De acordo coa base común 6.2 da Orde do 8 de xuño de 1994 (DOG do 10 de xuño), pola que se convocaban procedementos selectivos para acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais e idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, este tribunal de viola-vialín-violoncello-contrabaixo acorda o seguinte:
Primeiro.-Acto de presentación dos opositores:
Data: 4 de xullo de 1995
Hora: 10
Centro: C.M.S.E. da Coruña, Praza do Conservatorio s/n.
Segundo.-Realización da proba de coñecementos de lingua galega:
Data: 4 de xullo de 1995
Hora: 12
Centro: C.M.S.E. da Coruña, Praza do Conservatorio s/n.
Terceiro.-Realización da primeira parte da proba:
Data: 6 de xullo de 1995
Hora: 16
Centro C.M.S.E. da Coruña, Praza do Conservatorio s/n.
Recórdase que, de conformidade co apartado 6.3 da Orde do 8 de xuño de 1994, a asistencia ó acto de presentación é obrigatoria, e decaerán nos seus dereitos os aspirantes que non comparezan.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1995.
Presidente do tribunal