Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.796

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Radio Vigo, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Radio Vigo, S.A. situada na provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-4-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polo delegado de persoal do mesmo, en data 10-2-1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 12 de abril de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Asistentes:

Presidente: Eugenio González de Haz Vizcaíno.

Secretaria: Pilar Soto González.

Delegado de persoal: Benigno García Rojas.

Asesor empresa: Luis Pérez Feijoo.

Ás 16 horas do día 10 de febreiro de 1995, reunidas as persoas detalladas na marxe como membros da mesa negociadora do convenio colectivo da empresa Radio Vigo, S.A., acordan o seguinte:

1. Nomear presidente da mesa negociadora a Eugenio González de Haz Vizcaíno, representante da parte empresarial.

2. Proceder ós nomeamentos de secretaria e demais integrantes da mesa negociadora, a cal quedou constituída polas persoas que xa figuran indicadas na marxe.

3. Dar lectura á proposta efectuada polos membros da parte social.

4. Dar lectura á contraproposta da parte empresarial.

5. Unha vez efectuadas ámbalas lecturas e as conseguintes alegacións de ámbalas partes, ás 20 horas chégase ó acordo definitivo de aprobación do convenio colectivo do que se xunta copia.

Ás 20.30 horas e sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión, dándose por aprobado e finalizadas as negociacións do presente convenio.

Pola empresa

Rubricado

Pola parte social

Rubricado

Asesores

Rubricado

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo será de aplicación en tódolos centros de traballo do grupo Radio Vigo, S.A., é dicir, Radio Vigo Onda Media, Radio Vigo 2 FM, Radio Vigo FM (40 principales), M-80 Vigo e Cadena Dial Vigo.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

A normativa desenvolvida neste convenio colectivo afecta a todo o persoal fixo do cadro de persoal da empresa, persoal de contratación temporal e/ou en prácticas. Na contratación temporal só se verán afectados por este convenio, no tocante a atrasos, os contratos temporais que estean vixentes na data do asinamento do citado convenio.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio terá unha vixencia desde o 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro de 1996. Considérase prorrogado automaticamente por dous anos e así sucesivamente se non é denunciado por calquera das partes con tres meses de antelación á súa caducidade.

Artigo 4º.-Rescisión e revisión; denuncia do convenio.

A denuncia do convenio terá que realizarse polo menos con tres meses de antelación á súa caducidade.

Terá que formalizarse por escrito de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas no presente convenio forman un todo orgánico e indivisible polo que no suposto de que en calquera procedemento xudicial ou doutra natureza se deixase sen efecto algunha das cláusulas, sería considerado automaticamente denunciado.

Artigo 6º.-Organización dos servicios. Dirección da actividade laboral.

A organización e dirección técnica, práctica e científica da actividade laboral, é facultade exclusiva da dirección da empresa, con suxeición ás normas e orientacións deste convenio e ás disposicións legais aplicables.

A organización do traballo ten como obxecto alcanzar na empresa un nivel adecuado de productividade baseado na utilización óptima dos recursos humanos, materiais e técnicos, o que é posible cunha actividade activa e responsable das partes asinantes desta convenio.

O persoal, calquera que sexa a categoría, sección ou departamento a que estea adscrito, terá que cumpri-las ordes e servicios que lle sexan dados dentro dos cometidos propios da súa competencia profesional, pola dirección da empresa e os lexítimos representantes dela, relativos a traballos do seu grupo profesional, todo iso sen prexuízo de que poidan exercita-los interesados as accións e reclamacións que correspondan ante a propia dirección ou autoridades competentes.

Artigo 7º.-Disposicións xerais.

A política do persoal de Radio Vigo, S.A. inspírase na promoción profesional de tódolos empregados de acordo coas súas facultades e coñecementos, e no perfeccionamento dos servicios para a súa adecuada adaptación ás características da empresa e á evolución do medio.

A empresa garantiralle ó persoal as canles adecuadas para o estudio e resolución das súas peticións laborais de carácter xeral e particular.

As clasificacións funcionais do persoal e definicións de categorías dentro do mesmo grupo profesional consignadas neste convenio son simplemente enunciativas e non supón a obrigación de ter provistas as prazas e categorías enumeradas se as necesidades e a estructura do centro de traballo non o require. Son así mesmo enunciativos os distintos cometidos asignados a cada categoría ou grupo, pois todo empregado está obrigado a executar cantos traballos e operacións lle ordenen os seus superiores dentro do grupo profesional que o cualifique.

Sempre que un productor coide que o grupo ou especialidade en que foi encadrado, a categoría que ten asignada a súa situación segundo a permanencia non corresponde á función que efectivamente realiza, poderá reclamar ante a xurisdicción competente de

acordo coas normas xerais sobre clasificación profesional.

Artigo 8º.-Clasificación segundo a función, nivel de clasificación profesional.

O persoal clasifícase e distribúese tendo en conta as funcións que realiza nos grupos que máis adiante se relacionan. O persoal de novo ingreso incorporarase sempre no nivel salarial ou da súa categoría. No anexo figura o esquema de categorías e carreiras profesionais.

I. Técnica.

II. Programación.

III. Emisores e realización.

IV. Administración.

V. Comercial e mercadotecnia.

VI. Subalternos.

Grupo I. Técnica.

-Enxeneiro superior de telecomunicacións.

-Enxeñeiro técnico de telecomunicacións.

-Encargado técnico superior.

-Técnico principal de mantemento.

-Técnico de mantemento.

Grupo II. Programación.

-Xefe de programación.

-Xefe de programación musical.

-Redactor xefe.

-Redactor.

-Axudante de programación.

Grupo III. Emisións e realización.

-Xefe de emisións.

-Realizador.

-Técnicos principal de control e son.

-Técnico de primeira.

-Locutor-diskjockey.

Grupo IV. Administración.

-Xefe administrativo de primeira.

-Xefe administrativo de segunda.

-Oficial administrativo de primeira.

-Oficial administrativo de segunda.

-Auxiliar administrativo.

Grupo V. Comercial e mercadotecnia.

-Xefe comercial e mercadotecnia.

-Técnico comercial e mercadotecnia.

Grupo VI. Subalternos.

-Conserxe.

-Ordenanza.

-Vixilante.

-Persoal de limpeza.

Definicións:

Grupo I. Técnicos. É persoal técnico en actividades especifícas de radiodifusión o que participa nas tarefas de planificación, proxecto, construcción, mantemento, operación, explotación e inspección técnica, das instalacións e equipos destinados á producción e emisión dos programas de radiodifusión.

-Enxeñeiro superior de telecomunicacións. É o profesional que, esixíndoselle para o seu ingreso ou asignación do posto de traballo a titulación académica correspondentes desenvolve funcións específicas e xerais para as que se atopa facultado teórica e profesionalmente, e ademais pode dirixir e orienta-lo traballo do persoal técnico ás súas ordes.

-Enxeñeiro técnico de telecomunicacións. É o profesional titulado capaz de responsabilizarse con plena iniciativa da explotación e mantemento de equipos de alta e baixa frecuencia dun centro de traballo, dirixindo e orientando o traballo do persoal técnico ás súas ordes.

-Encargado técnico superior. É o profesional que, reunindo tódalas condicións que se lle esixen ó encargado de servicios técnicos, exerce con responsabilidade permamente e plena iniciativa, funcións de alto nivel técnico, nos servicios de explotación e/ou mantemento de equipos de alta e baixa frecuencia.

-Técnico principal de mantemento. É o profesional que, con amplos coñecementos das técnicas de radiodifusión das normas de explotación e/ou mantemento que se lles aplican, está capacitado para a realización dos traballos correspondentes en alta e baixa frecuencia, podendo ter ó seu cargo e baixo a súa responsabilidade instalacións e equipos.

-Técnico de mantemento. É o profesional que, con amplos coñecementos das técnicas de radiodifusión das normas de explotación e/ou mantemento que se aplican netas, está capacitado para a realización dos traballos correspondentes en alta e baixa frecuencia.

Grupo II. Programación. É o persoal que planifica os programas, formula os correspondentes cadros de horarios con distinción deles, idéaos e redáctaos, responsabilizándose de todo o necesario para a súa posterior realización.

-Xefe de programación. É o profesional capaz de planificar e coordinar con plena iniciativa o conxunto de espacios radiofónicos dunha ou varias emisoras; igualmente é capaz de crear, dirixir, confeccionar, de forma escrita ou falada, espacios radiofónicos.

-Xefe de programación musical. É o profesional capaz de planificar e coordinar con plena iniciativa o conxunto de espacios radiofónicos dunha ou varias emisoras, igulamente é capaz de crear, dirixir, confeccionar de forma escrita ou falada, espacios radiofónicos musicias.

-Redactor xefe. É o profesional capaz de confeccionar e realizar en forma escrita ou falada espacios radiofónicos de todo tipo e de organizar, orientar e vixia-lo traballo dos redactores ás súas ordes, podendo ter así mesmo a responsabilidade nunha área de programación.

-Redactor. É o profesional capaz de confeccionar de forma escrita ou falada todo tipo de espacios radiófónicos. Deberá coñece-lo uso e manexo dos equipos de baixa frecuencia necesarios para o seu traballo, podendo asumi-la coordinación do persoal técnico que precise na producción de programas.

-Axudante de programación. É o profesional que está dotado de coñecementos radiofónicos básicos e é capaz de realizar dentro dos servicios de programas, funcións tales como a redacción de textos que non supoñan un auténtico labor de creación.

Grupo III. Emisións e realización. Intégranse neste grupo aqueles profesionais das distintas especialidades que posibilitan a realización de programas de radiodifusión.

-Xefe de emisións. É o profesional que, con pleno coñecemento da técnica de producción radiofónica, se responsabiliza con plena iniciativa da relalización de toda clase de programas, así como a boa orde e encadeamento da emisión nun centro de producción, para os efectos do cal se asigna o persoal das distintas especialidades que intervirán, determina os medios materiais que utilizará.

-Realizador. É o profesional que, con pleno coñecemento da arte e as técnicas radiofónicas, é capaz de crear, dirixir ou presentar programas radiofónicos que esixen a coordinación de medios humanos e técnicos non habituais.

-Técnico principal de control e son. É o profesional que, reunindo as condicións esixidas ó técnico de control e son e debendo efectuar cantas funcións corresponda a esa categoría, posúe amplos coñecementos de acústica xeral e baixa frecuencia que o capacitan para realiza-las tomas de son en realizacións radiofónicas que precisen o logro de determinadas perspectivas sonoras.

-Técnico de control e son. É o profesional que, coñecendo posibilidades dos equipos de baixa frecuencia, unidades móbiles e de retransmisións que se utilizan para a realización radiofónica, os manipula con toda destreza. Corresponde á súa función realiza-las mesturas e os encadeamentos de acordo coas indicacións do guión ou do realizador, xa sexa para a súa transmisión en directo ou diferida no estudio ou fóra del, así como elabora-las gravacións, os seus arranxos e montaxes finais.

-Locutor de primeira. É o profesional que, reunindo as condicións do locutor e correspondéndolle tódalas súas funcións, está capacitado para realizar con plena iniciativa unha locución improvisada en espacios radiofónicos, reportaxes e transmisións tanto dentro como fóra dos estudios, podendo manexa-los equipos de baixa frecuencia necesarios para iso.

-Locutor-diskjockey. É o profesional que con ampla cultura e calidade de voz está capacitado para realizar con plena iniciativa unha locución improvisada tanto dentro como fóra dos estudios. Así mesmo, poderá especializarse na presentación e animación de programas musicais mediante o manexo dos equipos de baixa frecuencia, e organiza a subministración de material de arquivo sonoro para os programas.

Grupo IV. Administración. Integra este grupo o persoal que participa na xestión, organización e tramitación dos asuntos económicos, de persoal e de carácter xeral. En relación á súa competencia, capacidade e responsabilidade clasifícanse nas seguintes categorías profesionais.

-Xefe administrativo de primeira. É o profesional que desenvolve funcións administrativas, económicas e comerciais de elevada especialización dunha ou das súas ramas, ou en varias delas, tales como: intervención xeral, inspección administrativa, administración orzamentaria e contable, pagadorías e nóminas, expedientes, relacións laborais, arquivos, administración de asuntos xerais, estudios e análises contables ou de custos e outras regras de análoga entidade.

-Xefe administrativo de segunda. É o profesional que desenvolve con plena responsabilidade funcións de control, comprobación e inspección, supervisión, xestión e operacións de actividades de carácter administrativo, económico ou comercial e laboral referidas a un campo concreto ou a varios afíns con limitados requirimentos tecnolóxicos e reducida complexidade con respecto á categoría superior. Estará ó seu cargo a orde e disciplina do persoal que tivese asignado así como a súa eficacia individual e de conxunto.

-Oficial administrativo de primeira. É o profesional que exerce funcións de carácter administrativo e contable, significadas pola necesidade de subministración de certa iniciativa, actuando segundo instruccións do seu superior inmediato, como redaccións de asentamentos contables, taquimecanografía en castelán e calquera análoga en significación e importancia, con ou sen empregados de menor categoría ás súas ordes.

Correspóndelle tamén a esta categoría, entre outros cometidos, a xestión de almacéns de complexidade media.

-Oficial administrativo de segunda. É o profesional que ten ó seu cargo análogas actividades da categoría superior, pero referidas a unha quenda de traballo baixo instruccións xerais ou ós aspectos menos complexos e máis repetitivos delas.

-Auxiliar administrativo. É o profesional ó que se lle encomendan actividades de elementais caracteristicas xerais administrativas, con reducida iniciativa e adecuada responsabiliade, como mecanografía, sinxelas operacións de rexistro e arquivo, tramitación de documentos, atención ós visitantes, res

ponder a consultas xerais, manipular centraliñas telefónicas e os servicios complementarios delas.

Grupo V. Comercial e mercadotecnia. Inclúese ós profesionais que teñen como misión vender, realizar prospeccións de mercado, planificación e asesoramento a clientes sobre faunas máis eficaces de desenvolve-las súas campañas publicitarias obtendo o máximo rendemento das posibilidades do medio, fixar criterios para a comercialización de programas, espacios e bloques, analiza-los contidos da programación xeral con vistas á súa posible comercialización e manter relacións e contactos con axencias de publicidade e clientes para consegui-la aceptación dos criterios publicitarios fixados pola dirección e da súa política neste terreo dirixida a consegui-la eficacia, veracidade, dignidade das mensaxes e correcta información da audiencia.

-Xefe de comercial e mercadotencia. É o profesional que é capaz de levar a cabo a programación, dirección e execución da política comercial dunha ou varias emisoras así como os contactos e relacións con axencias publicitarias e clientes. Pode orientarse e conecta-los distintos servicios e departamentos que interveñen na contratación, administración e execución da publicidade e coordina-lo traballo do persoal ás súas ordes.

-Técnico de comercial e mercadotecnia. É o profesional que, dotado de personalidade, dotes par desenvolver actividades de relacións sociais e coñecementos suficientes, executa as misións de venda e promoción que se lle encomendan.

Grupo VI. Subalternos. Integra este grupo o persoal que realiza funcións que implican xeralmente absoluta confianza e fidelidade, e para as que só se require, salvo excepcións, instrucción primaria.

-Conserxe. É o persoal a qu en corresponde controla-lo acceso a edificios e locais, revisar posibles desperfectos ou avarias nos inmobles, distribución da correspondencia, control da circulación de persoal, observación de fichaxe do persoal, información sobre localización de despachos e persoas, anuncio de visitas así como a execucion dos encargos e recados que se lle encomendan.

-Ordenanza. Encóntranse clasificados nesta categoría os subalternos ós que se lles asigna a distribución interna da correspondencia, control de circulación de persoas información na súa área sobre a localización de despachos e persoas, anuncio de visitas, traslado de avisos e execución dos encargos e recados que se lle encomenden dentro do seu cometido.

-Vixilante. Son aqueles subalternos que, en quenda diurna ou nocturna, teñen encomendada a inspección e control no interior e exterior dos inmobles e dependencias respecto ó acceso e circulación do persoal, materiais e vehículos, facendo cumpri-las normas de seguridade. Poden así mesmo substituír ocasionalmente no curso da súa xeira ós ordenanzas.

-Persoal de limpeza. A esta categoría pertence o persoal que se ocupa do aseo e limpeza das dependencias.

Artigo 9º.-Ingresos.

A provisión de postos vacantes levarase a cabo seguindo as distintas modalidades de contratación establecidos polo Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais complementarias.

Ademais destas, e de maneira especifica, dadas as características do medio, como unha modalidade máis do contrato de realización de obras ou servicio determinado, establécese o contrato por programa de duración igual ó tempo de realización desta. Chegada a data de finalización do programa, entenderase automaticamente rescindido o contrato, coas idemnizacións a que houbese lugar.

Establécese un período de proba que en ningún caso poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados, nin de tres meses para os demais traballadores excepto para os non cualificados; neste caso a duración máxima será de quince días laborables.

Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigacións correspondentes á categoría profesional ou ó posto que desempeñe como se fose do cadro de persoal, pero calquera das partes poderá desistir da realización do traballo sen que tal decisión dea lugar a indemnización.

Transcorrido o período de proba sen que se producise o desestimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados na antigüidade do traballador.

Todo o persoal de novo ingreso, xa sexa fixo, interino ou eventual, deberá superar satisfactoriamente un exame previo adecuado ó traballo a realizar.

Igualmente estará obrigado a someterse ás probas de aptitude psicotécnica que se determinen, calquera que sexa o procedemento de ingreso e a permanencia das súas funcións.

Artigo 10º.-Comisións de servicios.

O persoal que por necesidade do servicio de curta duración teña que efectuar viaxes ou desprazarse a lugares distintos daquel en que radique o centro de traballo terá dereito ás axudas de casto e gastos de locomoción.

Artigo 11º.-Traballos de categoría superior.

A empresa poderá dispor que o seu persoal realice traballos de categoría superior a aqueles en que está clasificado, non como ocupación habitual, senón en casos excepcionais de necesidade perentoria.

O persoal designado será da categoría inmediata inferior sempre que sexa factible e non prexudique o normal desenvolvemento do servicio.

1. O traballador que realice funcións de categoría superior ás que corresponda á categoría profesional que tivese recoñecida, por un período superior a seis meses durante un ano e oito durante dous anos,

pode reclamar ante a dirección da empresa a clasificación profesional adecuada.

2. Contra a negativa da empresa e logo de informe do delegado do persoal, pode reclamar ante a xurisdicción competente.

3. Cando se desempeñan funcións de categoría superior pero non proceda legal ou convencionalmente o ascenso, o traballador terá dereito á diferencia retributiva entre a categoría asignada e a función que efectivamente realice.

4. No prazo de seis meses, a contar desde que se produza a vacante, a empresa decidirá sobre a amortización da mesma. Se a praza non fose obxecto de amortización procederase a convocatoria inmediatamente na forma regulamentaria.

Artigo 12º.-Traballos de categoría inferior. Se por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva, o empresario precisase destinar a un traballador a tarefas correspondentes a categoría inferior á súa, só poderá facelo polo tempo imprescindible, máximo de seis meses, manténdolle a retribución e demais dereitos derivados da súa categoría profesional, e comunicándollelo ós representantes legais dos traballadores.

Artigo 13º

Mentres dure a incapacidade laboral transitoria derivada de enfermidade ou accidente de traballo, o traballador cobrará o cen por cento do seu salario base e complementos persoais igual que se estivese traballando, resarcíndose a empresa coa parte que aboe a Seguridade Social.

Artigo 14º.-Licencias.

Todo o persoal fixo terá dereito a desfrutar, logo de solicitude por escrito, licencia nos casos que a seguir se relacionan e pola duración que se indican.

A) Con aboamento íntegro da retribución e sen que iso supoña desconto para ningún efecto:

-Por matrimonio: 15 días.

-Durante cinco días naturais, que poderán ampliarse ata tres máis cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto, nos casos de: nacemento dun fillo ou de enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe, fillo, pai ou nai dun ou doutro cónxuxe, netos, avós e irmáns.

-Durante un día por traslado do seu domicilio habitual.

-Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal. Cando conste dunha forma legal, sindical convencional un período determinado, haberá que aterse ó que esta dispoña no relativo á duración da ausencia e á súa compensación económica.

-Polo tempo establecido para desfrutar dos dereitos educativos xerais e da formación profesional nos supostos e na forma regulados pola lei.

-No suposto de parto, a suspensión terá unha duración de dezaseis semanas ininterrumpidas ampliables por parto múltiple ata dezaoito semanas. O período de suspensión distribuirase por opción da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto; poderá facer uso destas o pai para o coidado do fillo no caso de falecemento da nai.

-Por motivos particulares xustificados ata cinco días durante o ano, sempre que as necesidades do servicio o permitan.

B) Sen dereito ó aboamento de retribución ningunha:

-Por asuntos propios, por prazo superior a dous meses, sempre que as necesidades do servicio o permitan.

Artigo 15º.-Licencias por asuntos propios.

En licencias por asuntos propios sen dereito ó aboamento de retribución ningunha tarase en conta que terá que ser solicitada por escrito e por conducto do xefe inmediato, quen a cursará e emitirá o oportuno informe sobre a posibilidade de concedela sen detrimento do servicio.

Para ter dereito a esta clase de licencias, o empregado deberá superar satisfactoriamente o período de proba.

Non se poderá desfrutar de máis dunha licencia desta clase no curso de cada ano natural.

Esta licencia poderá ser anulada, logo de notificación ó interesado en calquera momento, por causas de forza maior ou circunstancias extraordinarias, se por necesidades do servicio fose preciso contar coa concurrencia do interesado.

Concederase ou denegarase dentro dos dez días seguintes á presentación da solicitude.

O tempo de licencias por asuntos propios non se computará para efectos de antigüidade cando a duración do permiso exceda de un mes.

Soamente en caso excepcional, e por causas debidamente xustificadas, poderá concederse a licencia por asuntos propios durante o mes inmediatamente precedente ou seguinte á vacación anual.

Artigo 16º.-Excedencias.

1. A excedencia póderá ser voluntaria ou forzosa. Dará lugar á situación de excedencia forzosa a designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O empregado permanecerá nesta situación mentres desempeñe o cargo que a determine, e terá dereito a reingresar ó servicio activo ocupando praza da súa categoría e a que se lle compute o tempo de excedencia pará efectos de antigüidade. A reincorporación ó servicio deberá efectuarse dentro dos trinta días seguintes de cesar no cargo.

2. O traballador con polo menos unha antigüidade na empresa dun ano ten dereito a que se lle recoñeza

a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor a un ano e non maior a cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

3. Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, a contar desde a data do nacemento desta. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia, que, se é o caso, porá fin ó que se viñese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

4. Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

5. O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reintegro nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ou se producise na empresa.

6. A situación de excedencia poderá estenderse a outros supostos colectivamente acordados co réxime e os efectos que alí se prevexan.

Artigo 17º.-Servicio militar.

O persoal terá dereito a que se lle reserve o seu posto de traballo durante o tempo que dure o seu servicio militar obrigatorio ou voluntario. O empregado deberá poñerse ó dipor da empresa antes de transcorreren dous meses, a contar desde a data do seu licenciatura, xa que de non ser así se entenderán extinguidas as relacións xurídico-laborais.

Artigo 18º.-Disposicións xerais sobre as retribucións.

As retribucións do persoal que afecta a este convenio estarán constituídas polo salario base de convenio e os complementos del.

O pagamento das retribucións efectuarase por meses vencidos. A entidade poderá variar de acordo coa representación dos traballadores por períodos de pagamento que tivesen establecidos. No caso de dilatarse o período usual poñeranse así mesmo de acordo sobre o sistema regular de facilitar anticipos ó persoal que o desexe.

A empresa no momento de efectua-lo pagamento de salarios estará obrigada a entregarlles ós productores un duplicado de recibo, no que se faga constar tódolos conceptos que establece a lexislacións vixente para que, en todo momento e circunstancia, o traballador coñeza o que percibe por salario, o que tributa á Facenda Pública e á cotización á Seguridade Social.

Conducción de vehículos. O persoal que conduza vehículos da empresa no desempeño de actividades propias do servicio, estará protexido por un seguro adicional do obrigatorio de morte e invalidez permanente no grao de absoluta de 8.000.000 de pesetas.

Artigo 19º.-Anticipos.

O traballador terá dereito a recibir anticipos a conta polo traballo xa realizado, sen que poidan exceder de ata o 90% do importe do salario. O dito dereito farase efectivo no momento de formaliza-la súa solicitude.

Artigo 20º.-Complemento salarial persoal de antigüidade.

Todo o persoal fixo desfrutará, ademais do seu soldo, de aumentos periódicos por anos de servicio, como premio á súa vinculación coa entidade.

A aplicación do establecido no parágrafo anterior regularase polas seguintes normas:

a) Os aumentos consistirán en cinco bienios do cinco por cento cada un e quinquenios sucesivos do 10 por cento, calculados sobre as remuneracións base sinaladas na táboa de salarios desta ordenanza.

b) Os bienios e quinquenios consideraranse como salario para tódolos efectos.

c) Computarase a antigüidade en razón ós anos de servicio prestados na entidade, calquera que sexa o grupo profesional ou categoría en que se atope encadrado. Así mesmo, consideraranse os servicios prestados en período de proba e polo persoal interino que pase a ocupar praza no cadro de persoal.

d) Os que ascendan ou cambien de categoría ou grupo percibirán os bienios e quinquenios calculados, na súa totalidade, sobre os saldos base da nova categoría que se ocupe. Igualmente, considerarase na dita nova categoría o período de tempo transcorrido desde que se aplicou o último bienio ou quinquenio.

e) Os aumentos periódicos por anos de servicio comezarán a devengarse a partir do día 1 do mes seguinte ó que se cumpra cada quinquenio ou bienio.

f) No caso de que un empregado ou subalterno cese por sanción ou pola súa vontade sen solicita-la excedencia voluntaria, e posterionnente reingrese na mesma entidade, o cómputo da antigüidade efectuarase a partir da data desta último ingreso e perderanse tódolos dereitos de antigüidade anteriormente adquiridos.

Artigo 21º.-Táboas salariais.

Acompáñanse como anexo I as táboas de salario vixentes para o exercicio comprendido entre o 1 de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995, para o ano 1996 incrementarase no IPC.

Artigo 22º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal, calquera que sexa o grupo profesional a que pertenza, terá dereito ó percibo de gratificacións extraordinarias, consistentes no importe da mensualidade en xullo e decembro, e que corresponderán, respectivamente, ó primeiro e segundo semestre do ano, e deberán facerse efectivas o día laborable anterior ó 18 de xullo e ó 22 de decembro.

Artigo 23º.-Beneficios.

Establécese que a paga de beneficios se aboará nos dous primeiros meses do ano, consistente nun 8% dos salarios anuais percibidos no ano anterior á vixencia desta convenio.

Artigo 24º.-Intervención en cadeas, cuñas e programas comerciais.

O centro de traballo, logo de acordo cos traballadores, establecerá os sistemas de incentivos aplicables ós que participen na realización de programas comerciais que teñan cargos en concepto de producción, así como a prestación de servicios non habituais de participación en cadea, e a gravación de cuñas para emitir noutras emisoras alleas ó grupo Radio Vigo, S.A.

1.500 pesetas ó locutor.

1.000 pesetas ó técnico.

Artigo 25º.-Xornada de traballo.

Con carácter xeral establécese unha xornada laboral de corenta horas semanais como máximo para todo o persoal, calquera que sexa a súa categoría profesional.

O persoal de programación xeral, emisións e producción afecto ó servicio de emisións, cunha xornada normal, por razón da especial atención que esixe o desempeño das súas funcións, que se fixa en seis horas na quenda de día e cinco na de noite, cando na xornada non haxa máis de dúas interrupcións, e en cinco e catro horas, respectivamente, se na xornada houbese máis de dúas interrupcións.

Entre o 15 de xuño e o 15 de setembro a administración poderá realizar xornada continuada de 8 a 14.40, de luns a sábado, mantendo unha persoa de garda por quendas.

Artigo 26º.-Horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da semana ordinaria de traballo, fixada de acordo co artigo anterior, aboarase co incremento do 75% de recargo.

O número de horas extraordinarias non poderá ser superior a dúas ó día, quince ó mes e cen ó ano salvo o previsto no parágrafo terceiro deste artigo.

Non se terá en conta, para efectos da duración máxima da xomada ordinaria laboral nin para o cómputo do número máximo das horas extraordinarias autorizadas, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, sen prexuízo do seu aboamento como se se tratase de horas extraordinarias.

A prestación de horas extraordinarias rexistrarase día a día e totalizaranse semanalmente, entregando copia do resumo semanal ó traballador no parte correspondente.

Prohíbese a realización de horas extraordinarias no indicado período nocturno; agás no caso de actividades debidamente xustificadas e expresamente autorizadas polo Ministerio de Traballo.

Artigo 27º.-Descanso semanal.

De conformidade co disposto no Estatuto dos traballadores, todo o persoal da empresa terá dereito a un descanso mínimo semanal de día e medio ininterrompido, que como regra xeral comprenderá a tarde do sábado ou a mañá do luns e o día completo do domingo. Non obstante, e de conformidade coa vixente lexislación sobre descanso dominical, todo o persoal correspondente a calquera dos grupos que establece o artigo 8º, e mesmo por quendas os empregados administrativos indispensables para a prestación con carácter continuo do servicio de radiodifusión, quedan exceptuados do descanso dominical e do correspondente ós días festivos.

Cando excepcionalmente e por necesidades de servicio non puidese darse o descanso compensatorio, aboaranse as horas traballadas co 175% de recargo.

Artigo 28º.-Vacacións.

O persoal acollido ó presente convenio desfrutará dunhas vacacións retribuidas de trinta días naturais. O persoal que cese no transcurso do ano terá dereito á parte proporcional das vacacións segundo o número de meses traballados, computándose como meses completos a fracción desta. O período de vacacións poderá desfrutarse en calquera época do ano, para o cal o servicio confeccionará as súas quendas con dous meses de antelación. Os períodos de vacacións serán rotativos. Aqueles que teñan fillos en idade escolar terán preferencia a que as súas coincidan cos períodos de vacacións escolares. Os que teñan familiares que traballan na mesma ou distinta actividade para que se faga posible o desfrute simultáneo das vacacións. En ningún caso se poderá varia-la quenda de vacacións establecida, salvo necesidade ineludible do servicio. Se a dirección da empresa o considera oportuno as vacacións poderán collerse en dous períodos, dividindo sempre o total.

O desfrute das vacacións en periedo estival estará sempre suxeito ás necesidades do servicio. Non se poderán descontar do período de vacacións regulamentarias calquera permiso que a empresa puidese conceder, así como o tempo que o productor puidese estar de baixa no servicio activo por accidente de traballo ou enfermidade.

Se por necesidades do servicio o persoal tivese que desfrutar vacacións entre os meses de xaneiro e abril ou de outubro a decembro, gratificarase o dito persoal con 25.000 ptas.

Artigo 29º.-Obrigacións do persoal

Todo o persoal está obrigado:

1. A atoparse nos postos de traballo á hora sinalada: e a permanecer neles durante o horario fixado.

2. A non realizar durante o horario de traballo ocupacións alleas ó servicio.

3. A desempeñar coa debida atención e dilixencia o cometido que teña encomendado.

4. A usar adecuadamente o material e instalacións.

5. A garda-lo segredo profesional.

6. A dar coñecemento do cambio de domicilio.

7. A dar aviso ós seus superiores cando algunha necesidade imprevisible, urxente e xustificada impida a asistencia ó traballo.

8. A cumpri-las ordes dos seus superiores.

9. A presentarse e permanecer no lugar de traballo co debido aseo e decoro.

10. A observar en tódolos seus cometidos as normas do presente convenio e aqueloutras que puidesen dictarse.

Artigo 30º.-Prohibicións.

Queda prohibido:

-Recibir gratificacións de organismos, entidades ou persoas alleas, en relación co desempeño do servicio, considerándose a infracción desta norma como falta moi grave.

-Facilitar información privativa e de uso interior a entidade ou persoa allea á empresa.

Artigo 31º.-Premios.

Os empregados que se distingan notoriamente no cumprimento dos seus deberes poderán ser premiados, entre outras, coas seguintes recompensas:

-Mencións honoríficas.

-Felicitacións por escrito.

-Concesión de bolsas e viaxes de estudios.

-Premios en metálico.

-Concesión de bolsas e viaxes de estudios.

-Aumento do período de vacacións.

-Intercambios profesionais con entidades análogas.

Estas recompensas anotaranse no expediente do empregado e teranse en conta como méritos nos concursos ou probos de ascensos, facéndose públicas nos taboleiros de anuncios para xeral coñecemento. A concesión de recompensas terá que ser outorgada por proposta fundamental dos seus xefes inmediatos e superiores e oída a representación social.

Artigo 32º.-Faltas.

Considéranse faltas as accións ou omisións que supoñan quebranto ou descoñecemento dos deberes de calquera índole impostas polas disposicións legais en vigor e en especial polo presente convenio. As faltas clasificaranse en consideración á súa importancia, transcendencia e malicia, en leves, graves e moi graves.

Artigo 33º.-Faltas leves.

Serán faltas leves:

1. Descoido ou demora na execución de calquera traballo, sempre que non produzan perturbacións

importantes no servicio; neste caso poderá ser considerada como grave ou moi grave.

2. A falta de puntualidade inxustificada, inferior a trinta minutos na asistencia ó traballo, sempre que non excedan de seis ó mes e este atraso non produza prexuízos no servicio; neste caso poderá ser considerada como falta grave ou moi grave.

3. Non cursar en tempo oportuno a baixa correspondente, cando se falta ó traballo por motivo xustificado, a non ser que se probe a imposibilidade de efectualo.

4. A ausencia inxustificada do lugar de prestación de traballo ou o abandono non reiterado. Sempre que con consecuencia desta conducta se producisen accidentes, deterioración das instalacións ou menoscabo do servicio, a falta pode ser considerada como grave ou moi grave.

5. Pequenos descoidos na conservación do material, mobiliario e útiles.

6. Non atende-lo público coa corrección e dilixencia debidas.

7. Non comunicarlle á empresa os cambios de domicilio.

8. As discusións molestas cos compañeiros de traballo dentro das dependencias da empresa.

9. Faltar ó traballo un día sen a debida autorización ou causa xustificada, sempre que desta falta non se deriven prexuízos para o servicio; neste caso será considerada como falta grave se o prexuízo é grave e moi grave se o prexuízo é moi grave.

10. A non comunicación con puntualidade das alteracións familiares que afecten o réxime xeral da Seguridade Social.

11. En xeral, todalas accións e omisións de características análogas ás anteriormente relacionadas.

Artigo 34º.-Faltas graves.

Cualificaranse como faltas graves as seguintes:

1. Máis de 6 faltas de puntualidade inferiores a trinta minutos na asistencia ó traballo, non xustificadas, no período de un mes. Cando destas faltas se deriven prexuízos para o servicio, consideraranse como faltas moi graves.

2. Faltar dous días ó traballo durante un período de un mes sen causa xustificada. Cando destas faltas se deriven prexuízos para o servicio consideraranse como faltas moi graves. Non se considerará inxustificada a falta ó traballo que se derive de detención ó traballador se este posteriormente é absolto dos cargos que se lle impuxesen.

3. Omiti-la comunicación das alteracións familiares que afecten o réxime xeral da Seguridade Social. Se as circunstancias revelasen especial malicia nesta omisión, a falta considerarase moi grave.

4. Entregarse a xogos, entretementos ou pasatempos de calquera clase estando de servicio.

5. A simulación de enfermidade ou accidente.

6. A desobediencia ós seus superiores, en calquera materia de servicio; se esta desobediencia implica quebranto manifesto de disciplina ou dela se derivase prexuízo notorio para a entidade, poderá ser considerada como falta moi grave.

7. Simula-la presencia doutro empregado, fichando ou asinando por el á entrada e saída do traballo.

8. A neglixencia ou descoido no traballo que afecte á boa marcha del ou o atraso nas actuacións que lle son propias.

9. A imprudencia en acto de servicio. Se implica risco de accidente para o traballador, para os seus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións será considerada moi grave.

10. Realizar sen o permiso oportuno traballos particulares durante a xornada, así como empregar para uso propio útiles ou materiais da empresa.

11. As derivadas dos supostos previdos nos números 2, 4 e 9 do artigo anterior.

12. A reincidencia nas súas faltas leves, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun trimestre e mediada amoestación.

13. A falta de decoro ou moralidade.

14. Os altercados dentro do lugar de traballo.

15. A negativa inxustificada a prestar servicios extraordinarios nos casos en que polo seu carácter de imperiosa necesidade así o requiran.

16. E, en xeral, tódalas actuacións ou omisións de características análogas en gravidade ás anteriormente relacionadas.

Artigo 35º.-Faltas moi graves.

Consideraranse como faltas moi graves as seguintes:

1. Máis de 10 faltas de asistencia ó traballo nun período de seis meses ou vinte durante un ano sen a debida notificación.

2. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas, así como no trato cos compañeiros de traballo ou calquera outra persoa ó servicio da empresa ou en relación de traballo con esta.

3. Facer desaparecer, inutilizar, esnaquizar ou causar desperfectos en materiais, útiles, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, útiles, mobiliario e documentos da empresa.

4. A condena por delictos dolosos ou a omisión ou participación por parte do productor en feitos que revelen a perigosidade no mesmo, así como os

que impliquen desconfianza ou descrédito para o autor ou a empresa e os que afecten á seguridade, normalidade ou funcionamento desta.

5. A embriaguez durante o servicio.

6. Viola-lo segredo de correspondencia ou documentos reservados da empresa ou o persoal.

7. Revelar a elementos estraños á empresa datos de reserva obrigada.

8. Os malos tratos de palabra e obra, o abuso de autoridade e a falta grave de respecto e consideración ós xefes, así como ós compañeiros e subordinados ou ós seus familiares.

9. A blasfemia habitual.

10. Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia inexcusable.

11. Abandona-lo traballo en postos de responsabilidade.

12. A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal do labor encomendado.

13. As frecuentes rifas e pendencias cos compañeiros de traballo.

14. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dun período de seis meses da primeira.

Artigo 36º

A enumeración das faltas que se conteñen nos artigos precedentes neo é limitada, senón sempre enunciativa, e por iso terán a mesma cualificación aqueles feitos análogos que poidan cometerse, aínda que non estean expresamente recollidos nos mencionados artigos.

Artigo 37º.-Sancións.

As sancións máximas que poderán impoñerse ós que incorran en faltas serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

1. Amoestación verbal.

2. Amoestación por escrito.

b) Por faltas graves:

1. Suspensión de emprego e saldo de 3 a 15 días.

2. Traslado de destino dentro da mesma localidade.

c) Por faltas moi graves:

1. Suspensión de emprego e saldo de dezaseis a sesenta días.

2. Despedimento con perda de tódolos dereitos na empresa.

Artigo 38º.-Procedemento sancionador.

Corresponde á dirección da empresa ou á persoa en que delegue a facultade de impor sancións por faltas leves; graves ou moi graves.

A valoración das faltas e as correspondentes sancións impostas pola dirección da empresa serán sempre revisables ante a Maxistratura de Traballo. A sanción das faltas graves requirirá comunicación escrita motivada ó traballador.

A empresa anotará nos expedientes dos seus empregados as sancións por faltas graves, ou moi graves que lles foron impostas e os premios a que se fixesen acredores, podendo anotar tamén as reincidencias en faltas leves.

De conformidade co disposto no Estatuto dos traballadores, as faltas leves prescribirán ós dez días; as graves ós vinte días e as moi graves os sesenta días a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de se cometeren.

Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, a deslealdade ou o abuso de confianza prescribirán ós dezaoito meses da comisión do feito.

As notas desfavorables por faltas cometidas quedarán canceladas, no caso de non reincidir, ós seis meses as leves, e as moi graves, ós un e dous anos respectivamente. Os prazos empezarán a contarse desde a data en que fosen impostas en firme.

Artigo 39º.-Abuso de autoridade.

A empresa considerará como falta moi grave e sancionará en consecuencia abusos de autoridade que puidesen comete-los seus directivos, xefes ou mandos intermedios.

Considerarase abuso de autoridade sempre que un superior cometa un feito arbitrario con infracción de precepto legal e con prexuízo notorio para un inferior. Neste caso o traballador prexudicado poñerao en coñecemento do delegado de persoal e comunicarallo por escrito ó seu xefe inmediato, que terá a obrigación de tramita-la queixa ata a dirección da empresa. Se calquera deles non o fixese, ou malia facelos, insistise na ilegalidade cometida, o prexudicado dará canta por escrito no prazo non superior a quince días ó organismo laboral competente.

Artigo 40º.-Sancións por abuso de autoridade.

De conformidade co disposto no artigo 57 do Estatuto dos traballadores, o coñecemento e sanción das infraccións da normativa laboral por parte da empresa corresponde á autoridade laboral competente, mediante a tramitación do expediente oportuno.

Artigo 41º.-Principios xerais sobre as relacións sociais.

Os comités e delegados de empresa son os lexítimos representantes dos empregados no ámbito das relacións sociais, e no exercicio das súas funcións gozarán das garantías e competencias que lles correspondan segundo a lexislación vixente e as

prácticas que normalmente se veñen observando na empresa.

A empresa facilitaralles ós representantes dos traballadores un local adecuado para as súas reunións entre si e cos representantes das centrais sindicais, e facilitaralles medios para a distribución de comunicados, con garantías de publicidade e inviolabilidade:

Os comités e delegados informarán á empresa acerca das reclamacións que se produzan na dinámica xeral das relacións de traballo.

O delegado de persoal celebrará unha reunión mensual coa dirección respectiva con previa orde do día da que se levantará a correspondente acta, a non ser que se desconvoque de mutuo acordo por falta de temario.

Artigo 42º.-Competencias dos comités e delegados de persoal.

O delegado de persoal terá as seguintes competencias:

1. Emitir informe con carácter previo á execución por parte da empresa das decisións adoptadas por esta sobre as seguintes cuestións.

a) Reestructuración de cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquel.

b) Reduccións de xornadas, así como traslado total ou parcial das instalacións.

c) Plans de formación profesional da empresa.

d) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control do traballo.

e) Estudio de tempos, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

2. Emitir informe cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia no volume de emprego.

3. Coñéce-los modelos de contratos de traballo escritos que se utilizan na empresa, así como dos documentos relativos á terminación da relación laboral.

4. Ser informados de tódalas sancións impostas.

5. Coñecer trimestralmente polo menos, as estatísticas sobre o índice de absentismos e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidade profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistrabilidade, os estudios periódicos ou especiais do medio ambiente laboral, os mecanismos de prevención que se utilizan.

6. Exercer un labor:

a) De vixilancia no cumprimento das normas vixentes en material laboral, de seguridade e emprego,

así como o resto dos pactos, condicións e usos da empresa e vigor formulado se é o caso, as accións legais oportunas ante o empresario e os organismos ou tribunais competentes.

b) De vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento de traballo na empresa, coas particularidades previstas nesta orde polo artigo 19 da Lei 8/1980, do 10 de marzo.

7. Participar na xestión de obras sociais establecidas pola empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

8. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas que procuren o mantemento e o incremento de productividade de acordo co pactado nos convenios colectivos.

9. Informa-los seus representados en tódolos temas e cuestións sinalados neste artigo en canto directa ou indirectamente tañan ou poidan ter repercusión nas relacións laborais.

Os informes que deba emiti-lo delegado de persoal a teor das competencias recoñecidas nos apartados 3 e 4 do parágrafo anterior, deben elaborarse no prazo de 15 días.

Artigo 43º.-Dereitos sindicais.

A empresa recoñece os sindicatos legalmente constituídos e respecta o dereito de tódolos traballadores a sindicarse libremente. Para os efectos desta convenio, entenderase legamente constituídos aqueles sindicatos ou centrais sindicais que se atopen inscritos na Oficina de Depósito de Estatutos e o acrediten fidedignamente.

A empresa admitirá que os traballadores afiliados a un sindicato poidan cobrar cotas e distribuír información sindical, fóra das horas de traballo efectivo,: sen perturba-la actividade normal da empresa.

Nos centros de traballo, os sindicatos ou centrais, legalmente constituídos e debidamente implantados, poderán inserir comunicados nos taboleiros de anuncios que puidese interesar ós afiliados ó sindicato e os traballadores do centro, dando coñecemento previo delas á dirección.

Polo tanto, e en consecuencia, a empresa facilitaralles ós sindicatos e centrais sindicais os medios adecuados para o seu exercicio de acordo coas normas legais vixentes.

Artigo 44º.-Seguridade e hixiene no traballo.

En tódolos centros de traballo e dependencias da empresa darase estricto cumprimento ás medidas de seguridade sinaladas na ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo e demais normas legais de aplicación.

Artigo 45º.-Cesión ou traspaso de empresa.

O cambio de titularidade da empresa non extinguirá por si mesmo a relación laboral, quendando o novo empresario subrogado nos dereitos e obrigacións laborais do anterior.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O presente convenio establece un período de tres meses, desde o momento do asinamento, para emendar calquera erro ou omisión, que na recompilación de disposicións derrogadas puidesen realizarse.

Segunda.-Comisión mixta. Constitúese unha comisión mixta composta por tres membros elixidos polo delegado de persoal e os que designe a dirección da empresa en número non superior a tres.

Serán funcións específicas desta comisión, a interpretación das cláusulas do convenio, o dirimir sobre os problemas ou cuestións que lle sometan as partes e a vixilancia do cumprimento do pactado.

Igualmente realizarán funcións de mediación, conciliación e, se é o caso, arbitraxe no suposto de interporse conflicto colectivo.

Artigo 46º.-Patrón (San Gabriel).

Establécese a festividade de San Gabriel, que se celebrará sempre en Sábado Santo.