Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.764

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1995 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) e as entidades financeiras.

Dentro das liñas de actuación do IGAPE para 1995 de cara á pequena e mediana empresa e conforme as funcións atribuídas pola Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación deste instituto, suscríbese o convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia, ó amparo do Decreto 59/1994, do 25 de marzo, polo que se aproba o réxime de subsidiación ó tipo de xuro para o financiamento das pequenas e medianas empresas, entre o IGAPE e as entidades financeiras e ó amparo do Decreto 305/1994, do 21 de outubro, polo que se modifica o anterior.

En virtude do exposto,

DISPOÑO:

ARTIGO ÚNICO.-Con obxecto de darlle unha adecuada difusión e de que sexa de xeral coñecemento, faise público o contido do dito convenio, que figura como anexo I, as entidades financeiras asinantes, que figuran como anexo II, as actividades subvencionables, como anexo III, así como os formularios e modelos de xestión, que figuran como anexo IV.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1995.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

Augusto Rodríguez Jordá

Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

ANEXO I

CONVENIO DE APOIO FINANCEIRO ÓS

INVESTIMENTOS DAS PEQUENAS E MEDIANAS

EMPRESAS DE GALICIA FINANCIADO POLO

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN

ECONÓMICA (IGAPE), O INSTITUTO DE

CRÉDITO OFICIAL (ICO) E A ENTIDADE

FINANCEIRA...

ANTECEDENTES

O presente convenio, asinado por unha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), José Antonio Orza Fernández e, por outra parte, por..., representado por... con poder suficiente, inscríbese dentro do marco da política de apoio á pequena e mediana empresa emprendida pola Xunta de Galicia, ó abeiro do Decreto 59/1994, do 25 de marzo.

Conscientes do importante papel que as PEMES desenvolven na actividade económica, ponse en marcha un programa de financiamento dos investimentos que estas empresas promovan. Consistindo a axuda na subsidiación ó tipo de xuro dos prestamos que se concerten coas entidades financeiras acollidos ó presente convenio. Os fondos para a formalización

destas operacións serán facilitados ás entidades financeiras polo Instituto de Crédito Oficial.

Para este fin, ..., na súa condición de prestamista, comprométese a mobilizar en préstamos as pequenas e medianas empresas, na súa calidade de beneficiarias do presente convenio, unha cantidade non inferior a... millóns de pesetas. A dita cantidade destinarase a financiar operacións acollidas tanto ó presente convenio como ó subscrito entre o IGAPE e as entidades financeiras.

A cantidade comprometida ten carácter de mínimo e poderase aumentar no mes de xullo do ano en curso, proporcionalmente ó grao de utilización efectivo da mesma, de acordo co tempo transcorrido do convenio.

Os citados préstamos poderán ser subsidiados con suxeición ás seguintes

CLÁUSULAS

CLÁUSULA 1ª. OBXECTO.

O presente convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre... e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), coa finalidade de establecer liñas de financiamento subsidiado para as pequenas e medianas empresas, someténdose as partes na totalidade ó establecido no mencionado Decreto 59/1994, do 25 de marzo, polo que se aproba o réxime de subsidiación ó tipo de xuro para o financiamento das pequenas e medianas empresas, as normas específicas contidas no presente convenio e as que con posterioridade se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

CLÁUSULA 2ª. ÁMBITO TERRITORIAL

E VIXENCIA.

O ámbito territorial de aplicación do presente convenio será o da Comunidade Autónoma de Galicia, debendo de estar radicadas no dito territorio as empresas ou centros beneficiarios. Non obstante o anterior, a cada vez máis urxente internacionalización da empresa galega aconsella non seguir de forma ríxida o principio de radicación, por iso naqueles casos nos que o IGAPE o xulgue de interese estratéxico para as empresas dun determinado sector, ou individualmente para un caso concreto, poderanse financiar aínda non estando radicados en Galicia os investimentos, especialmente comerciais e de distribución.

O presente convenio entrará en vigor ó día seguinte da data do seu asinamento e a súa vixencia, para a presentación de novas solicitudes de subsidiación na entidade financeira, será ata o 31 de outubro de 1995.

CLÁUSULA 3ª. MODALIDADE E DESTINO

DAS AXUDAS.

O tipo de axuda financeira elixida consiste na subsidiación dos tipos de xuro dos préstamos concertados en virtude do presente convenio e destinados a financiar proxectos de investimento.

CLÁUSULA 4ª. BENEFICIARIOS E ACTIVIDADES

SUBVENCIONABLES.

4.1.-Beneficiarios.

Terán a consideración de beneficiarias aquelas empresas (PEMES) que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter como máximo 250 traballadores.

b) Que os seus recursos propios non sexan superiores a 500 millóns de pesetas.

c) Non te-lo seu capital participado en máis dun 25% por outra empresa, excepto nos casos nos que as cifras consolidadas non superen os requisitos establecidos nos apartados a e b.

Excepcionalmente, e para aqueles proxectos que se consideren de especial interese socioeconómico polo IGAPE, tamén poderán ser beneficiarias as empresas que teñan un cadro de persoal inferior a 500 traballadores, o seu activo neto inferior a 11.000 millóns de pesetas e que non estean participadas en máis dun 33% por unha empresa de maior tamaño.

4.2.-Actividades subvencionables.

As empresas beneficiarias deberán de pertencer á industria de extracción, de transformación ou turística e aquelas actividades de transporte, comercialización e servicios de apoio industrial que contribúan á mellora de súa estructura productiva e de distribución; debendo esta-lo sector de actividade da empresa beneficiaria comprendido dentro dos relacionados no anexo de actividades subvencionables.

Tamén serán considerados como subvencionables aqueles préstamos que financien proxectos de modernización, reestructuración, renovación e equipamento de barcos de pesca de ata 350 TRB, sempre que cumpran as condicións establecidas pola Unión Europea.

CLÁUSULA 5ª. CONCEPTOS DE INVESTIMENTOS

SUBVENCIONABLES E MATERIALIZACIÓN DOS

INVESTIMENTOS.

a) Os conceptos de investimento subvencionable serán os que se materialicen en activos fixos novos, adquiridos a terceiros, que repercutan directamente na capacidade de producción ou na productividade da empresa, e con suxeición ós seguintes límites:

-ata o 80% do investimento a financiar pode ser en inmobles.

-ata o 20% do investimento a financiar pode ser en activos inmateriais.

b) Materialización dos investimentos: os activos nos que se materialice o investimento deberán manterse durante a vixencia do préstamo.

CLÁUSULA 6ª. CARACTERÍSTICAS DAS

OPERACIÓNS DE PRÉSTAMO.

6.1.-Importe dos préstamos e porcentaxe de financiamento:

O importe do préstamo con dereito a subsidiación non poderá exceder do 70% do investimento subvencionable.

O total do investimento subvencionable determinarase excluíndo o IVE e outros impostos do custo de adquisición. Non obstante, terán a consideración de subvencionables os honorarios do proxecto, permisos de obra e outros gastos de natureza similar.

O importe mínimo do préstamo será de 5 millóns de pesetas, en tanto que o investimento subvencionable non poderá ser inferior a 10 millóns de pesetas.

Excepcionalmente, e para aquelas actividades comerciais e artesanais que, ademais de cumpriren os requisitos establecidos con carácter xeral, cumpran os establecidos nas cláusulas 22ª e 23ª deste convenio, respectivamente, o importe mínimo do préstamo será de 750.000 pesetas, en tanto que o investimento subvencionable será inferior a 10 millóns de pesetas.

6.2.-Prazos dos préstamos:

Os prazos dos préstamos establécense en función do importe do investimento subvencionable e serán os seguintes:

a) Para investimentos iguais ou superiores a 10 millóns de pesetas o prazo dos préstamos será de 7 anos, dos que os dous primeiros poderán ser de carencia.

b) Para investimentos inferiores a 10 millóns de pesetas o prazo dos préstamos será de 5 anos, dos que o primeiro poderá ser de carencia.

6.3.-Tipos de xuro, axuda financeira, comisións, intervención das SGR e amortización dos préstamos:

6.3.1.-Tipos de xuro expresado en taxa anual equivalente (TAE):

-Para investimentos iguais ou superiores a 10 millóns de pesetas, os solicitantes destas axudas poden optar entre:

K Tipo de xuro variable: tipo de referencia inicial do ICO máis 0,5 puntos, revisable para cada período anual de xuro segundo MIBOR a 1 ano máis 0,5 puntos.

K Tipo de xuro fixo durante toda a vida do préstamo: tipo de referencia do ICO máis 0,50 puntos.

-Para investimentos inferiores a 10 millóns de pesetas:

K O tipo de xuro será fixo durante toda a vida do préstamo: tipo de referencia do ICO máis 0,50 puntos.

O ICO comunícalles estes tipos quincenalmente ás entidades financeiras e son os que deben aplicarse ós préstamos que se formalicen durante esa quincena. A mesma comunicación farase para a revisión anual.

A estes tipos de xuros aplicaráselle-la subvención de fondos FEDER, que terá un importe de ata 1,75 puntos porcentuais. Está previsto que a subvención do FEDER, excepto no caso que se descontara directamente do tipo de xuro á formalización do préstamo, pagarase dunha soa vez, cando este organismo faga o libramento de fondos, e aplicarase para reduci-lo principal do préstamo recalculándose linealmente as cotas de amortización sen varia-lo prazo. Neste caso non se aplicará a penalización por reembolso anticipado establecido na cláusula 6.3.5., en todo caso a operativa estará suxeita ás normas de funcionamento entre o ICO-FEDER.

6.3.2.-Axuda financeira do IGAPE:

A subsidiación non superará os 5 puntos. Os criterios utilizados para a determinación dos puntos de subsidiación serán:

-Para proxectos de empresas de nova constitución, ou empresas xa existentes, non asociados a modernizacións ou ampliacións de establecementos, 1 punto.

-Segundo o emprego, a actividade, a localización do proxecto, o grao de utilización de materias primas e de equipos autóctonos incorporados ó proceso productivo, o carácter innovador e a capacidade de xeración de valor engadido, subsidiaranse ata 3 puntos. Aqueles proxectos que se instalen nalgún dos municipios comprendidos na zona de promoción económica especial de Ferrol terán automaticamente 2 puntos por localización.

-Por integración do proxecto en plans especiais asociativos de empresas, ben sexa de especialización productiva, de accións comerciais conxuntas ou en investigación e desenvolvemento, subsidiaranse con 1 punto.

-Para aqueles proxectos que acheguen aval dunha SGR, 1 punto.

-Excepcionalmente, os préstamos que financien proxectos de modernización, reestructuración, renovación e equipamento de barcos de pesca de ata 350 TRB, poderán acada-los 6 puntos de subvención.

6.3.3.-Comisións:

O tipo de xuro é TAE e as entidades financeiras non poden cobrar ningunha cantidade en concepto de comisión de apertura, gastos de estudio e comisión de dispoñibilidade.

6.3.4.-Intervención das SGR:

No caso de que a operación de préstamo estea avalada por unha SGR que subscriba este convenio, o tipo de xuro indicado no apartado 6.3.1. rebaixarase nun punto. Estas sociedades poderán percibir polo importe do aval que presten unha comisión máxima anual do 1% sobre os saldos máximos garantidos cada ano, a dita comisión será integramente subvencionada polo IGAPE.

6.3.5.-Amortización dos préstamos:

As amortizacións realizaranse polo prestatario en cotas semestrais iguais, debendo recolle-la póliza ou escritura de préstamo ás datas e importes das cotas de amortización.

Non obstante, a vontade do prestatario, o préstamo poderá ser amortizado de forma anticipada total ou parcialmente. As amortizacións anticipadas que, se é o caso, realice voluntariamente o prestatario deberán aplicarse a reducir en igual contía as cotas de amortización restantes, sen que se produzan variacións no prazo de amortización do préstamo.

No caso de reembolso parcial anticipado subscribirase anexo á póliza ou escritura de préstamo, no que se determinará o capital parcialmente amortizado e se concretará o novo importe das cotas semestrais pendentes de pagamento e a data de pagamento de cada unha delas.

A entidade financeira enviaralle coa maior brevidade as fotocopias do dito anexo ó IGAPE, e en calquera caso antes de presenta-la solicitude de cobro da liquidación semestral da subvención.

A penalización por reembolso anticipado é a seguinte:

-préstamos a tipo variable: 2,5% anual polo prazo que falte ata a data de revisión do tipo. Se o reembolso se fai coincidir coa data de revisión non hai penalización.

-préstamos a tipo fixo: 2,5% anual sobre as cantidades reembolsadas anticipadamente.

6.3.6.-Para préstamos con tipo de xuro variable:

-As variacións á alza do tipo de xuro serán a cargo exclusivamente dos beneficiarios, é dicir, non provocarán ningunha variación nos puntos de subsidiación.

-No caso de variacións á baixa, o tipo de xuro do préstamo resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación non poderá ser inferior ó 5%, neste caso limitarase a subsidiación ata o citado tipo efectivo resultante.

6.3.7.-Para préstamos con tipo de xuro fixo: o tipo de xuro do préstamo resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación non poderá ser inferior ó 5%.

CLÁUSULA 7ª. TRAMITACIÓN.

7.1.-Modelo de solicitude e documentación.

A solicitude a presentar deberase corresponder co modelo normalizado que para tal efecto se distribuirá e dará publicidade a través das entidades financeiras e do Diario Oficial de Galicia.

Ademais desta solicitude incluirase a seguinte documentación por duplicado:

-Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante: Fotocopia do DNI/NIF. No caso de ser sociedades, deberán achegar fotocopia do CIF, copia da escritura de constitución e dos estatutos debidamente rexistrada e a certificación do secretario do Consello de Administración, co visto e prace do presidente ou do administrador único,

na que figure a composición actual do Consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10% (indicando nome ou razón social e porcentaxe de participación), número de traballadores actuais e valor dos seus recursos propios á data do peche do último exercicio.

-Balance oficial do último exercicio cerrado, asinado polo representante legal da empresa.

-No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas por sociedades en porcentaxe superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores actuais e o valor dos seus recursos propios, referido á data do peche do último exercicio.

Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto, especificando o organismo ó que se solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido.

-Certificación acreditativa do cumprimento das obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social, emitida polos órganos competentes.

-Declaración expresa de non ter contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

-Fotocopia da alta no imposto de actividades económicas e do último recibo pagado por este imposto.

-Descrición valorada do investimento proxectado, facendo ademais constar se se trata dun novo establecemento, dunha modernización o dunha ampliación.

-Facturas proforma, orzamentos, contratos, etc., orixinais asinados polo provedor e, para aqueles proxectos nos que estea prevista a realización de obras e construccións, deberán acompañar anteproxecto valorado das mesmas.

-Cando a adquisición se produza entre persoas ou entidades vinculadas, será preciso portar unha valoración efectuada por un técnico de taxación independente.

-Fotocopia do último TC1 e TC2.

-Se é o caso, declaración xurada do número de postos de traballo por conta allea que se van crear.

-Os proxectos que soliciten préstamos superiores ós 75 millóns de pesetas deberán presentar unha memoria dos antecedentes da empresa ou dos seus promotores, a razón que aconsella a realización do proxecto, memoria do funcionamento, de investimentos, comercial e financeira e estudio de viabilidade asinado polo solicitante.

En calquera caso, cantos outros documentos e información adicional se considere oportuna, a xuízo do IGAPE, para os efectos dunha correcta análise da solicitude.

7.2.-Presentación das solicitudes.

As solicitudes presentaranse nas entidades financeiras segundo o modelo oficial xa citado, xuntando orixinal e catro copias, acompañadas pola documentación, por duplicado, que se sinala no epígrafe anterior.

A entidade financeira datará e selará os cinco exemplares, entregando ó solicitante a cuarta copia, quedándose coa 3ª copia e remitindo ó IGAPE o orixinal e a 1ª copia e á consellería sectorial por razón da materia a 2ª copia. Así mesmo, deberá centraliza-la recepción das solicitudes unha vez seladas polas súas distintas sucursais, tendo un prazo de 30 días para resolve-la petición de préstamo, sendo o prazo límite para a aceptación das solicitudes na dita entidade financeira o 31 de outubro de 1995, podendo o IGAPE anticipar esta data de acordo coas solicitudes presentadas e a capacidade orzamentaria para atendelas.

As entidades financeiras deberán presentar no rexistro xeral do IGAPE os expedientes coa documentación completa acompañada da concesión do préstamo (segundo modelo que se xunta) e do aval da SGR, se é o caso. O último día hábil para a súa presentación será o 30 de novembro de 1995, debendo presentar, ademais, un exemplar dos expedientes na consellería sectorial por razón da materia.

A presentación dos expedientes no IGAPE, deberase realizar mediante escrito no que se relacionen os expedientes que se xuntan (número, nome e importe), indicando a qué consellería sectorial remitiron a segunda copia.

No caso de operacións avaladas por unha SGR, estas poderán tramitar directamente as solicitudes e a documentación sempre e cando veñan acompañadas da comunicación de concesión do préstamo pola entidade financeira e pola certificación de concesión do aval.

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberanse tramitar a nome dos titulares que formalizarán o préstamo, seguido da denominación da sociedade civil ou comunidade de bens.

O IGAPE poderá reclamar á entidade financeira e ó interesado os datos adicionais que coide convenientes para precisa-lo contido da documentación preceptiva, debendo presentarse aquela no prazo improrrogable de 15 días hábiles a partir da data de notificación ó interesado, transcorrido o dito prazo procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite.

7.3.-Concesión.

O IGAPE comunicará ó solicitante, á entidade financeira e, se é o caso, á SGR, a concesión ou denegación da subsidiación. Nos casos de resolucións aprobatorias, previamente á formalización do préstamo e de non mediar interposición de recurso, o beneficiario deberá aceptar expresamente no prazo de 30 días a resolución recaída así como as condicións que na mencionada resolución se establezan.

A aceptación formalizarase mediante escrito dirixido ó IGAPE segundo o modelo de dilixencia da aceptación que se xuntará coa resolución.

Transcorrido o prazo sen que o interesado comunique a aceptación, quedará sen efecto a concesión da subvención.

7.4.-Formalización.

A correspondente escritura ou póliza de préstamo formalizarase entre a entidade financeira e o solicitante, de acordo coas seguintes condicións:

O préstamo deberá recolle-la característica de estar acollido ó convenio IGAPE-ICO e a este programa (clave 1/95), e nel estableceranse claramente o tipo de xuro da operación e, se é o caso, o sistema de variación para os próximos exercicios, así como os puntos obxecto de subsidiación.

-O prazo máximo para a formalización do préstamo ou, se é o caso, adaptación da póliza ás condicións da resolución de concesión, a partir da data da comunicación da concesión será de cinco meses, a partir do cal esta considerarase nula, salvo autorización expresa polo IGAPE á vista da solicitude de prórroga razoada do beneficiario e coa conformidade da entidade financeira.

A entidade financeira enviará, coa maior brevidade, dous fotocopias da póliza ou escritura de préstamo ó IGAPE, e en calquera caso antes de presenta-la solicitude de cobro da subsidiación.

7.5.-Disposicións.

O período de disposición no poderá ser superior a un ano a partir da data de formalización.

Non se establece restricción en canto ó número de disposicións, así como á contía correspondente a cada unha delas.

7.6.-Incidencias.

A.-Cambio de titularidade da axuda financeira: os activos nos que se materialice o investimento deberán manterse durante a vixencia do préstamo. Poderase solicitar cambio de titularidade da axuda financeira naquelas operacións xa formalizadas nos casos de transformacións de empresas individuais en sociedades e nos de modificación de forma da sociedade, sempre que se recolla na escritura o traspaso da totalidade dos dereitos e obrigas, comprometido no proxecto subvencionado. Nos casos de fusión, absorción e venda de sociedades procederase de xeito análogo. A dita documentación deberá ser enviada a través da entidade financeira ó IGAPE, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio de titularidade da axuda.

Tamén se considerará que cumpre esta condición se os bens financiados son substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter ningún tipo de axuda financeira para estas.

B. Cambio de entidade financeira: naquelas axudas concedidas nas que o titular solicite a formalización do préstamo noutra entidade financeira colaboradora distinta da que tramitase a solicitude deberá solicita-lo cambio de entidade financeira a través da nova entidade prestamista, acompañando nova comunicación de concesión de préstamo e declaración xurada de que non existe variación na documentación do expediente, enviando toda esa docu

mentación ó IGAPE, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio solicitado.

C.-Modificación dos plans de investimentos: poderá aceptarse un simple cambio de provedores ou de facturas proforma, sempre que non supoña un cambio na natureza do ben nin se desvirtúe o proxecto. Se o cambio supón variacións totais na contía do investimento subvencionable deberá solicitarse a dita modificación a través da entidade financeira ante o IGAPE, previamente á formalización do préstamo ou en todo caso, á utilización dos fondos, acompañando unha memoria explicativa do cambio e novas facturas proforma xustificativas do mesmo. Só se aceptarán modificacións que impliquen unha reducción da contía do investimento, podendo o IGAPE, no caso de autoriza-la modificación solicitada, acomoda-la contía do préstamo subvencionable á porcentaxe máxima de financiamento sinalado na cláusula 6ª.

Nos préstamos xa formalizados nos que proceda unha reducción na contía dos mesmos, esta aplicarase a reducir en igual contía as cotas de amortización restantes, sen que se produzan variacións sobre o prazo de amortización do préstamo.

O procedemento e documentación que se terá que acompañar á solicitude será o mesmo que no caso anterior.

O resto das incidencias que poidan producirse poderán admitirse despois da solicitude do interesado, coa conformidade da entidade financeira, sempre que estean xustificadas e non desvirtúen a finalidade da subsidiación.

CLÁUSULA 8ª. LIQUIDACIÓN.

a) Liquidación ó beneficiario.

A liquidación da cota de xuro por parte da entidade financeira ó beneficiario efectuarase, ó igual que as amortizacións, semestralmente, calculándose os xuros en función do capital vivo ou capital disposto.

Os semestres serán sempre de 180 días e tódolos meses de 30 días, computándose estas, para a liquidación, desde a data de disposición, incluída esta.

b) Liquidación ó IGAPE.

A liquidación das subsidiacións por parte da entidade financeira ó IGAPE efectuarase semestralmente, calculándose sobre o saldo vivo teórico semestral do préstamo, excepto para o período de xustificación do investimento no que a liquidación das subsidiacións se condicionan a xustificación, por parte dos beneficiarios, da realización e pagamento do investimento subvencionable, e de acordo co establecido a continuación:

Primeira ou, se é o caso, única liquidación de xustificación: devengarase cando o investimento xustificado (realizado e pagado) acade unha contía igual ou superior ó 50% do investimento subvencionable. Esta liquidación será única cando a dita contía acade o 100%.

Segunda liquidación de xustificación: devengarase cando o investimento subvencionable estea totalmente xustificado.

A entidade financeira, previamente á liquidación da subsidiación, esixirá ós beneficiarios copias compulsadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento subvencionable, así como dos medios utilizados para o seu pagamento, enviando esta documentación ó IGAPE acompañada dunha certificación bancaria, data da saída e asinada pola dita entidade, na que se fará constar que se acreditou a realización e pagamento do investimento subvencionable e cumpridos os requisitos para practica-la primeira e, se é o caso, segunda liquidación de xustificación.

Para o cálculo dos xuros tomarase como data de inicio da subsidiación a da certificación bancaria e os puntos subsidiados aplicaranse á cantidade resultante de aplica-la porcentaxe de financiamento, que figura na resolución de concesión, polo investimento subvencionable xustificado.

Os semestres serán sempre de 180 días e tódolos meses de 30 días, computándose estas para a liquidación desde a data da certificación, incluída esta.

O período de xustificación do investimento non poderá ser superior a un ano a partir da data de formalización.

CLÁUSULA 9ª. PAGAMENTO DAS

SUBSIDIACIÓNS.

O pagamento da subvención semestral ó beneficiario efectuarase no trimestre natural seguinte ó do seu vencemento.

O dito pagamento realizarase a través da entidade financeira prestamista, que presentará ante o IGAPE certificación pola que solicitando o cobro semestral da subsidiación deste convenio acompañada da relación individualizada das súas operacións, o seu capital vivo teórico (unha vez deducidas as amortizacións anticipadas se as houbese), o tipo de xuro, os puntos obxecto de subsidiación e o importe da subvención devengada no semestre. A dita certificación deberá presentarse dentro dos 15 primeiros días do trimestre natural seguinte ó do seu vencemento.

O beneficiario do préstamo subsidiado pagará ó seu vencemento o tipo de xuro total da operación, segundo o establecido na cláusula 6.3.1. deste convenio, debendo a entidade financeira aboa-la subsidiación ó beneficiario na mesma data valor na que o IGAPE a ingrese na dita entidade.

As liquidacións practicadas serán en conta, en tanto o IGAPE non realice a oportuna comprobación, que poderá efectuarse durante o período de vixencia do préstamo.

CLÁUSULA 10ª. PROXECTOS E OPERACIÓNS

ESPECIAIS.

Dentro dos programas e fins recollidos ó abeiro do Decreto 59/1994, do 25 de marzo, e neste con

venio, os proxectos e operacións que pola súa natureza e contía requiran prazos de realización, disposicións financeiras, sindicación de créditos e outros que superen os límites establecidos neste convenio, podería establecerse un tratamento individualizado entre as partes.

CLÁUSULA 11ª. PERDA DA SUBVENCIÓN.

1.-No caso de reclamación xudicial por instancia da entidade financeira, por incumprimento do contrato do préstamo e nos de suspensión de pagamentos ou quebra do beneficiario do préstamo, perderase o dereito á subsidación ó tipo de xuro a partir da data de presentación da reclamación ou da aceptación das anteriores declaracións no xulgado.

2.-Procederase ó reintegro das cantidades percibidas e á esixencia de xuros de demora desde o momento de calquera pagamento con cargo á subvención concedida nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-las condicións requiridas para iso.

c) Incumprimento da finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumprimento das condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

Se transcorridos 30 días naturais desde a data da notificación do correspondente acordo de cancelación da subvención sen que se efectuase o ingreso da cantidade esixida no mesmo, procederase ó seu cobro por vía de constrinximento.

3.-Así mesmo, o IGAPE poderá esixi-las correspondentes responsabilidades ás partes implicadas nos convenios de colaboración, no caso de actuación con neglixencia grave ou dolo, en detrimento do cumprimento das finalidades destas subvencións.

A entidade financeira queda obrigada a lle comunicar ó IGAPE a relación detallada das operacións obxecto de reclamación xudicial e as que incorran en quebra ou suspensión de pagamentos con indicación da data de presentación ou aceptación no xulgado.

CLÁUSULA 12ª. COMPATIBILIDADE.

Non poderán acollerse ás axudas establecidas neste convenio aqueles proxectos que se vaian financiar, en todo ou en parte, mediante préstamos que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellora-las condicións financeiras respecto das normais do mercado.

Serán compatibles con outras axudas a fondo perdido establecidas pola Xunta de Galicia ou calquera Administración pública, sempre que a axuda non supere, en termos de subvención neta equivalente, os límites legalmente establecidos.

Para o cálculo da axuda de subvención ó tipo de xuro procederase da seguinte forma:

-Calcularanse en pesetas correntes os valores absolutos das subvencións a percibir.

-Actualizaranse, ó ano da concesión das axudas, os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

CLÁUSULA 13ª. RESPONSABILIDADE

SUBSIDIARIA.

A entidade financeira que asina o presente convenio comprometerase a responder subsidiariamente e de forma solidaria co beneficiario da devolución e o pagamento do importe das subvencións indebidamente percibidas, cando se cumpran os seguintes supostos:

a) Cando por neglixencia grave ou dolo da entidade financeira que asina este convenio se permitirá dispoñer indebidamente dos fondos da conta restrinxida do préstamo, sen presentación por parte dos beneficiarios dos correspondentes xustificantes, ou ben estas se refiran de maneira clara e manifesta a bens substancialmente distintos ós incluídos no proxecto de investimento.

b) Que do uso indebido da conta se derivase un emprego de fondos distinto das finalidades previstas nestas axudas ás pequenas e medianas empresas e iso dea lugar a unha resolución administrativa firme de obriga da devolución das subvencións indebidamente percibidas.

Non se considerarán nos supostos anteriores os simples erros materiais ou aritméticos nos que non interveña culpa nin dolo.

CLÁUSULA 14ª. NORMAS OPERATIVAS.

As entidades financeiras asinantes comprométense a acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo sexan dictadas polo IGAPE e para a mellor administración e control das operacións incluídas no convenio.

CLÁUSULA 15ª. INFORMACIÓN E INSPECCIÓN.

O IGAPE por medio dos seus propios órganos, poderá solicitar ás entidades financeiras aclaracións á documentación que deberán enviar e que se sinala na cláusula 8ª e ó longo de toda a vixencia do préstamo.

Igualmente poderá solicitar das SGR a remisión da documentación que acredite a execución do investimento, correspondente ós beneficiarios ós que prestase o seu aval.

O IGAPE poderá proceder á inspección directa dos investimentos que realicen os beneficiarios destas axudas.

CLÁUSULA 16ª. DENUNCIA DO CONVENIO.

Será causa suficiente para a denuncia do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas.

A denuncia, que deberá facerse con 30 días de preaviso, suporá en todo caso deixar atendidas frente ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

CLÁUSULA 17ª. COMPROMISO DAS ENTIDADES

FINANCEIRAS.

A entidade financeira que subscribe o presente convenio comprométese a concede-los préstamos nos termos e condicións establecidas neste convenio e no Decreto 59/1994, do 25 de maio. A entidade financeira, antes do 20 de xullo, enviará por escrito ó IGAPE, referido á data do último día hábil do mes de xuño, a relación de peticionarios ós que lles foron concedidos préstamos, engadindo, se é o caso, unha relación das solicitudes que estean en trámite. Na comunicación, para o caso das solicitudes aprobadas, deberá facerse consta-lo número de expediente e importe concedido.

Unha relación similar deberá enviarse ó IGAPE antes do 15 de novembro, referida ás operacións que se produzan entre o día da anterior comunicación e o 31 de outubro. A dita relación poderá englobar tódalas operacións desde a data da sinatura deste convenio, facéndoo constar así na mesma.

A entidade asinante comprométese igualmente a non conceder préstamos sen a autorización do IGAPE por unha contía superior a... millóns de pesetas.

No caso de que se admitise e se aprobase a solicitude unha vez que se pase o límite anterior, sen ser autorizado polo IGAPE, deberá poñer en coñecemento do seu cliente este extremo e indicarlle que a súa solicitude quedará supeditada á posible ampliación de crédito por parte do IGAPE.

CLÁUSULA l8ª. SEGUIMENTO DO CONVENIO.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada polas entidades financeiras, SGR, ICO e representantes do IGAPE que terán reunións con periodicidade trimestral ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

O IGAPE fará públicos os resultados do convenio de forma periódica.

CLÁUSULA 19ª. PUBLICIDADE.

As entidades financeiras asinantes comprometeranse a mostrar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo IGAPE e a colaborar na correcta difusión desta liña de axudas.

Con obxecto de lograr maior eficacia, os proxectos e campañas publicitarias, se é o caso, serán sometidas á aprobación previa do IGAPE.

CLÁUSULA 20ª. NATUREZA.

O presente convenio ten natureza administrativa e corrresponderalle ó IGAPE a interpretación do seu contido.

CLÁUSULA 21ª. SOBRE CÓMPUTO DO PERÍODO

DE INVESTIMENTOS E DEVENGO DA

SUBSIDIACIÓN.

Consideraranse subvencionables os investimentos que se poda xustificar que foron realizados a partir do 1 de xaneiro de 1995, téndose en conta para a determinación do importe do préstamo subsidiado as seguintes consideracións.

A) Os investimentos realizados a partir do 1 de xaneiro de 1995 e ata a data de entrada en vigor do presente convenio poderán terse en conta á hora de determina-lo importe máximo do préstamo, con independencia de que estean en todo ou en parte pagados, para o que se deberá remitir ó IGAPE a través da entidade financeira, xunto co impreso de solicitude, a relación dos investimentos realizados e a relación dos pagamentos pendentes e dos pagamentos satisfeitos, estas cos seus xustificantes, subscrita polo solicitante e selada pola entidade financeira.

B) Os investimentos que se realicen a partir da data de entrada en vigor do convenio poderán considerarse igualmente subvencionables, con independencia de que estean en todo ou en parte pagados, sempre e cando os pagamentos se realicen con cargo ó préstamo formalizado con fondos da liña FEDER-ICO.

Nos dous supostos anteriores, a data de inicio de devengo da subsidiación do IGAPE será a máis tardía das dúas seguintes:

a) A data de formalización ou adaptación da póliza ás condicións da resolución do IGAPE.

b) A data na que se cumpran as condicións establecidas na cláusula.

CLÁUSULA 22ª. DISPOSICIÓNS ESPECIAIS PARA

ACTIVIDADES COMERCIAIS (INVESTIMENTOS

SUBVENCIONABLES INFERIORES A 10 MILLÓNS

DE PESETAS).

22.1.-Beneficiarios e actividades subvencionables.

Poderán acceder ás axudas establecidas neste convenio os titulares de establecementos comerciais, como propietarios ou arrendatarios, situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Son actividades económicas subvencionables aquelas que se realicen dentro do marco do comercio polo miúdo en xeral, incluídas no anexo de actividades subvencionables.

22.2.-Tramitación.

A) Modelo de solicitude e documentación.

A solicitude a presentar deberase corresponder co modelo normalizado que para tal efecto se distribuirá e dará publicidade a través das entidades financeiras e do Diario Oficial de Galicia.

Ademais do impreso de solicitude presentarase a seguinte documentación:

1) Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante: fotocopia do DNI e NIF. No

caso de ser persoas xurídicas deberán achegar fotocopia da tarxeta de identificación fiscal e copia da escritura de constitución e estatutos debidamente inscritos.

2) Fotocopia da alta no imposto de actividades económicas e do último recibo pagado por este imposto.

3) Certificación acreditativa do cumprimento das obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social, emitidas por organismo competente.

4) Fotocopia do último TC1 e TC2.

5) Declaración expresa de non ter contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

6) Memoria do investimento proxectado, que deberá conter:

-Indicación do emprazamento do inmoble no que se localizarán os investimentos a realizar.

-Descrición dos investimentos a realizar indicando conceptos e importes.

-Orzamento dos investimentos, no que figurarán detalladas e separadas as partidas de obras e instalacións, indicando a súa finalidade, maquinaria e outros orzamentos. Ó orzamento deben xuntarse as facturas proforma orixinais asinadas polo provedor.

7) Nos casos en que sexa esixible polos organismos competentes presentarase ademais:

-Licencia municipal de obra.

-Proxecto técnico ó que se someterá o investimento.

En todo caso, o beneficiario deberá achegar ademais calquera outra documentación e información adicional que se considere oportuna para efectos dunha correcta análise da solicitude.

B) Presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse na entidade financeira segundo o modelo oficial xa citado, achegando orixinal e catro copias, acompañadas pola documentación que se sinala no epígrafe anterior.

A entidade financeira datará, selará e asinará os cinco exemplares, entregando ó solicitante a cuarta copia, quedándose coa terceira copia e remitindo o orixinal e unha copia á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia que corresponda á situación do establecemento comercial obxecto do proxecto e a copia restante ó IGAPE. Así mesmo, deberá centraliza-la recepción das solicitudes unha vez seladas polas súas distintas sucursais, tendo un prazo de trinta días para resolvela petición do préstamo, sendo o prazo límite para a aceptación das solicitudes na entidade financeira o 31 de outubro de 1995.

A entidade financeira remitirá á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio correspondente, nas direccións que se sinalan a continuación, os expedientes coa documentación requirida, acompañados da comunicación de concesión do préstamo (segundo modelo que se incorpora como anexo) e do aval da SGR, se é o caso. O último

día hábil para a dita presentación será o 30 de novembro de 1995.

-Delegación da Consellería de Industria e Comercio da Coruña: Edificio Servicios Múltiples, 1ª planta, Polígono de Elviña-Monelos, 15008 A Coruña.

-Delegación da Consellería de Industria e Comercio de Lugo: c/ Pascual Veiga, 12-14, 27071 Lugo.

-Delegación da Consellería de Industria e Comercio de Ourense: c/ Curros Enríquez 1-4º, 32003 Ourense.

-Delegación da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra: Rúa Nova de Abaixo 2, 36071 Pontevedra.

A delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio comprobará que tódalas solicitudes estean debidamente cubertas e analizará a adecuación da solicitude ás condicións e finalidade destas axudas, solicitando maior documentación ou información cando sexa necesario. A delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio someterá á comisión de seguimento formada para esa provincia o resumo das operacións debidamente tramitadas propoñendo a concesión ou denegación da subsidiación. A dita comisión estará integrada por un representante do IGAPE, un representante da Consellería de Industria e Comercio, un representante da confederación de empresarios da provincia correspondente e un representante designado polas cámaras de Comercio desa provincia. Esta comisión estará presidida polo representante do IGAPE, que poderá exercer voto de calidade no caso de empate nas votacións, celebrándose as reunións nas dependencias das delegacións provinciais da Consellería de Industria e

Comercio da provincia correspondente.

C) Concesión.

A comisión de seguimento proporá a concesión ou denegación da axuda fixando os puntos de subsidiación concedidos, correspondendo ó IGAPE a emisión da correspondente resolución neste sentido.

Os acordos da comisión de seguimento reflectiranse en actas que se trasladarán ó IGAPE para os efectos da emisión das resolucións correspondentes.

O IGAPE comunicará ó solicitante, á entidade financeira e, se é o caso, á SGR, a concesión ou denegación da subvención.

D) Formalización.

A correspondente escritura ou póliza de préstamo formalizarase entre a entidade financeira e o solicitante, de acordo coas seguintes condicións:

O préstamo deberá recolle-la característica de estar acollido ó convenio IGAPE-ICO e a este programa (clave C1/95), e nel estableceranse claramente o tipo de xuro da operación e os puntos obxecto da subsidiación.

O prazo máximo para a formalización do préstamo ou, se é o caso, adaptación da póliza ás condicións da resolución de concesión a partir da data da comunicación da concesión será de un mes, a partir do cal ésta considerarase nula, salvo autorización

expresa pola delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio que corresponda, á vista da solicitude de prórroga razoada do beneficiario e coa conformidade da entidade financeira.

A entidade financeira enviará, coa maior brevidade, unha fotocopia da póliza ou escritura de préstamo á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio que corresponda, e en calquera caso antes de presenta-la solicitude de cobro da subsidiación.

E) Disposición.

O período de disposición non poderá ser superior a un ano a partir da data de formalización.

Non se establece restricción en canto ó número de disposicións, así como á contía correspondente a cada unha delas.

22.3.-Liquidación.

a) Liquidación ó beneficiario.

A liquidación da cota de xuro por parte da entidade financeira ó beneficiario efectuarase, ó igual que as amortizacións, semestralmente, calculándose os xuros en función do capital vivo ou capital disposto.

Os semestres serán sempre de 180 días e tódolos meses de 30 días, computándose estes, para a liquidación, desde a data de disposición, incluída esta.

b) Liquidación ó IGAPE.

A liquidación das subsidiacións por parte da entidade financeira ó IGAPE efectuarase semestralmente, calculándose sobre o saldo vivo teórico semestral do préstamo, excepto para o período de xustificación do investimento no que a liquidación das subsidiacións se condiciona á xustificación, por parte dos beneficiarios, da realización e pagamento do investimento subvencionable, e de acordo co establecido a continuación:

Primeira ou, se é o caso, única liquidación de xustificación: devengarase cando o investimento xustificado (realizado e pagado) acade unha contía igual ou superior ó 50% do investimento subvencionable. Esta liquidación será única cando dita contía acade o 100%.

Segunda liquidación de xustificación: devengarase cando o investimento subvencionable estea totalmente xustificado.

A entidade financeira, previamente á liquidación da subsidiación, esixirá ós beneficiarios copias compulsadas dos documentos que xustifique a realización do investimento subvencionable, así como dos medios utilizados para o seu pagamento, enviando esta documentación á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio que corresponda acompañada dunha certificación bancaria, datada, selada e asinada pola dita entidade, na que se fará constar que se acreditou a realización e pagamento do investimento subvencionable e cumpridos os requisitos para practica-la primeira e, se é o caso, segunda liquidación de xustificación.

Para o cálculo dos xuros tomarase coma data de inicio da subsidiación a da certificación bancaria e os puntos subsidiados aplicaranse á cantidade

resultante de aplica-la porcentaxe de financiamento, que figura na resolución de concesión, polo investimento subvencionable xustificado.

Os semestres serán sempre de 180 días e tódolos meses de 30 días, computándose estas para a liquidación desde a data da certificación, incluída esta.

O período de xustificación do investimento non poderá ser superior a un ano a partir da data de formalización.

22.4. Pagamento das subsidiacións.

O pagamento da subvención semestral ó beneficiario efectuarase no trimestre natural seguinte ó do seu vencemento.

O dito pagamento realizarase a través da entidade financeira prestamista, que presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio que corresponda certificación pola que solicita o cobro semestral da subsidiación deste convenio acompañada da relación individualizada das súas operacións, o seu capital vivo teórico (unha vez deducidas as amortizacións anticipadas se as houbese), o tipo de xuro, os puntos obxecto de subsidiación e o importe da subvención devengada no semestre. A dita certificación deberá presentarse dentro dos 15 primeiros días do trimestre natural seguinte ó do seu vencemento.

A delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio comprobará as liquidacións presentadas pola entidade financeira e, se é o caso, emitirá certificación de conformidade ó IGAPE para que proceda ó pagamento da subsidiación.

O beneficiario do préstamo subsidiado pagará ó seu vencemento o tipo de xuro total da operación, segundo o establecido na cláusula 6.3.1. deste convenio, debendo a entidade financeira aboa-la subsidiación ó beneficiario na mesma data valor na que o IGAPE a ingrese na dita entidade.

Con independencia da forma de pagamento da subvención establecida o IGAPE reserva para si a facultade de pagar total ou parcialmente o importe da subsidiación nunha ou varias veces, procedendo á súa actualización ás respectivas datas de vencemento ó tipo de xuro legal do diñeiro vixente no momento do pagamento anticipado. Neste caso, o importe satisfeito destinarase á amortización do principal do préstamo, procedéndose á reducción en igual contía das cotas de amortización restantes, sen que se produza variación no prazo de duración do préstamo.

22.5.-Verificación e control dos investimentos.

O control da realización e finalidade dos investimentos será realizado polas delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio, para o cal poderán efectua-las inspeccións ou comprobacións que consideren oportunas, debendo os beneficiarios facilitar ó máximo dito labor inspector e aporta-la documentación ou información ó respecto que lle sexo solicitada, e en concreto, de consideralo necesario, a certificación de inicio e finalización das obras subscrita por técnico competente.

CLÁUSULA 23ª. DISPOSICIÓNS ESPECIAIS PARA

ACTIVIDADES ARTESANAIS (INVESTIMENTOS

SUBVENCIONABLES INFERIORES A 10 MILLÓNS

DE PESETAS).

23.1.-Beneficiarios e actividades.

Terán a condición de beneficiarios os artesáns e empresas artesanais radicados en Galicia que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, e as asociacións ou agrupacións dos mesmos.

Son actividades económicas subvencionables as actividades artesanais que se atopen definidas na orde da Consellería de Industria e Comercio do 12 de xullo de 1993, pola que se aproban as actividades artesanais comprendidas na sección correspondente do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (DOG nº 150, 06.08.93), ou calquera modificación da mesma.

23.2.-Tramitación.

A) Modelo de solicitude e documentación.

A solicitude a presentar deberase corresponder co modelo normalizado que para tal efecto se distribuirá e dará publicidade a través das entidades financeiras e do Diario Oficial de Galicia.

Ademais do impreso de solicitude presentarase a seguinte documentación:

1) Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante: fotocopia do DNI e NIF. No caso de ser persoas xurídicas deberán achegar fotocopia da tarxeta de identificación fiscal e copia da escritura de constitución e estatutos debidamente inscritos.

2) Fotocopia do alta no imposto de actividades económicas e último recibo pagado por este imposto.

3) Documento acreditativo de estar inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

4) Memoria do investimento proxectado, que deberá conter:

-Indicación do emprazamento do inmoble onde se localizarán os investimentos a realizar.

-Descrición dos investimentos a realizar indicando conceptos e importe.

-Orzamento dos investimentos, no que figurarán detalladas e separadas as partidas de obras e instalacións, indicando a súa finalidade, maquinaria e outros investimentos. Ó orzamento deben xuntarse as facturas proforma orixinais asinadas polo provedor.

5) Certificación acreditativa do cumprimento das obrigas fiscais e fronte á Seguridade Social, emitidas polos organismos competentes.

6) Fotocopia do último TC1 e TC2.

7) Declaración expresa de non ter contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

8) Naqueles casos nos que sexa esixible; polos organismos competentes, presentarase ademais:

-Licencia municipal de obra.

-Proxecto técnico ó que se someterá o investimento.

En todo caso, o beneficiario deberá achegar ademais calquera outra documentación e información adicional que se considere oportuna para os efectos dunha correcta análise da solicitude.

B) Presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse na entidade financeira segundo modelo oficial xa citado, xuntando orixinal e catro copias, acompañadas pola documentación que se sinala no epígrafe anterior.

A entidade financeira datará e selará os cinco exemplares, entregando ó solicitante a cuarta copia, quedándose coa terceira copia e remitindo o orixinal e unha copia á Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, e a copia restante ó IGAPE. Así mesmo, centralizará a recepción das solicitudes unha vez seladas polas súas distintas sucursais, tendo un prazo de trinta días para resolve-la petición do préstamo, sendo o prazo límite para a aceptación das solicitudes na entidade financeira o 31 de outubro de 1995.

A entidade financeira presentará no Rexistro Xeral da Consellería de Industria e Comercio, no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, os expedientes coa documentación requerida, acompañados da comunicación de concesión do préstamo (segundo modelo que se incorpora como anexo) e do aval da SGR, se é o caso. O último día hábil para a dita presentación será o 30 de novembro de 1995.

A Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio encargarase de que tódalas solicitudes estean debidamente cubertas e analizará a adecuación da solicitude ás condicións e finalidade fixadas para estas axudas, solicitando maior documentación ou información cando sexa necesario, e remitiralle ó IGAPE a primeira copia das solicitudes seladas coa súa sinatura de conformidade e o resumo das operacións debidamente tramitadas, podendo o IGAPE acceder ós expedientes en todo momento.

A Dirección Xeral de Industria convocará un grupo de traballo coa periodicidade que coide oportuna para propoñer resolución dos expedientes de solicitude, a esta reunión asistirá un representante do IGAPE que actuará como secretario, correspondéndolle a presidencia do grupo de traballo á Dirección Xeral de Industria.

C) Concesión.

O IGAPE, á vista da proposta do grupo de traballo, resolverá sobre a concesión ou denegación da subvención, comunicando a resolución ó solicitante, á Dirección Xeral de Industria, á entidade financeira e, se é o caso, á SGR.

D) Formalización.

A correspondente escritura ou póliza de préstamo formalizarase entre a entidade financeira e o solicitante, de acordo coas seguintes condicións:

O préstamo deberá recolle-la característica de estar acollido ó convenio IGAPE-ICO e a este programa (clave A1/95), e nel estableceranse claramen

te o tipo de xuro da operación e os puntos obxecto da subsidiación.

O prazo máximo para a formalización do préstamo ou, se é o caso, adaptación da póliza ás condicións da resolución de concesión, a partir da data da comunicación da concesión será de un mes, a partir do cal esta considerarase nula, salvo autorización expresa pola Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, á vista da solicitude de prórroga razoada do beneficiario e coa conformidade da entidade financeira.

A entidade financeira enviará, coa maior brevidade, unha fotocopia da póliza ou escritura de préstamo á Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, e en calquera caso antes de presenta-la solicitude de cobro da subsidiación.

E) Disposición.

O período de disposición non poderá ser superior a un ano a partir da data de formalización.

Non se establece restricción en canto ó número de disposicións, así como á contía correspondente a cada unha delas.

23.3.-Liquidación.

a) Liquidación ó beneficiario.

A liquidación da cota de xuro por parte da entidade financeira ó beneficiario efectuarase, ó igual que as amortizacións, semestralmente, calculándose os xuros en función do capital vivo ou capital disposto.

Os semestres serán sempre de 180 días e tódolos meses de 30 días, computándose estas, para a liquidación, desde a data de disposición, incluída esta.

b) Liquidación ó IGAPE.

A liquidación das subsidiacións por parte da entidade financeira ó IGAPE efectuarase semestralmente, calculándose sobre o saldo vivo teórico semestral do préstamo, excepto para o período de xustificación do investimento no que a liquidación das subsidiacións se condiciona á xustificación, por parte dos beneficiarios, da realización e pagamento do investimento subvencionable, e de acordo co establecido a continuación:

Primeira ou, se é o caso, única liquidación de xustificación: devengarase cando o investimento xustificado (realizado e pagado) acade unha contía igual ou superior ó 50% do investimento subvencionable. Esta liquidación será única cando a dita contía acade o 100%.

Segunda liquidación de xustificación: devengarase cando o investimento subvencionable estea totalmente xustificado.

A entidade financeira, previamente á liquidación da subsidiación, esixirá ós beneficiarios copias compulsadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento subvencionable, así como dos medios utilizados para o seu pagamento, enviando esta documentación á Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio acompañada dunha certificación bancaria, datada, selada e asinada pola dita entidade, na que se fará constar que se acreditou a realización e pagamento do inves

timento subvencionable e cumpridos os requisitos para practica-la primeira e, se é o caso, segunda liquidación de xustificación.

Para o cálculo dos xuros tomarase coma data de inicio da subsidiación a da certificación bancaria e os puntos subsidiados aplicaranse á cantidade resultante de multiplica-la porcentaxe de financiamento, que figura na resolución de concesión, polo investimento subvencionable xustificado.

Os semestres serán sempre de 180 días e tódolos meses de 30 días, computándose estes para a liquidación desde a data da certificación, incluída esta.

O período de xustificación do investimento non poderá ser superior a un ano a partir da data de formalización.

23.4. Pagamento das subsidiacións.

O pagamento da subvención semestral ó beneficiario efectuarase no trimestre natural seguinte ó do seu vencemento.

O dito pagamento realizarase a través da entidade financeira prestamista, que presentará ante a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio certificación solicitando o cobro semestral da subsidiación deste convenio acompañada da relación individualizada das súas operacións, o seu capital vivo teórico (unha vez deducidas as amortizacións anticipadas se as houbese), o tipo de xuro, os puntos obxecto de subsidiación e o importe da subvención devengada no semestre. A dita certificación deberá presentarse dentro dos 15 primeiros días do trimestre natural seguinte ó do seu vencemento.

A Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio comprobará as liquidacións

presentadas pola entidade financeira e, se é o caso, emitirá certificación de conformidade ó IGAPE para que proceda ó pagamento da subsidiación.

O beneficiario do préstamo subsidiado pagará ó seu vencemento o tipo de xuro total da operación, segundo o establecido na cláusula 6.3.1. desta convenio, debendo a entidade financeira aboa-la subsidiación ó beneficiario na mesma data valor na que o IGAPE a ingrese na dita entidade.

Con independencia da forma de pagamento da subvención establecida o IGAPE resérvase a facultade de pagar total ou parcialmente o importe da subsidiación nunha ou varias veces, procedendo á súa actualización ás respectivas datas de vencemento ó tipo de xuro legal do diñeiro vixente no momento do pagamento anticipado. Neste caso, o importe satisfeito destinarase á amortización do principal do préstamo, procedéndose á reducción en igual contía das cotas de amortización restantes, sen que se produza variación no prazo de duración do préstamo.

23.5.-Verificación e control dos investimentos.

O control da realización e finalidade dos investimentos será realizado pola Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, para o que poderá efectua-las inspeccións ou comprobacións que considere oportunas, debendo os beneficiarios facilitar ó máximo o dito labor inspector e achega-la documentación ou información ó respecto que lle sexa solicitada.

En Santiago de Compostela, 31 de maio de 1995.

Pola entidadeAsdo:

financeiraPolo IGAPE

Asdo.:...José Antonio Orza Fernández

DNI:...Presidente do IGAPE