Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.788

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de abril de 1995 pola que se lle concede autorización definitiva, para a súa apertura e funcionamento, ó centro privado Los Sauces de Mos (Pontevedra), cos demais datos que se relacionan no anexo.

Examinado o expediente incoado por Gonzalo Otero Alonso, en representación de Pradoc, S.A. titular do centro privado Los Sauces de Mos (Pontevedra), en solicitude de autorización definitiva para a apertura e funcionamento do dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o envía con proposta favorable, á vista dos informes emitidos pola Inspección Técnica de Educación Básica, pola Unidade Técnicca de Construccións e pola Oficina de Supervisión de Proxectos.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitario (BOE do 26) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o centro, de acordo cos informes emitidos, reúne os requisitos necesarios, esta consellería,

DISPÓN:

Concederlle a autorización definitiva, para a súa apertura e funcionamento, ó centro privado Los Sauces de Mos (Pontevedra), facendo constar que a titulación do profesorado deberá axustarse ó disposto no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia de Pontevedra.

Concello: Mos.

Localidade: As Pereiras.

Enderezo: San Pedro de Cela.

Denominación: Los Sauces.

Titular: Pradoc, S.A.

Nivel: educación infantil-segundo ciclo.

Unidades que se autorizan: 4.

Nivel: educación primaria.

Unidades que se autorizan: 6.

Nivel: educación secundaria obrigatoria.

Unidades que se autorizan: 6.

Nivel: bacharelato.

Modalidade: ciencias da natureza e da saúde.

Unidades que se autorizan: 2.

Modalidade: tecnoloxía.

Unidades que se autorizan: 2.