Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.788

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se lle autoriza a ampliación de catro unidades do 2º ciclo de educación infantil ó centro privado Alba de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado pola Titularidade do centro privado Alba de Vigo (Pontevedra), no que solicita a ampliación de catro unidades do 2º ciclo de educación infantil no dito centro.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que o envía cos informes emitidos pola Inspección de Educación, pola Unidade Técnicca de Construccións e pola Oficina de Supervisión de Proxectos.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitario (BOE do 26) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización ou clasificación definitiva para impartir educación preescolar.

Considerando que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia desta real decreto, enténdense autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se dá no centro solicitante.

Considerando que a disposición transitoria quinta do antedito real decreto, no seu apartado 3, obriga os centros de educación preescolar que tañan autorización definitiva para unha ou dúas unidades a completa-las unidades necesarias para imparti-lo segundo ciclo completo de educación infantil.

Esta dirección xeral resolveu:

Autorizarlle a ampliación de catro unidades do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a posta en funcionamento

delas a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 1995.

Xerardo Muñoz Sánchez-Brunete

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

ANEXO

Provincia de Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Esperanto, 8.

Denominación: Alba.

Titular: Centro de Estudios Alba, S.L.

Nivel: educación infantil-segundo ciclo.

Unidades de que constaba: 2.

Unidades novas autorizadas: 4.

Total de unidades autorizadas: 6