsidiados en cada programa, serán os seguintes:

a) Programa de investimentos:

A subsidiación non superará os 5 puntos. Os criterios utilizados para a determinación dos puntos de subsidiación serán:

-Para proxectos de empresas de nova constitución, ou empresas xa existentes, non asociados a modernizacións ou ampliacións de establecementos, 1 punto.

-Segundo o emprego, a actividade, a localización do proxecto, o grao de utilización de materias primas e de equipos autóctonos incorporados ó proceso productivo, o carácter innovador e a capacidade de xeración de valor engadido, subsidiaranse ata 3 puntos. Aqueles proxectos que se instalen nalgún dos municipios comprendidos na Zona de Promoción Económica Especial de Ferrol terán automaticamente 2 puntos por localización.

-Por integración do proxecto en plans especiais asociativos de empresas, ben sexa de especialización productiva, de accións comerciais conxuntas, ou en investigación e desenvolvemento, subsidiaranse con 1 punto.

-Para aqueles proxectos que acheguen aval dunha SGR, 1 punto.

-Excepcionalmente, os préstamos que financien proxectos de modernización, reestructuración, renovación e equipamento de barcos de pesca de ata 350 TRB, poderán acada-los 6 puntos de subsidiación.

b) Programa de créditos-anticipo de subvencións.

A subsidiación poderá acadar ata 3,75 puntos.

c) Programa de reestructuración de pasivos.

A subsidiación poderá acadar ata 3,25 puntos.

d) Programa de ampliación de capital.

A subsidiación poderá acadar ata 3,25 puntos.

6.3.2.-O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo ou crédito concertadas e acollidas ó presente convenio e o sistema de variación para exercicios futuros establécese do seguinte xeito:

PRIMEIRO: O tipo de xuro nominal dos préstamos ou créditos concertados a través do convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas para 1995, fíxase, para este ano, no 10,5%.

SEGUNDO. Para os próximos exercicios, o mencionado tipo de xuro, variará por semestres naturais de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: Para o primeiro semestre de cada ano, calcularase como a media aritmética simple dos tipos medios diarios do MIBOR (Mercado Interbancario de Depósitos) a prazo de 3 meses, correspondentes ó mes de novembro do ano anterior. Para o segundo semestre, será a media aritmética simple dos tipos medios diarios do MIBOR a prazo de 3 meses, correspondentes ó mes de maio do mesmo ano.

b) Tipo adicional: Será de 1,75 puntos para toda a vixencia do convenio.

c) O tipo de xuro nominal anual dos préstamos ou créditos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ó tipo adicional o tipo de referencia. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

O tipo de xuro nominal para cada semestre será comunicado polo IGAPE ás entidades financeiras.

6.3.3.-No caso de que a operación de préstamo ou crédito estea avalada por unha SGR que subscriba este convenio, o tipo de xuro nominal indicado

rebaixarase nun punto. Estas sociedades poderán percibir polo importe do aval que presten unha comisión máxima anual do 1% sobre os saldos máximos garantidos cada ano, a dita comisión será integramente subvencionada polo IGAPE.

6.3.4.-As variacións á alza do tipo de xuro serán a cargo exclusivamente dos beneficiarios, é dicir, non provocarán ningunha variación nos puntos de subsidiación.

6.3.5.-No caso de variacións á baixa, o tipo de xuro do préstamo ou crédito resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación non poderá ser inferior ó 5%, neste caso limitarase a subsidiación ata o citado tipo efectivo resultante.

6.3.6.-As entidades financeiras prestamistas destas operacións poderán percibir por tódolos conceptos e dunha soa vez, unha comisión máxima de:

-Un 1% para os préstamos de ata sete anos dos programas de investimentos, de reestructuración de pasivos e de ampliación de capital.

-Un 0,5% para os créditos-anticipo de subvencións.

As ditas comisións non serán subvencionables.

6.3.7.-As referencias que se fan neste convenio ó tipo de xuro, entenderanse sempre ó tipo de xuro nominal anual.

CLÁUSULA 7ª. TRAMITACIÓN

7.1.-Modelo de solicitude e documentación:

A solicitude a presentar deberase corresponder co modelo normalizado que para tal efecto se distribuirá e dará publicidade a través das entidades financeiras e do Diario Oficial de Galicia.

Ademais desta solicitude incluirase a seguinte documentación por duplicado:

A) EXPEDIENTES DO PROGRAMA DE INVESTIMENTOS.

-Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante: Fotocopia do DNI/NIF. No caso de seren sociedades, deberán achegar fotocopia do CIF, copia da escritura de constitución e dos estatutos debidamente rexistrada e certificación do secretario do Consello de Administración, co visto e prace do presidente ou do administrador único, na que figure a composición actual do consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10% (indicando nome ou razón social e porcentaxe de participación), número de traballadores actuais e valor dos seus recursos propios na data do peche do último exercicio.

-No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas por sociedades en porcentaxe superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores actuais e o valor dos seus recursos propios, referido á data de peche do último exercicio.

-Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto, especificando o organismo ó que se solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido.

-Certificación acreditativa do cumprimento das obrigas fiscais e frente á Seguridade Social, emitida polos órganos competentes.

-Declaración expresa de non ter contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

-Fotocopia da alta no imposto de actividades económicas e do último recibo pagado por este imposto.

-Descrición valorada do investimento proxectado, facendo ademais constar se se trata dun novo establecemento, dunha modernización ou dunha ampliación.

-Facturas preforma, orzamentos, contratos, etc., asinados polo provedor e, para aqueles proxectos nos que estea prevista a realización de obras e construccións, deberán xuntar anteproxecto valorado delas.

-Cando a adquisición se produza entre persoas ou entidades vinculadas, será preciso achegar unha valoración feita por un técnico de taxación independente.

-Fotocopia compulsada da solicitude da licencia de obra ou da definitiva, se é o caso, para aqueles préstamos con destino exclusivo á adquisición de solo en polígonos industriais e compromiso de que o proxecto investidor será executado antes do prazo de dous anos.

-Fotocopia do último TC1 e TC2.

-Se é o caso, declaración xurada do número de postos de traballo por conta allea que se van crear.

-Os proxectos que soliciten préstamos superiores ós 75 millóns de pesetas deberán presentar unha memoria dos antecedentes da empresa ou dos seus promotores, a razón que aconsella a realización do proxecto, memoria do funcionamento, de investimentos, comercial e financeira e estudio de viabilidade asinado polo solicitante.

En calquera caso, cantos outros documentos e información adicional se considere oportuna, a xuízo do IGAPE, para os efectos dunha correcta análise da solicitude.

B) EXPEDIENTES DO PROGRAMA DE CRÉDITOS - ANTICIPO DE SUBVENCIÓNS.

-Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante: Fotocopia do DNI/NIF. No caso de seren sociedades, deberán achegar fotocopia do CIF, copia da escritura de constitución debidamente rexistrada e certificación do secretario do Consello de Administración, co visto e prace do presidente ou do administrador único, na que figure a composición actual do consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10% (indicando nome ou razón social e porcentaxe de participación), número de traballadores actuais e valor dos seus recursos propios á data do peche do último exercicio.

-No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas por sociedades en porcentaxe superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores actuais e o valor dos seus recursos propios, referido á data do peche do último exercicio.

-Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo concepto, especificando o organismo á que se solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido.

-Certificación acreditativa do cumprimento das obrigas fiscais e frente á Seguridade Social, emitida polos órganos competentes.

-Fotocopia do último TC1 e TC2.

-Declaración expresa de non ter contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

-Declaración xurada de non percepción da subvención.

-Fotocopia compulsada da certificación acreditativa do cumprimento de condicións da subvención, así como da resolución individual de concesión da axuda.

-Fotocopia da alta no imposto de actividades económicas e do último recibo pagado por este imposto.

C) EXPEDIENTES DO PROGRAMA DE REESTRUCTURACIÓN DE PASIVOS.

-Fotocopia do CIF, copia da escritura de constitución e dos estatutos debidamente rexistrada e certificación do secretario do Consello de Administración, co visto e prace do presidente ou do administrador único, na que figure a composición actual do consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10% (indicando nome ou razón social e porcentaxe de participación), número de traballadores actuais e valor dos seus recursos propios á data do peche do último exercicio.

-No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas por sociedades en porcentaxe superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores actuais e o valor dos seus recursos propios, referido á data do peche do último exercicio.

Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo concepto, especificando o organismo ó que se solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, sé é o caso, importe concedido.

-Certificación acreditativa do cumprimento das obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social, emitida polos órganos competentes.

-Fotocopia do último TC1 e TC2.

-Declaración expresa de non ter contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

-Fotocopia da alta no imposto de actividades económicas e do último recibo pagado por este imposto.

-Fotocopia do imposto de sociedades dos dous últimos exercicios e das contas anuais correspondentes ó último exercicio (compulsados). Nos casos nos que o solicitante desexe que se consideren para a análise os estados financeiros á data posterior do peche do exercicio 94, estas deberán estar auditados por auditor independente.

-Fotocopia do informe da auditoría para as sociedades que se atopen legalmente na obriga de realizala.

-Certificación da entidade financeira dos pasivos que se solicitan a reestructurar, indicando:

* Número da póliza ou contrato.

* Titular da operación.

* Tipo de operación.

* Data de formalización e vencemento.

* Nominal e saldo vivo na data da solicitude.

* No caso de pasivos con vencemento a longo prazo, importe das amortizacións a realizar no prazo dun ano a partir da data dos estados financeiros achegados.

No caso de operacións de leasing, o nominal e o saldo vivo referirase unicamente ó custo de adquisición do ben financiado.

-Fotocopia das pólizas ou contratos que se solicitan a reestructurar.

-Plan de viabilidade con proxeccións das variables económicas a cinco anos e a repercusión económica da reestructuración financeira que se solicita.

-Plan de cancelación de pasivos, de acordo co último peche contable dispoñible, especificando o titular da débeda, contía e data prevista de cancelación.

D) EXPEDIENTES DO PROGRAMA DE AMPLIACIÓN DE CAPITAL.

Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante: Fotocopia do DNI/NIF.

-Fotocopia do CIF da sociedade emisora, copia da escritura de constitución e dos estatutos da sociedade debidamente rexistrada e certificación do secretario do Consello de Administración, co visto e prace do presidente ou do administrador único, na que figure a composición actual do consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10% (indicando nome ou razón social e porcentaxe de participación), número de traballadores actuais e valor dos seus recursos propios á data do peche do último exercicio.

-No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas por sociedades en porcentaxe superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores actuais e o valor dos seus recursos propios, referido á data de peche do último exercicio.

-Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo concepto, especificando o organismo ó que se solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido.

-Certificación acreditativa do cumprimento das obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social do solicitante, emitida polos órganos competentes.

-Fotocopia do último TC1 e TC2.

-Declaración expresa do solicitante de non ter contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

-Fotocopia da alta no imposto de actividades económicas da sociedade emisora da ampliación e do último recibo pagado por este imposto.

-Fotocopia do imposto de sociedades dos dous últimos exercicios e das contas anuais correspondentes ó último exercicio da sociedade emisora da ampliación (compulsados). Nos casos nos que o solicitante desexe que se consideren para a análise os estados financeiros á data posterior ó peche do exercicio 94, estas deberán estar auditados por auditor independente.

-Fotocopia do informe da auditoría para as sociedades emisoras que se atopen legalmente na obriga de realizala.

-Plan de viabilidade con proxección das variables económicas a cinco anos.

-Fotocopia do acordo de ampliación de capital adoptado na xunta xeral da sociedade.

-Certificación emitida polos órganos da sociedade na que faga consta-la relación de socios, accionistas ou partícipes que pretenden acollerse ó programa, contía e porcentaxe de capital a subscribir e importe do préstamo a solicitar por cada un deles.

-No caso de seren sociedades os solicitantes deste programa, deberán aporta-la mesma documentación establecida para a sociedade obxecto de ampliación, agás o plan de viabilidade, o informe de auditoría e a fotocopia do imposto de sociedades e das contas anuais.

7.2.-Presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse nas entidades financeiras segundo o modelo oficial xa citado, achegando orixinal e catro copias, acompañadas pola documentación, por duplicado, que se sinala no epígrafe anterior segundo o programa do que se trate.

A entidade financeira datará e selará os cinco exemplares, entregándolle ó solicitante a cuarta copia, quedándose coa 3ª copia e remitindo ó IGAPE o orixinal e a 1ª e á consellería sectorial por razón da materia a 2ª copia. Así mesmo, deberá centraliza-la recepción das solicitudes unha vez seladas polas súas distintas sucursais, tendo un prazo de trinta días para resolve-la petición de préstamo ou crédito, sendo o prazo límite para a aceptación das solicitudes na dita entidade financeira o 31 de outubro de 1995, podendo o IGAPE anticipar esta data de acordo coas solicitudes presentadas e a capacidade orzamentaria para atendelas.

As entidades financeiras deberán presentar no Rexistro Xeral do IGAPE, os expedientes coa documentación completa acompañada da concesión do préstamo (segundo modelo que se xunta) e o aval da SGR, se é o caso. O último día hábil para a súa presentación será o 30 de novembro de 1995, debendo presentar, ademais, un exemplar na consellería sectorial por razón da materia.

A presentación dos expedientes no IGAPE deberase realizar mediante escrito no que se relacionen os expedientes que se xuntan (número, nome e importe), indicando a qué consellería sectorial remitiron a segunda copia.

No caso de operacións avaladas por unha SGR, estas poderán tramitar directamente as solicitudes e a documentación sempre e cando veñan acompañadas da comunicación de concesión do préstamo pola entidade financeira e pola certificación da concesión do aval.

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberanse tramitar a nome dos titulares que formalizarán o préstamo, seguido da denominación da sociedade civil ou da comunidade de bens.

O IGAPE poderá reclamar á entidade financeira e ó interesado os datos adicionais que coide convenientes para precisa-lo contido da documentación preceptiva, debendo presentarse aquela no prazo improrrogable de 15 días hábiles a partir da data de notificación ó interesado, transcurrido o cal, procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

7.3. Concesión:

O IGAPE comunicará ó solicitante, á entidade financeira e á SGR, se é o caso, a concesión ou denegación da subsidiación. Nos casos de resolucións aprobatorias, previamente á formalización do préstamo ou crédito, e de non mediar interposición de recurso, o beneficiario deberá aceptar expresamente no prazo de 30 días a resolución recaída así como as condicións que na mencionada resolución se establezan.

A aceptación formalizarase mediante escrito dirixido ó IGAPE segundo modelo de dilixencia de aceptación que se xuntará coa resolución.

Transcorrido o prazo sen que o interesado comunique a aceptación, quedará sen efecto a concesión da subvención.

7.4. Formalización:

-A correspondente escritura ou póliza de préstamo ou crédito formalizarase entre a entidade financeira e o solicitante, de acordo coas seguintes condicións:

-Programa de investimentos: O préstamo deberá recolle-la característica de estar acollido ó convenio e a este programa (clave 1/95), e nel establecerase claramente o tipo de xuro nominal anual da operación para o ano 1995 e o sistema de variación para os vindeiros exercicios, así como os puntos obxecto de subsidiación.

O prazo máximo para a formalización do préstamo a partir da data da comunicación da concesión será de cinco meses, a partir dos que esta se considerará nula; salvo autorización expresa polo IGAPE, á vista da solicitude de prórroga razoada do beneficiario e coa conformidade da entidade financeira.

A entidade financeira enviará coa maior brevidade dúas fotocopias da póliza ou escritura do crédito ó IGAPE, e en calquera caso antes de presenta-la solicitude de cobro da subsidiación.

-Programa de créditos -anticipo de subvencións: O préstamo formalizarase logo de endoso da certificación da subvención. A póliza recollerá, ademais do tipo de xuro anual da operación para o-ano 1995, o sistema de variación para os vindeiros exercicios e a subsidiación concedida, o compromiso de cancelación no momento da percepción efectiva da subvención aprobada polo órgano concedente. Por outra parte debe recolle-la característica de estar acollido ó convenio e a este programa de anticipo de subvencións (clave 2/95).

O prazo máximo para a formalización do crédito a partir da data da comunicación da concesión será de un mes, a partir do cal esta se considerará nula, salvo autorización expresa polo IGAPE, á vista da solicitude de prórroga razoada do beneficiario e coa conformidade da entidade financeira.

A entidade financeira remitirá, coa maior brevidade, dúas fotocopias da póliza ou escritura do préstamo ó IGAPE, e en calquera caso antes de presenta-la solicitude de cobro da subsidiación.

-Programa de reestructuración de pasivos: O préstamo deberá recolle-la característica de estar acollido a este convenio e ó programa de reestructuración de pasivos (clave 3/95). Figurará na póliza

ou escritura o tipo de xuro nominal anual da operación para o ano 1995, o sistema de variación para os vindeiros exercicios e os puntos de subsidiación concedidos. O prazo para a cancelación ou modificación non poderá ser superior ó ano de carencia da amortización.

O prazo máximo para a formalización ou modificación do préstamo a partir da data de comunicación da concesión, será de tres meses, a partir do cal esta considerarase nula, salvo autorización expresa do IGAPE, e á vista da solicitude de prórroga razoada do beneficiario e coa conformidade da entidade financeira.

A entidade financeira remitirá, coa maior brevidade, dúas fotocopias da póliza ou escritura do préstamo ó IGAPE, e en calquera caso antes de presenta-la solicitude de cobro da subsidiación.

-Programa de ampliación de capital: O préstamo deberá recolle-la característica de estar acollido a este convenio e ó programa de ampliación de capital (clave 5/95). Figurará na póliza ou escritura o tipo de xuro nominal anual para o ano 1995, o sistema de variación para os vindeiros exercicios e os puntos de subsidiación concedidos, así como a obrigatoriedade de aplicalo á ampliación de capital acordada pola xunta xeral.

A formalización dos préstamos que correspondan a ampliación de capital de cada sociedade poderanse efectuar a través de varias entidades financeiras, non obstante isto, a sociedade emisora da ampliación abrirá unha única conta corrente específica na que se efectuarán os aboamentos que correspondan ós desembolsos dos préstamos subsidiados, remitindo ó IGAPE o extracto da mesma ó finaliza-lo prazo da ampliación.

O prazo máximo para a formalización do préstamo a partir da data de comunicación da concesión será de tres meses, a partir do cal esta considerarase nula, salvo autorización expresa do IGAPE, e á vista da solicitude de prórroga razoada do beneficiario e coa conformidade da entidade financeira.

A entidade financeira remitirá, coa maior brevidade, dúas fotocopias da póliza ou escritura do préstamo ó IGAPE, e en calquera caso antes de presenta-la solicitude de cobro da subsidiación.

7.5.-Disposicións:

A) PROGRAMA DE INVESTIMENTOS: O período de disposición non poderá ser superior á un ano a partir da data de formalización e en ningún caso superior ó prazo de carencia da amortización do préstamo.

Previamente á disposición do préstamo a entidade financeira requirirá ós beneficiarios a documentación (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) que acredite a execución do investimento subvencionado para o seu pagamento. Non se establece restricción en canto ó número de disposicións, así como á contía correspondente a cada unha delas, sempre que o importe, no seu conxunto, non exceda da porcentaxe préstamo subvencionado/investimento subvencionado que figura na resolución de concesión.

As disposicións realizaranse a través dunha conta específica asociada o préstamo subsidiado, na que se reflectirán (única e exclusivamente) os movementos habidos neste.

A entidade financeira deberá conservar copias compulsadas dos documentos que xustifiquen o investimento total subvencionado, así como dos medios utilizados para o seu pagamento, enviando esta documentación xunto co extracto da conta específica ó IGAPE, cando practiquen a 1ª e, se é o caso, a 2ª liquidación de xustificación da subsidiación.

B) PROGRAMA DE CRÉDITOS - ANTICIPO DE SUBVENCIÓNS: Pola natureza desta programa autorízase unha única disposición polo importe total do anticipo.

C) PROGRAMA DE REESTRUCTURACIÓN DE PASIVOS: O período de disposición non poderá abarcar un prazo superior a un ano a partir da data de formalización e non sendo superior en todo caso ó período de carencia do préstamo. A contía das disposicións serán exactamente iguais ó importe dos pasivos financeiros a curto prazo que cancelen ou, se é o caso, modifiquen e o seu número dependerá en cada caso concreto. A entidade financeira non permitirá disposicións nas que non estea debidamente xustificado o importe idéntico de cancelación ou modificación de pasivos financeiros a curto prazo incluídos no plan de cancelación de pasivos presentado polo peticionario ante o IGAPE e a entidade financeira. A entidade financeira poderá acepta-las variacións xustificadas que se produzan neste punto a consecuencia dos desfases temporais entre a presentación do plan de cancelación de pasivos e o momento efectivo da cancelación ou modificación da débeda, sempre que as variacións se produzan sobre os mesmos

pasivos financeiros a curto prazo especificados no plan de cancelación de pasivos e non supoñan incrementos das débedas sobre o límite máximo formalizado con anterioridade á presentación da solicitude no IGAPE.

A entidade financeira deberá conservar fotocopias compulsadas dos documentos que xustifiquen as disposicións e as paralelas cancelacións ou modificacións dos pasivos financeiros incluídos no plan de cancelación de pasivos, enviando esta documentación acompañada do extracto da conta específica ó IGAPE, unha vez realizada a disposición total do préstamo.

D) PROGRAMA DE AMPLIACIÓN DE CAPITAL: O período de disposición non poderá abarcar un prazo superior a un ano a partir da data de formalización e non sendo superior en todo caso ó período de carencia do préstamo. O importe íntegro da disposición destinarase ó aboamento na conta especifica de ampliación de capital da sociedade, establecida na cláusula 7.4. A disposición do préstamo será de unha soa vez no momento do outorgamento da escritura pública de ampliación do capital.

A entidade financeira deberá conservar fotocopias compulsadas dos documentos que xustifiquen a disposición e o paralelo aboamento na conta específica de ampliación de capital da sociedade emisora, enviando esta documentación acompañada do extracto da conta do préstamo ó IGAPE, unha vez

realizada a disposición total do préstamo. Así mesmo deberá remiti-la fotocopia compulsada da escritura de ampliación do capital cando esta se produza.

7.6.-Incidencias:

A.-Cambio da titularidade da axuda financeira: os activos nos que se materialice o investimento, se é o caso, deberán manterse durante a vixencia do préstamo. Poderá solicitarse cambio de titularidade da axuda financeira naquelas operacións xa formalizadas é para tódolos programas, nos casos de transformación de empresas individuais en sociedades e nos da modificación da forma da sociedade, sempre que se recolla na escritura o traspaso da totalidade dos dereitos e obrigas, comprometido no proxecto subvencionado, se é o caso; nos casos de fusión e absorción de sociedades procederase de xeito análogo. A citada documentación deberá ser enviada a través da entidade financeira ó IGAPE, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio de titularidade da axuda.

Tamén se considerará que cumpre esta condición se os bens financiados son substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter ningún tipo de axuda financeira para estos. Nos casos en que non existan investimentos deberán manterse as condicións que fixeron posible o acceso á axuda.

B.-Cambio de entidade financeira: naquelas axudas concedidas nas que o titular solicite a formalización do préstamo noutra entidade financeira colaboradora distinta da que tramitase a solicitude deberá solicita-lo cambio de entidade financeira a través da nova entidade prestamista, xuntando nova comunicación de concesión de préstamo e declaración xurada de que non existe variación na documentación do expediente, enviando toda esa documentación ó IGAPE, para que proceda, se é o caso, á autorización do cambio solicitado.

C.-Modificación dos plans de investimento: este caso ocorrerá tan só para o programa de investimentos e poderá aceptarse un simple cambio de provedores ou de facturas proforma, sempre que non supoña un cambio na natureza do ben nin se desvirtúe o proxecto. Se o cambio supón variacións totais na contía do investimento subvencionable, deberá solicitarse a devandita modificación a través da entidade financeira antes da formalización do préstamo ou, en todo caso, a utilización dos fondos, perante o IGAPE, xuntando unha memoria explicativa do cambio e novas facturas preforma xustificativas desta. Só se aceptarán modificacións que impliquen unha reducción da contía do investimento, podendo o IGAPE, no caso de autoriza-la modificación solicitada, acomoda-la contía do préstamo subvencionable á porcentaxe máxima de financiamento sinalado na cláusula 6ª.

Nos préstamos xa formalizados nos que proceda unha reducción na contía dos mesmos, esta aplicarase a reducir en igual contía as cotas de amortización restantes, sen que se produzan variacións sobre o prazo de amortización do préstamo, ou alternativamente, poderán aplicarse en orde cronolóxica inversa ás datas de vencemento, debendo corresponder en contía a unha ou varias cotas completas.

O procedemento e documentación que deberá acompaña-la solicitude será o mesmo que no caso anterior.

O resto das incidencias que poidan producirse en calquera dos programas deste convenio poderán admitirse logo da solicitude do interesado, coa conformidade da entidade financeira, sempre que estean xustificadas e non desvirtúen a finalidade da subsidiación.

CLÁUSULA 8ª. LIQUIDACIÓN.

a) Liquidación ó beneficiario.

A liquidación da cota de xuro por parte da entidade financeira ó beneficiario efectuarase, ó igual que as amortizacións, trimestralmente, con vencemento o último día do trimestre natural, calculándose os xuros en función do capital vivo, excepto para o ano de carencia no que a cota de xuros se calculará en función do préstamo efectivamente disposto.

Os trimestres serán sempre de 90 días e tódolos meses de 30 días, computándose estes, para a liquidación, desde a data de disposición, incluída esta.

b) Liquidación ó IGAPE.

b.1. Liquidación da subsidiación do programa de investimentos:

A liquidación das subsidiacións por parte da entidade financeira ó IGAPE efectuarase trimestralmente, calculándose sobre o saldo vivo teórico trimestral do préstamo, excepto para o período de carencia no que os puntos subsidiados se aplicarán sobre a base das dúas liquidacións de xustificación de investimento relacionadas a continuación:

Primeira liquidación de xustificación de investimento: computarase cando a suma das disposicións reais, establecidas na cláusula 7.5 deste convenio, acaden unha contía igual ou superior ó 50% do préstamo subsidiado e tomando como data de inicio para a liquidación da subsidiación a da última disposición real que permitiu acada-la dita contía. Así mesmo, para poder practicar esta liquidación, o investimento xustificado debe acadar como mínimo o 50% do investimento total subvencionado.

Segunda liquidación de xustificación de investimento: computarase cando o préstamo subsidiado fora disposto totalmente e, polo tanto, o investimento subvencionado totalmente realizado. O seu importe será a diferencia entre o importe total do préstamo subsidiado e a primeira liquidación de xustificación e tomando como data de inicio para a segunda liquidación de xustificación a da última disposición real que permitiu acada-la total disposición do préstamo e, polo tanto, o investimento estea totalmente realizado.

As entidades financeiras remitirán ó IGAPE certificación das disposicións reais, indicando datas e importes e totalizado para cada unha das liquidacións de xustificación, xunto cos documentos que xustifiquen o investimento subvencionado e os medios utilizados para o seu pagamento e no momento en que practiquen a 1ª e, se é o caso, a 2ª liquidación de xustificación da subvención.

b.2. Liquidación da subsidiación do programa de créditos-anticipo de subvencións:

A liquidación farase trimestralmente con vencemento o último día do trimestre natural, sobre o saldo disposto.

b.3. Liquidación da subsidiación dos programas de reestructuración de pasivos e ampliación de capital:

A liquidación das subsidiacións por parte da entidade financeira ó IGAPE efectuarase trimestralmente, calculándose sobre o saldo vivo trimestral do préstamo, excepto para o ano de carencia no que os puntos subsidiados se aplicarán sobre a base do préstamo efectivamente disposto e do tempo transcorrido desde cada disposición ata o vencemento do correspondente trimestre.

Os trimestres serán sempre de 90 días e tódolos meses de 30 días, computándose estas, para a liquidación, desde a data de disposición, incluída esta.

CLÁUSULA 9ª. PAGAMENTO DAS

SUBSIDIACIÓNS DESTE CONVENIO.

As liquidacións e o pagamento das subsidiacións efectuarase por trimestres naturais vencidos e referidos ó trimestre inmediatamente finalizado.

O pagamento da subsidiación ós beneficiarios realizarase a través da entidade financeira prestamista, que presentará perante o IGAPE certificación solicitando o cobro trimestral da subsidiación, para cada convenio anual e desglosada por programas, xunto coa relación individualizada das súas operacións, o seu capital vivo teórico (unha vez deducida-las amortizacións anticipadas), o tipo de xuro, os puntos obxecto de subsidiación e o importe da subvención devengada no trimestre. A dita certificación deberá presentarse dentro dos 5 primeiros días do trimestre natural seguinte ó que corresponde a liquidación.

O beneficiario do préstamo subsidiado pagará ó seu vencemento o tipo de xuro total da operación, segundo o establecido na cláusula 6.3.2. deste convenio, debendo a entidade financeira aboa-la subsidiación ó beneficiario na mesma data valor na que o IGAPE a ingrese na dita entidade.

As liquidacións practicadas serán a conta, en tanto o IGAPE non realice a oportuna comprobación, que poderá efectuarse durante o período de vixencia do préstamo ou crédito.

Os pagamentos das subsidiacións de convenios anteriores rexeranse polas disposicións neles recollidas.

CLÁUSULA 10ª. PROXECTOS E OPERACIÓNS

ESPECIAIS.

Dentro dos programas e fins previstos ó abeiro do Decreto 59/1994, do 25 de marzo, e neste convenio, os proxectos e operacións que pola súa natureza e contía requiran prazos de realización, disposicións financeiras, sindicación de créditos e

outros que excedan os límites establecidos neste convenio, podería establecerse, entre as partes, un tratamento individualizado, no referente ó condicionado xeral.

CLÁUSULA 11ª. PERDA DA SUBVENCIÓN.

1.-No caso de reclamación xudicial a instancia da entidade financeira, polo incumprimento do contrato do préstamo ou crédito, e nos de suspensión de pagamentos ou bancarrota do beneficiario do préstamo ou crédito, perderase o dereito á subsidiación ó tipo de xuro a partir da data de presentación da reclamación ou da aceptación das anteriores declaracións no xulgado.

2.-Procederase ó reintegro das cantidades percibidas e á esixencia de xuros de demora desde o momento de calquera pagamento con cargo á subvención concedida nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-las condicións requiridas para iso.

c) Incumprimento da finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumprimento das condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

Se transcorridos 30 días naturais desde a data de notificación do correspondente acordo de cancelación da subvención sen que se efectuase o ingreso da cantidade esixida no mesmo, procederase ó seu cobro por vía de constrinximento.

3.-Así mesmo, o IGAPE poderá esixi-las correspondentes responsabilidades ás partes implicadas nos convenios de colaboración, no caso de actuación con neglixencia grave ou dolo, en detrimento do cumprimento das finalidades destas subvencións.

A entidade financeira queda obrigada a lle comunicar ó IGAPE a relación detallada das operacións obxecto de reclamación xudicial e as que incorran en bancarrota ou suspensión de pagamentos con indicación da data de presentación ou aceptación no xulgado.

CLÁUSULA 12ª. COMPATIBILIDADE.

Non poderán acollerse ás axudas establecidas neste convenio aqueles proxectos que se vaian financiar, en todo ou en parte, mediante créditos ou préstamos que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellora-las condicións financeiras respecto ás normais do mercado.

Serán compatibles con outras axudas a fondo perdido establecidas pola Xunta de Galicia ou calquera Administración Pública, sempre que a axuda non sobrepase, en termos de subvención neta equivalente, os límites legalmente establecidos.

Para o cálculo da axuda da subvención ó tipo de xuro procederase do seguinte xeito:

-Calcularanse en pesetas correntes os valores absolutos das subvencións a percibir.

-Actualizaranse, ó ano de concesión das axudas, os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando coma taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

CLÁUSULA 13ª. RESPONSABILIDADE

SUBSIDIARIA.

A entidade financeira que asina o presente convenio comprométese a responder subsidiariamente e de xeito solidario co beneficiario da devolución e pagamento do importe das subvencións indebidamente percibidas, cando se cumpran os seguintes supostos:

a) Cando por neglixencia grave ou dolo da entidade financeira que asina este convenio, esta permitise dispoñer indebidamente dos fondos da conta restrinxida do préstamo, sen presentación por parte dos beneficiarios dos correspondentes xustificantes, ou ben estes se refiran de xeito claro e manifesto a bens substancialmente distintos dos incluídos no proxecto de investimento.

b) Que do uso indebido da conta se derivase un emprego de fondos distinto das finalidades previstas nestas axudas ás pequenas e medianas empresas, e iso dese lugar a unha resolución administrativa firme de obriga de devolución das subvencións indebidamente percibidas.

Non se considerarán nos supostos anteriores os simples erros materiais ou aritméticos, nos que non interveña culpa nin dolo.

CLÁUSULA 14ª. NORMAS OPERATIVAS.

As entidades financeiras asinantes comprométense a acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo se dicten polo IGAPE para a mellor administración e control das operacións incluídas no convenio.

CLÁUSULA 15ª. INFORMACIÓN E INSPECCIÓN.

O IGAPE, por medio dos seus propios órganos, poderá solicitar das entidades financeiras aclaracións á documentación que deberán enviar unha vez realizada a disposición total do préstamo e que se sinala na cláusula 7.5. e ó longo de toda a vixencia do préstamo ou crédito.

Igualmente poderá solicitar das SGR a remisión da documentación que acredite a execución do investimento correspondente ós beneficios ós que prestase o seu aval.

O IGAPE poderá proceder á inspección directa dos investimentos que realicen os beneficiarios destas axudas.

CLÁUSULA 16ª. DENUNCIA DO CONVENIO.

Será causa suficiente para a denuncia do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas.

A denuncia, que deberá facerse con 30 días de preaviso, suporá en todo caso deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

CLÁUSULA 17ª. COMPROMISO DAS ENTIDADES

FINANCEIRAS.

A entidade financeira que subscribe o presente convenio comprométese a concede-los préstamos ou créditos nos termos e condicións establecidas neste convenio e no Decreto 59/1994, do 25 de marzo. A entidade financeira, antes do 20 de xullo, enviará por escrito ó IGAPE, referido á data do derradeiro día hábil do mes de xuño, a relación de peticionarios por cada un dos programas deste convenio, ós que lles foron concedidos préstamos ou créditos, engadindo se é o caso unha relación das solicitudes que estean en trámite. Na comunicación, para o caso das solicitudes aprobadas, deberá facerse consta-lo número de expediente e importe concedido.

Unha relación similar deberá enviarse ó IGAPE antes do 30 de novembro, referida ás operacións que se produzan entre o día da anterior comunicación e o 31 de outubro. A devandita relación poderá englobar tódalas operacións desde a data da sinatura deste convenio, facéndoo constar así na mesma.

A entidade asinante comprométese igualmente a non conceder préstamos sen a autorización do IGAPE por unha contía superior a ... millóns de pesetas.

No caso de que se admitise e aprobase a solicitude unha vez que se pase o límite anterior, sen ser autorizada polo IGAPE, deberá poñer en coñecemento do seu cliente este extremo e indicarlle que a súa solicitude quedará supeditada á posible ampliación de crédito por parte do IGAPE.

CLÁUSULA 18ª. SEGUIMENTO DO CONVENIO.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada pola entidade financeira, a SGR e representantes do IGAPE que terán reunións con periodicidade trimestral ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

O IGAPE fará públicos os resultados do convenio de xeito periódico.

CLÁUSULA 19ª. PUBLICIDADE.

As entidades financeiras asinantes comprométense a amosar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo IGAPE e a colaborar na axeitada difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de lograr maior eficacia, os proxectos e campañas publicitarias, se é o caso, serán sometidas á aprobación previa do IGAPE.

CLÁUSULA 20ª. NATUREZA.

O presente convenio ten natureza administrativa correspondendo ó IGAPE a interpretación do seu contido.

CLÁUSULA 21ª. DISPOSICIÓN TRANSITORIA.

Consideraranse subvencionables, para os efectos establecidos na cláusula 5.1 deste convenio, os investimentos realizados a partir do 1 de xaneiro de 1995, téndose en conta para a determinación do

importe do préstamo subsidiado e para as disposicións do mesmo, as seguintes consideracións:

A) Os investimentos realizados a partir do 1 de xaneiro de 1995 e ata a data de entrada en vigor do presente convenio poderán terse en conta á hora de determina-lo importe máximo do préstamo, con independencia de que estean en todo ou en parte pagados, para o cal deberase remitir ó IGAPE a través da entidade financeira, xunto co impreso de solicitude, a relación dos investimentos feitos e a relación dos pagamentos satisfeitos e pagamentos pendentes, subscrita polo solicitante e selada pola entidade financeira. A entidade financeira só permitirá disposicións nas que estea debidamente xustificada a realización dos investimentos e dos pagamentos correspondentes ós mesmos durante o período de referencia arriba establecido. As disposicións non superarán a porcentaxe do préstamo concedido respecto ó investimento subvencionable que figura na resolución de concesión. Toda esta documentación remitirase ó IGAPE de acordo co establecido na cláusula 7.5.

B) Os investimentos que se realicen a partir da data de entrada en vigor do convenio poderán considerarse igualmente subvencionables, aínda cando no momento da solicitude estean en todo ou en parte materializados e non pagados na súa totalidade. Neste caso, o importe do préstamo non poderá supera-la parte pendente de pagamento nin a porcentaxe máxima de financiamento, téndose en conta tanto para o cómputo do investimento subvencionable como dos pagamentos pendentes, os considerados no apartado A) como investimentos feitos e pagamentos satisfeitos desde o 1 de xaneiro de 1995 ata a data de entrada en vigor do presente convenio.

No caso de investimentos feitos con anterioridade á data de solicitude, deberán remitir, xunto co impreso de solicitude, a relación dos investimentos materializados e a relación dos pagamentos satisfeitos e pagamentos pendentes, subscrita polo solicitante e selada pola entidade financeira.

C) Para ámbolos dous casos, desde a data da solicitude ata que se formalice o préstamo acollido ó convenio, soamente poderán realizarse pagamentos dos investimentos mediante un préstamo ou crédito ponte coa mesma entidade financeira, por un período máximo de 6 meses. O destino deste préstamo ou crédito ponte deberá quedar recollido expresamente na póliza ou escritura e a entidade financeira, para a súa disposición, esixirá os mesmos requisitos e documentación que para o préstamo definitivo acollido ó convenio. A entidade financeira deberá remitirlle ó IGAPE a fotocopia da póliza ponte, a relación dos investimentos efectuados correspondentes ó proxecto investidor, así como fotocopia da documentación acreditativa da realización do investimento e dos pagamentos efectuados, acompañado do extracto da conta específica, co obxecto de autoriza-la formalización da póliza definitiva.

O crédito ponte non gozará de axuda financeira e será formalizado ó mesmo tipo de xuro regulado no convenio coa entidade financeira. Cancelarase con cargo ó préstamo definitivo.

En Santiago de Compostela, 31 de maio de 1995.

Pola Entidade Financeira Polo IGAPE

Asdo.: ... Asdo.: José Antonio Orza Fernández

DNI Presidente do IGAPE