Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.789

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 82/1994 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea, S.A. (AENA), con domicilio en Vigo, no que solicita autorización para instalar unha L.M.T. e un C.T. en Tuimil-Viso, concello de Redondela, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,

Autorizar a Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea, S.A. (AENA) a instalación de unha L.M.T. e un C.T., en Tuimil-Viso, concello de Redondela.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 7 de novembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra